Deches aberto os PDFs? Eu non.

Tamén se lle pode enviar un correo electrónico ó Portal das palabras, que
como unha páxina web ou asociación da RAG. Eu envieilles algunha e
responderon nun día ou dous. suxesti...@portaldaspalabras.org

Eu agora mesmo estou redactando un motón de palabras que faltan como
«adxuntar», «nominación», «redirección».

Saúdos

O 19 febreiro 2016 02:31, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:

> Moi boa busca Roi, pero demostra case o contrario do que dis:
>
> Ou remiten a intimidade ou declaran "privacidade" como incorrecto. Fíxate
> que o preceden de asterisco
>
>
> 1 ...dereito á intimidade u.f. Dereito das persoas a preservaren o seu
> espazo privado, que os protexe fronte á descrición de certos aspectos da
> súa vida.
>
> O domicilio, certos datos persoais ou os partes médicos, por exemplo, son
> polo xeral inviolables e forman parte do dereito á intimidade.
>
>
> 2. Ing. right to privacy Fr. droit à la vie privée Cast. derecho a la
> intimidad Pt. direito à reserva da intimidade
>
> 3. right to privacy  dereito á intimidade
>
> 4. privacidade s.f. Adaptación do termo inglés privacity. > intimidade.
> SO NESTE CASO, (e non é unha decisión da Academia senón duns autores
> particulares, que introducen nota de anglicismo e avalados polo Termigal.
> Fiabilidade baixa)
>
> 5. *Privatheit  *privacidade / Öffentlichkeit     AQUI DECLARADO
> INCORRECTO e o propio autor indica que é unha creación feita por el calcada
> do alemán.
>
> 6. ...reivindicación dun papel máis xusto da muller na vida social e mesmo
> na privacidade, denuncia da submisión na que se atopaba,.. (claramente
> falloulle o vocabulario ao senlleiro Basilio Losada: debía dicir
> "intimidade", seguramente por contaminación do castelán)
>
>
>
>
>
>
>
> O 19 febreiro 2016 02:11, Roi González Villa <roigonzalezvill...@gmail.com
> > escribiu:
>
>> Pois eu creo que «privacidade» está ben. Ademais os dicionario da RAG é
>> un pouco escaso. Faltan moitísimas palabras.
>> Ademais ata RAG emprega a palabra «privacidade». Na RAG son de usar
>> palabras que non recollen no seu dicionario.
>>
>>
>> https://www.google.es/search?q=privacidade+academia.gal&ie=utf-8&oe=utf-8&gws_rd=cr&ei=7mrGVsyzJoiQaNi0qOAJ#q=privacidade+site:academia.gal
>>
>> Saúdos.
>>
>> O 19 febreiro 2016 01:54, Serxio Cachaldora <fuertescachald...@gmail.com>
>> escribiu:
>>
>>> Pois non estaría mal a acepción 2 do termo Privanza. Se ben a define
>>> canto a un estilo de relación cunha persoa, ben pode entenderse coma a
>>> condición de espazo íntimo e persoal (compartido con outro ou cun mesmo),
>>> parello ao que en castelán chman privacidade.
>>>
>>> Que vos parece?
>>>
>>> Saúde.
>>>
>>> 2016-02-19 1:35 GMT+01:00 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>>>
>>>> Debo andar algo despistado. Non caera na conta de desconfiar ata hoxe.
>>>>
>>>> Como traducimos isto?  Privacidade ?
>>>>
>>>> Pois resulta que esta palabra *non-existe nin no DRAG, nin no Digalego.
>>>> En portugués si, pero como puro calco do inglés, coma sempre.
>>>>
>>>> Ándame rondando a forma "privanza", que non queda mal para
>>>>
>>>> Privacy Policy → Normas de privanza
>>>>
>>>> e fai parella con Security → Seguranza
>>>>
>>>> ... xa me dou conta de que é un pouco escandaloso e sería un resgate
>>>> case medieval. A alternativa é o anglicismo. O que nós temos é un
>>>> castelanismo que parece provir de América latina (onde nace «privacidad»).
>>>>
>>>> O calco directo español de privacy é privacía.
>>>>
>>>>
>>>> Relacionado: non hai problema ningún curiosamente con «privativo»
>>>> porque vén do léxico xurídico.
>>>>
>>>> Opinións?
>>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> proxecto mailing list
>>>> proxecto@trasno.net
>>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>>>
>>>>
>>>
>>>
>>> --
>>> Discrimínanche por ser galego; actúa!!!, envía unha queixa ás seguintes
>>> institucións:
>>> - Valedor do Pobo: http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64
>>> - Secretario Xeral de Política Lingüística (mándalle un correo, ten a
>>> obriga de nos defender):
>>> sxpl.secreta...@xunta.es
>>> Moitas Grazas.
>>>
>>> _______________________________________________
>>> proxecto mailing list
>>> proxecto@trasno.net
>>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>>
>>>
>>
>
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a