Re: [Wesnoth] SVN

2008-09-23 Conversa mvillarino
> O que di Jacobo está ben. O que eu ainda non conseguin foi que me
>  garde esa mensaxe que aparece no nano (editor de texto en modo texto)
>  e ma envie o svn; estou case seguro que é porque sempre lle dou á
>  mesma opción incorrecta para gardar o ficheiro...

Abonda con que a entrega falle... ficará nun incómodo ficheiro chamado
como pon no proprio nano tras premer ^X.

Se non ques complicarte tanto a vida para a dichosa mensaxe de
descrición do entregado, emprega a opción -m na liña de comandos.
Os meus comandos típicos son:

svn commit gl -m"Updates"
svn commit gl -m"Files contributed by xose/miguel/manuel"
svn commit gl -m"Files contributed by xose/miguel/manuel; also, maintenance"


Re: [OT] busco a suso

2008-09-23 Conversa suso . baleato
eu non son; tampouco sei quen pode ser

damufo escrebeu:
> Boas, ando a procurar a Suso de "O recuncho de Suso".
> Anda por aqu ?

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   


Re: [Wesnoth] SVN

2008-09-23 Conversa Adrián Chaves Fernández
> 2008/9/20 Jacobo Tarrio :
> > El viernes, 19 de septiembre de 2008 a las 23:22:11 +0200, Adrián Chaves 
Fernández escribía:
> >> Vai unha captura. Que carallo fixen mal? :-(
> >
> >  Nada. Esa pantalla é para que escribas a descrición do que fixeches, e o
> > que vaia embaixo desa liña non se ha incluír na descrición.
>
> O que di Jacobo está ben. O que eu ainda non conseguin foi que me
> garde esa mensaxe que aparece no nano (editor de texto en modo texto)
> e ma envie o svn; estou case seguro que é porque sempre lle dou á
> mesma opción incorrecta para gardar o ficheiro...
>
> O que tes que facer é darlle a gardar o ficheiro e despois a saír,
> ainda que penso que isto é o que fago eu e non me garda a mensaxe,
> ainda que os ficheiros si que mos envia, que é o importante.
>
> En todo caso tes outras opcións en modo gráfico, o tortoisesvn para
> windows, e o rapidsvn cos que estiven fedellando eu o outro día (e
> parece que non ten tradución) para linux.
>
> Co tortoisesvn, polo que vin cando llo instalei a Victor, podes ir
> simplemente co navegador de ficheiros ó directorio onde tes a copia
> local do svn, premer co botón dereito, darlle a enviar os ficheiros
> por svn, e cubrir a ventá que che aparece (aí é onde se pon a mensaxe
> que aparece no nano, ainda que aquí penso que non a pon
> automaticamente, senon que tes que escribir ti todo).
>
> Co rapidsvn ainda non fixen probas enviando ficheiros, pero a
> interface é diferente. Neste programa tes que abrilo para facer
> calquera parvada (a min gústacheme máis a idea do svn integrado co
> navegador de ficheiros), e tamén che mostra unha ventá cando lle das a
> enviar os ficheiros, na que tes que cubrir un campo de texto ca
> mensaxe esa.

RapidSVN acabo de instalalo, e ten boa pinta. A ver se subo a próxima vez con 
el.

>
> Ata logo,
>  Leandro Regueiro


Re: shift click

2008-09-23 Conversa damufo
Eu chámolle [tecla de] maiúsculas para o puntual e bloqueo [da tecla de] 
maiúsculas para o que deixa activada a opción de maiúsculas.

abur

Adrián Chaves Fernández escribiu:
Pois eu sonvos dos que chama "maius" ao de bloquear, e "shift" ao puntual. 
Outra cousa interesante para o glosario.



Vaia!

Eu sempre considerei o botón "maiúsculas" ó que permite cambiar a grafía da
tecla pulsada de xeito puntual [é dicir, que herda o comportamento das
máquinas de escribir mecánicas] e "bloqueo de maiúsculas" ó que cambiaba a
representación só das teclas alfabéticas ata que o estado do propio botón
volvese a cambiar [variando o comportamento con respecto ó seu precursor
nas máquinas de escribir mecánicas].

2008/9/23 Leandro Regueiro 


Relacionado con isto, ou non, como se lle chama ó botón "shift" en
galego, porque maiúsculas é outro botón??

Ata logo,
 Leandro Regueiro





Re: shift click

2008-09-23 Conversa Adrián Chaves Fernández
Pois eu sonvos dos que chama "maius" ao de bloquear, e "shift" ao puntual. 
Outra cousa interesante para o glosario.

> Vaia!
>
> Eu sempre considerei o botón "maiúsculas" ó que permite cambiar a grafía da
> tecla pulsada de xeito puntual [é dicir, que herda o comportamento das
> máquinas de escribir mecánicas] e "bloqueo de maiúsculas" ó que cambiaba a
> representación só das teclas alfabéticas ata que o estado do propio botón
> volvese a cambiar [variando o comportamento con respecto ó seu precursor
> nas máquinas de escribir mecánicas].
>
> 2008/9/23 Leandro Regueiro 
>
> > Relacionado con isto, ou non, como se lle chama ó botón "shift" en
> > galego, porque maiúsculas é outro botón??
> >
> > Ata logo,
> >  Leandro Regueiro


[OT] busco a suso

2008-09-23 Conversa damufo

Boas, ando a procurar a Suso de "O recuncho de Suso".
Anda por aquí?


Re: shift click

2008-09-23 Conversa Javier Pico
Vaia!

Eu sempre considerei o botón "maiúsculas" ó que permite cambiar a grafía da
tecla pulsada de xeito puntual [é dicir, que herda o comportamento das
máquinas de escribir mecánicas] e "bloqueo de maiúsculas" ó que cambiaba a
representación só das teclas alfabéticas ata que o estado do propio botón
volvese a cambiar [variando o comportamento con respecto ó seu precursor nas
máquinas de escribir mecánicas].

2008/9/23 Leandro Regueiro 

> Relacionado con isto, ou non, como se lle chama ó botón "shift" en
> galego, porque maiúsculas é outro botón??
>
> Ata logo,
>  Leandro Regueiro
>


Re: shift click

2008-09-23 Conversa Leandro Regueiro
Relacionado con isto, ou non, como se lle chama ó botón "shift" en
galego, porque maiúsculas é outro botón??

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: shift click

2008-09-23 Conversa Javier Pico
Que tal unha traducción directa?
"Arrastra para mover o punto. Maiúsculas + Click para cambiar o tipo de
punto"

On Tue, Sep 23, 2008 at 2:43 PM, Miguel Branco  wrote:

>
> | {Koffice/Koffice.po}
> | Drag to move point. Shift click to change point type.
> | Comentario:
> | Lugar: flake/tools/KoPathTool.cpp:532
>
> shift click?. Refiririsase a isto?:
>
> > How to Shift-click
> >  1. Position the mouse above the object that you want to Shift-click.
> >  2. Press a Shift key.
> >  3. Press and release the (left) mouse button.
>
> como se vos ocorre que o podo expresar en menos de dous tomos
> enciclopédicos?.
> Se non tedes idea pregunto na lista de i18n.kde.
>
> Thxs m8s!
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


Re: nova ou noticia

2008-09-23 Conversa Alberto Garcia
On Tue, Sep 23, 2008 at 12:52:19PM +0200, Manuel Souto Pico wrote:

> Na minha opinion, "nova" usase de maneira indiscriminada en galego
> por diferencialismo (ou sexa = dependencia) [...] ao igual que pasa
> con "verba" en vez de "palabra" (como se palabra non fose igual ou
> mais galego, ou lexitimo), ou tantas outras, ainda hoxe en dia.

O meu caso favorito é o de "software ceibe" (ainda que a "copyceibe"
também lhe chega).

Berto


shift click

2008-09-23 Conversa Miguel Branco

| {Koffice/Koffice.po}
| Drag to move point. Shift click to change point type.
| Comentario:
| Lugar: flake/tools/KoPathTool.cpp:532

shift click?. Refiririsase a isto?:

> How to Shift-click
>  1. Position the mouse above the object that you want to Shift-click.
>  2. Press a Shift key.
>  3. Press and release the (left) mouse button.

como se vos ocorre que o podo expresar en menos de dous tomos enciclopédicos?. 
Se non tedes idea pregunto na lista de i18n.kde.  

Thxs m8s!


Re: nova ou noticia

2008-09-23 Conversa damufo



Leandro Regueiro escribiu:

On Tue, Sep 23, 2008 at 12:52 PM, Manuel Souto Pico
 wrote:

Efectivamente, "nova" e "noticia" poden ser sinonimos, exatamente igual que
en espaæol ou portugues, ainda que hai diferenzas estilisticas. Nesas duas
linguas, poren, "nova" usase moito menos, porque pertence a un rexistro mais
literario ou menos neutro. Na minha opinion, "nova" usase de maneira
indiscriminada en galego por diferencialismo (ou sexa = dependencia), o cal
para min e absurdo (simplemente para que soe mais galego, porque "noticia"
en galego e igual que "noticia" en espaæol e "nova" en galego non soa igual
que "noticia" en espanol), ao igual que pasa con "verba" en vez de "palabra"
(como se palabra non fose igual ou mais galego, ou lexitimo), ou tantas
outras, ainda hoxe en dia. Esa e a minha humilde opinion.


Eu máis ou menos penso o mesmo, pero penso que o uso de nova está
sendo aumentado por certos medios de comunicación. En todo caso é
perfectamente válido o seu uso, así que non vexo problema ningún.


Desculpas pola falta de acentos e enhes.

http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?TIPO_BUS=3&LEMA=nueva
http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=45801&opcion=entrada
http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=45830&opcion=entrada


engado estas
http://www.agal-gz.org/estraviz/modules.php?name=Dictionary&file=pesquisarcomp&dicSearch=nova
http://www.agal-gz.org/estraviz/modules.php?name=Dictionary&file=pesquisarcomp&dicSearch=noticia

Saude, Manuel

2008/9/23 damufo 

Nunha nota á marxe, "novas" ou "noticias"?

Penso que son sinónimos, eu usei durante anos nova, pero ultimamente doume
por usar máis noticia, mais que nada porque ten menos usos.
Algunha outra opinión?


--
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.


Re: nova ou noticia

2008-09-23 Conversa Leandro Regueiro
On Tue, Sep 23, 2008 at 12:52 PM, Manuel Souto Pico
 wrote:
> Efectivamente, "nova" e "noticia" poden ser sinonimos, exatamente igual que
> en espaæol ou portugues, ainda que hai diferenzas estilisticas. Nesas duas
> linguas, poren, "nova" usase moito menos, porque pertence a un rexistro mais
> literario ou menos neutro. Na minha opinion, "nova" usase de maneira
> indiscriminada en galego por diferencialismo (ou sexa = dependencia), o cal
> para min e absurdo (simplemente para que soe mais galego, porque "noticia"
> en galego e igual que "noticia" en espaæol e "nova" en galego non soa igual
> que "noticia" en espanol), ao igual que pasa con "verba" en vez de "palabra"
> (como se palabra non fose igual ou mais galego, ou lexitimo), ou tantas
> outras, ainda hoxe en dia. Esa e a minha humilde opinion.

Eu máis ou menos penso o mesmo, pero penso que o uso de nova está
sendo aumentado por certos medios de comunicación. En todo caso é
perfectamente válido o seu uso, así que non vexo problema ningún.

> Desculpas pola falta de acentos e enhes.
>
> http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?TIPO_BUS=3&LEMA=nueva
> http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=45801&opcion=entrada
> http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=45830&opcion=entrada
>
> Saude, Manuel
>
> 2008/9/23 damufo 
>>
>> >> Nunha nota á marxe, "novas" ou "noticias"?
>>
>> Penso que son sinónimos, eu usei durante anos nova, pero ultimamente doume
>> por usar máis noticia, mais que nada porque ten menos usos.
>> Algunha outra opinión?
>>
>>
>> --
>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


Re: nova ou noticia

2008-09-23 Conversa Manuel Souto Pico
Efectivamente, "nova" e "noticia" poden ser sinonimos, exatamente igual que
en espaæol ou portugues, ainda que hai diferenzas estilisticas. Nesas duas
linguas, poren, "nova" usase moito menos, porque pertence a un rexistro mais
literario ou menos neutro. Na minha opinion, "nova" usase de maneira
indiscriminada en galego por diferencialismo (ou sexa = dependencia), o cal
para min e absurdo (simplemente para que soe mais galego, porque "noticia"
en galego e igual que "noticia" en espaæol e "nova" en galego non soa igual
que "noticia" en espanol), ao igual que pasa con "verba" en vez de "palabra"
(como se palabra non fose igual ou mais galego, ou lexitimo), ou tantas
outras, ainda hoxe en dia. Esa e a minha humilde opinion.

Desculpas pola falta de acentos e enhes.

http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?TIPO_BUS=3&LEMA=nueva
http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=45801&opcion=entrada
http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=45830&opcion=entrada

Saude, Manuel

2008/9/23 damufo 

> >> Nunha nota á marxe, "novas" ou "noticias"?
>
> Penso que son sinónimos, eu usei durante anos nova, pero ultimamente doume
> por usar máis noticia, mais que nada porque ten menos usos.
> Algunha outra opinión?
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


nova ou noticia

2008-09-23 Conversa damufo

>> Nunha nota á marxe, "novas" ou "noticias"?

Penso que son sinónimos, eu usei durante anos nova, pero ultimamente 
doume por usar máis noticia, mais que nada porque ten menos usos.

Algunha outra opinión?


Re: reply, followup

2008-09-23 Conversa Leandro Regueiro
2008/9/21 Xosé :
> Como habemos traducir estes tres termos de usenet?
>
> Unha "reply" é unha contestación ao autor do artigo.
>
> Unha "followup" é unha contestación a todo o grupo de noticias.
>
> Temos ao menos tres palabras que podemos utilizar case indistintamente,
> "resposta, contestación, réplica", mais non expresan esa diferenza.
>
> Pode ser:
>
> reply.- responder [só] ao autor
>
> followup.- responder a todos
>
> Poño o "só" entre corchetes porque se non a min parece-me que non se
> transmite a idea de que é unha réplica persoal.

Pareceme ben.

> Unha referéncia:
>
> http://cr.yp.to/immhf/response.html
>
> Xosé
>
> Nunha nota á marxe, "novas" ou "noticias"?

Eu creo que uso as dúas. Igual hai que poñelo no glosario.

Ata logo,
Leandro Regueiro


Re: [Wesnoth] SVN

2008-09-23 Conversa Leandro Regueiro
2008/9/20 Jacobo Tarrio :
> El viernes, 19 de septiembre de 2008 a las 23:22:11 +0200, Adrián Chaves 
> Fernández escribía:
>
>> Vai unha captura. Que carallo fixen mal? :-(
>
>  Nada. Esa pantalla é para que escribas a descrición do que fixeches, e o
> que vaia embaixo desa liña non se ha incluír na descrición.

O que di Jacobo está ben. O que eu ainda non conseguin foi que me
garde esa mensaxe que aparece no nano (editor de texto en modo texto)
e ma envie o svn; estou case seguro que é porque sempre lle dou á
mesma opción incorrecta para gardar o ficheiro...

O que tes que facer é darlle a gardar o ficheiro e despois a saír,
ainda que penso que isto é o que fago eu e non me garda a mensaxe,
ainda que os ficheiros si que mos envia, que é o importante.

En todo caso tes outras opcións en modo gráfico, o tortoisesvn para
windows, e o rapidsvn cos que estiven fedellando eu o outro día (e
parece que non ten tradución) para linux.

Co tortoisesvn, polo que vin cando llo instalei a Victor, podes ir
simplemente co navegador de ficheiros ó directorio onde tes a copia
local do svn, premer co botón dereito, darlle a enviar os ficheiros
por svn, e cubrir a ventá que che aparece (aí é onde se pon a mensaxe
que aparece no nano, ainda que aquí penso que non a pon
automaticamente, senon que tes que escribir ti todo).

Co rapidsvn ainda non fixen probas enviando ficheiros, pero a
interface é diferente. Neste programa tes que abrilo para facer
calquera parvada (a min gústacheme máis a idea do svn integrado co
navegador de ficheiros), e tamén che mostra unha ventá cando lle das a
enviar os ficheiros, na que tes que cubrir un campo de texto ca
mensaxe esa.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: [Semi-OT] Dúvida svn

2008-09-23 Conversa Leandro Regueiro
2008/9/20 Ignacio Casal Quinteiro :
>
>
> On Sat, Sep 20, 2008 at 9:43 AM, mvillarino  wrote:
>>
>> >  Nada. Esa pantalla é para que escribas a descrición do que fixeches, e
>> > o
>> >  que vaia embaixo desa liña non se ha incluír na descrición.
>>
>> Xa postos, cada vez que actualizo as copias de traballo dos
>> repositorios, teño que meter o contrasinal da chave unhas 9 veces. Non
>> hai maneira de metela unha, e que as outras 8 xa a colla?
>
> Hai un xeito de facelo, pero non me lembro agora mesmo de como se facía
> desde que teño o gnome-keyring/seahorse xa me despreocupei diso.

Terei que mirar como se fai iso, porque con Mandriva o mínimo son
tantas veces coma ficheiros hai modificados, se un día me da por
retocar unha ducia, unha ducia de veces teño que escribir o
contrasinal...

Supoño que Marce queria unha solución para KDE.

Ata logo,
   Leandro Regueiro