Laconica / Status.net

2009-10-23 Thread Adrián Chaves Fernández
Oh! Xa o estades a traducir! Bueno, Fran enviou a 0.5 e mvazquez as seguintes. 
Pois nada, máis tempo para outras traducións :)


irqbalance 0.55+20091017-1: Please update debconf PO translation for the package irqbalance

2009-10-23 Thread Anibal Monsalve Salazar
Hi,

You are noted as the last translator of the debconf translation for
irqbalance. The English template has been changed, and now some messages
are marked "fuzzy" in your translation or are missing.
I would be grateful if you could take the time and update it.
Please send the updated file to me, or submit it as a wishlist bug
against irqbalance.

The deadline for receiving the updated translation is
Mon, 02 Nov 2009 12:51:26 +1100.

Thanks in advance,

Anibal
# Galician translation of irqbalance's debconf templates
# This file is distributed under the same license as the irqbalance package.
# Jacobo Tarrio , 2008.
#
msgid ""
msgstr ""
"Project-Id-Version: irqbalance\n"
"Report-Msgid-Bugs-To: irqbala...@packages.debian.org\n"
"POT-Creation-Date: 2009-10-17 22:41+1100\n"
"PO-Revision-Date: 2008-07-06 18:07+0100\n"
"Last-Translator: Jacobo Tarrio \n"
"Language-Team: Galician \n"
"MIME-Version: 1.0\n"
"Content-Type: text/plain; charset=UTF-8\n"
"Content-Transfer-Encoding: 8bit\n"

#. Type: boolean
#. Description
#: ../irqbalance.templates:1001
#, fuzzy
#| msgid "Enable irqbalance?"
msgid "Would you like to enable irqbalance?"
msgstr "¿Activar irqbalance?"

#. Type: boolean
#. Description
#: ../irqbalance.templates:1001
#, fuzzy
#| msgid ""
#| "Enable the irqbalance daemon to balance IRQs on SMP systems and systems "
#| "with hyperthreading?"
msgid ""
"Enable the irqbalance daemon to balance IRQs on SMP systems and systems with "
"hyperthreading."
msgstr ""
"¿Activar o servizo irqbalance para equilibrar as IRQs nos sistemas SMP e con "
"hyperthreading?"

#. Type: boolean
#. Description
#: ../irqbalance.templates:2001
#, fuzzy
#| msgid "Balance the IRQ's once?"
msgid "Would you like to balance the IRQ's once?"
msgstr "¿Equilibrar as IRQs unha vez?"

#. Type: boolean
#. Description
#: ../irqbalance.templates:2001
msgid ""
"irqbalance can run in one shot mode, where the IRQs are balanced only once. "
"This is advantageous on hyperthreading systems such as the Pentium 4, which "
"appear to be SMP systems, but are really one physical CPU."
msgstr ""
"Pódese executar irqbalance para equilibrar as IRQs unha soa vez. Isto é "
"mellor nos sistemas con hyperthreading, tales coma o Pentium 4, que semellan "
"ser sistemas SMP pero en realidade son unha soa CPU."

#~ msgid "Run irqbalance in one shot mode?"
#~ msgstr "¿Executar irqbalance unha soa vez?"


Re: [G11n] Estado de produtos de Mozilla

2009-10-23 Thread Fran Diéguez
Frco. Javier Rial escribiu:
> Ola:
> 
> Persoalmente, como tradutor voluntario que son, preocúpame moito a falta
> de información que estamos tendo sobre o estado dos produtos de Mozilla.
> 
> -Primeiro de todo, non hai directrices de como continuar co traballo,
> unha vez este traballo xa está fora de Mancomún.
> -Non temos prioridades sobre que traducir, nin como repartir o traballo,
> nin que cuestións de coherencia habería que revisar.
> -Algún produto xa ten rematada a tradución pero polo de agora non se
> fixo o OPT-IN para a versión final.
>
> http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_thread/thread/13b7b1730206d8ef/7482a38731496bab?lnk=raot#7482a38731496bab
> -Noutros produtos están aumentando a cantidade de cadeas que hai que
> traducir e non sabemos como comezar o traballo, si repartírnolo ou que.
> http://l10n.mozilla.org/dashboard/?locale=gl
> -Hai varios bugs abertos sobre o noso idioma en Mozilla os cales non
> teñen resposta:
> http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl
> https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=521992
> 
> Falando con meixome, coméntame que el tamén se pode facer cargo do
> ficheiro main.lang ao que lle faltan esas 7 cadeas por incluír.
> 
> -Non se tomou unha decisión sobre si traducimos a extensión Weave de
> Mozilla que nun futuro irá integrada no Firefox: o meu voto persoal é
> que si.
> 
> Outra cuestión menos importante, é que considero que habería que
> actualizar un pouquiño a páxina principal disto:
> http://galician.mozdev.org 
> 
> Podo ofrecerme, para facer estes cambios na páxina web, se estades de
> acordo.
> 
> Suso, podes darnos un pouco de luz sobre estes aspectos?
> 
> Javi Rial.
> 
> 
> 
> 
> ___
> G11n mailing list
> g...@mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

O máis importante é que se resolvan eses bugs canto antes xa que senón
non teremos seguinte versión de firefox en galego

-- 
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8



Estado de produtos de Mozilla

2009-10-23 Thread Frco. Javier Rial
Ola:

Persoalmente, como tradutor voluntario que son, preocúpame moito a falta de
información que estamos tendo sobre o estado dos produtos de Mozilla.

-Primeiro de todo, non hai directrices de como continuar co traballo, unha
vez este traballo xa está fora de Mancomún.
-Non temos prioridades sobre que traducir, nin como repartir o traballo, nin
que cuestións de coherencia habería que revisar.
-Algún produto xa ten rematada a tradución pero polo de agora non se fixo o
OPT-IN para a versión final.

http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_thread/thread/13b7b1730206d8ef/7482a38731496bab?lnk=raot#7482a38731496bab
-Noutros produtos están aumentando a cantidade de cadeas que hai que
traducir e non sabemos como comezar o traballo, si repartírnolo ou que.
http://l10n.mozilla.org/dashboard/?locale=gl
-Hai varios bugs abertos sobre o noso idioma en Mozilla os cales non teñen
resposta:
http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl
https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=521992

Falando con meixome, coméntame que el tamén se pode facer cargo do ficheiro
main.lang ao que lle faltan esas 7 cadeas por incluír.

-Non se tomou unha decisión sobre si traducimos a extensión Weave de Mozilla
que nun futuro irá integrada no Firefox: o meu voto persoal é que si.

Outra cuestión menos importante, é que considero que habería que actualizar
un pouquiño a páxina principal disto:
http://galician.mozdev.org

Podo ofrecerme, para facer estes cambios na páxina web, se estades de
acordo.

Suso, podes darnos un pouco de luz sobre estes aspectos?

Javi Rial.


Re: [Tramites] @secretario

2009-10-23 Thread Leandro Regueiro
>> Vale. Non sei se isto entra en conflito co que se comentou de publicar
>> as actas en PDF...
>
> ??
> As facturas métense nunha carpeta. Cada ano súmanse os ingresos, réstanse os
> gastos e esa é a contabilidade que se entrega para que a aprobe a asemblea.

Refiriame a se ter as actas en PDF quita o de ter que levar as actas
no libro de actas.

 Ostras! esquecín o libro para o rexistro dos socios! Tiña que ter
 caracteristicas especiais ou vale un libro cas páxinas en branco?
>>>
>>> Vale calquera libro coas páxinas en branco. O que o converte nun libro de
>>> socios/actas é a habilitación na primeira páxina polo secretario e a
>>> numeración das páxinas.
>>
>> Páxinas en branoo pero numeradas? Por outra banda igual o do rexistro
>> de socios era boa idea telo nunha base de datos. Teremos que discutir
>> o tema antes de que vaia eu comprar algo que non facía falta ningunha
>> mercar.
>
> Non sei como é o proceso de rexistrar a base de datos, pero creo que é moi
> sinxelo, que non hai que enviar datos, só dicir que existe.
>
> O secretario certifica, simplemente por ser o secretario, que esa base de 
> datos
> é correcta, e poden existir copias impresas, se se quer.

Haberá que investigalo/interrogar a xente que saiba.


Re: [G11n] Estado de produtos de Mozilla

2009-10-23 Thread Leandro Regueiro
>> Persoalmente, como tradutor voluntario que son, preocúpame moito a falta
>> de información que estamos tendo sobre o estado dos produtos de Mozilla.
>>
>> -Primeiro de todo, non hai directrices de como continuar co traballo,
>> unha vez este traballo xa está fora de Mancomún.
>> -Non temos prioridades sobre que traducir, nin como repartir o traballo,
>> nin que cuestións de coherencia habería que revisar.
>> -Algún produto xa ten rematada a tradución pero polo de agora non se
>> fixo o OPT-IN para a versión final.
>>
>> http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_thread/thread/13b7b1730206d8ef/7482a38731496bab?lnk=raot#7482a38731496bab
>> -Noutros produtos están aumentando a cantidade de cadeas que hai que
>> traducir e non sabemos como comezar o traballo, si repartírnolo ou que.
>>     http://l10n.mozilla.org/dashboard/?locale=gl
>> -Hai varios bugs abertos sobre o noso idioma en Mozilla os cales non
>> teñen resposta:
>>     http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl
>>     https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=521992
>>
>> Falando con meixome, coméntame que el tamén se pode facer cargo do
>> ficheiro main.lang ao que lle faltan esas 7 cadeas por incluír.
>>
>> -Non se tomou unha decisión sobre si traducimos a extensión Weave de
>> Mozilla que nun futuro irá integrada no Firefox: o meu voto persoal é
>> que si.

Se vai estar haberá que traducila.

>> Outra cuestión menos importante, é que considero que habería que
>> actualizar un pouquiño a páxina principal disto:
>> http://galician.mozdev.org 
>>
>> Podo ofrecerme, para facer estes cambios na páxina web, se estades de
>> acordo.
>>
>> Suso, podes darnos un pouco de luz sobre estes aspectos?
>
> O máis importante é que se resolvan eses bugs canto antes xa que senón
> non teremos seguinte versión de firefox en galego

Moi importante, si. A outra vez tivéronnos bloqueados anos por mor dun
bug que non se daba resolto nunca.

Ata logo,
Leandro Regueiro


[Fwd: [Fwd: Re: [trasno] Arranxo en openOffice]]

2009-10-23 Thread Antón Méixome

Novas,

Estiven a ler os correos da rolda d...@l10n.openoffice.org e cheguei á 
conclusión que a rama correcta é esa que che dicía o outro día ( 
000320_m1) .


Incorporei a miña tradución a esta rama e pasándolle o gsicheck ao 
estado actual da tradución e todo foi correcto. Comprobo que si se 
superou o bug do sdf na rama que estaba a traducir. Viva!


Estado da tradución

Interface: 100%
Axuda:  86,42%

Faltan 6142, de 45000 e pico, sobre todo faltan do cartafol shared e 
basic. Estoume centrando en rematar a axuda de Writer, que me parece 
prioritaria e que me comprometo a ter lista a tempo.


En definitiva decido confiar no anuncio da lista de desenvolvemento e 
prosigo coa tradución. Así que para min queda solucionado o bloqueo. Se 
podes confirmarme a rama sería perfecto. Estiven pensando en que se ao 
final fose outra non hai máis que incorporar a tradución á rama que 
corresponda, sempre que haxa tempo material.


O dito, prosigo a tradución para ter listo o nivel que quero acadar 
canto antes. Respecto do resto como nos organizamos?


Repartimos a tradución? Hai algo prioritario? Hai algúns ficheiros 
pequenos que podería facer calquera rapidamente e comezar así a 
colaborar:  envío os .po á lista para que calquera poida botar unha man?


Veña vamos

--
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Avda. de Vigo, s/n 15706   Santiago de Compostela  
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 


--- Begin Message ---


--
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Avda. de Vigo, s/n 15706   Santiago de Compostela  
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 


--- Begin Message ---

Ola Suso,

Non o probei porque dá bastante choio cambiar a rama de tradución, eu 
tamén vexo esa rama que dis pero non estou seguro de sexa a que hai que 
enviar.
A cousa é que foron saíndo varias (m61, m62 pero tamén 320-m1 e m2, polo 
que vexo no repositorio de Pavel, que é o que utilizo por motivos 
prácticos) e atopei esta mensaxe de onte na lista de desenvolvedores.



*** Please update your translation to a OOO320 m1 sdf file as there
were broken strings in the DEV300 m60. Pootle users don't need to worry
about this !



Entendo que esa debe ser a rama para a versión 3.2 ou non? En todo caso 
parece que o erro do gsi xa foi superado, pero que rama coller?


Aquí vese a lista oficial de ramas

http://download.services.openoffice.org/files/extended/developer/

Teño a tradución, case rematada pero parada estes días a ver por onde 
hai que tirar.





Suso Baleato escribiu:

Boas Antón,

Polo que vexo ese bug non é un problema con esta combinación:

- sdf m61
- gsicheck >= 1.9 


Probaches eso? Se ves que non podes resolver a tempo o problema para esta
versión en concreto só avisa.

Saúdos,

Antón Méixome escrebeu:
  

Ola Suso,

Resulta que hai un bug no sdf da versión que estou a traducir (que é a  
que hai que enviar (DEV300_m60)) e que se non se amaña non se poderá  
enviar a tradución ao repositorio. O prazo de envío remata o 30 de  
outubro como xa che comunicou Javi en correos de principios deste mes.


O problema coméntase aquí
http://www.nabble.com/Errors-using-gsicheck-on-DEV300_m60-td25671848.html


 
  
E 
Javi como anterior coordinador consultou no seu momento o asunto aquí,  
que como é a lista de localización é a que eu sigo

 
  
http://l10n.openoffice.org/servlets/BrowseList?listName=dev&from=2009-10-01&to=2009-10-31&count=35&by=date&first=1&windowSize=1000 
 



A ver se lle podes botar un ollo e me dis que teño que facer, canto  
antes poidas porque non nos sobran os días.


--
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org Centro de 
Referencia e Servizos de Software Libre Avda. de Vigo, s/n 15706   
Santiago de Compostela  Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 




--
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.



  



--
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Avda. de Vigo, s/n 15706   Santiago de Compostela  
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 



--- End Message ---
--- End Message ---


Re: [Galician] [G11n] Estado de produtos de Mozilla

2009-10-23 Thread damufo



Leandro Regueiro escribiu:

Persoalmente, como tradutor voluntario que son, preocúpame moito a falta
de información que estamos tendo sobre o estado dos produtos de Mozilla.

-Primeiro de todo, non hai directrices de como continuar co traballo,
unha vez este traballo xa está fora de Mancomún.
-Non temos prioridades sobre que traducir, nin como repartir o traballo,
nin que cuestións de coherencia habería que revisar.
-Algún produto xa ten rematada a tradución pero polo de agora non se
fixo o OPT-IN para a versión final.

http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_thread/thread/13b7b1730206d8ef/7482a38731496bab?lnk=raot#7482a38731496bab
-Noutros produtos están aumentando a cantidade de cadeas que hai que
traducir e non sabemos como comezar o traballo, si repartírnolo ou que.
http://l10n.mozilla.org/dashboard/?locale=gl
-Hai varios bugs abertos sobre o noso idioma en Mozilla os cales non
teñen resposta:
http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl
https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=521992

Falando con meixome, coméntame que el tamén se pode facer cargo do
ficheiro main.lang ao que lle faltan esas 7 cadeas por incluír.

-Non se tomou unha decisión sobre si traducimos a extensión Weave de
Mozilla que nun futuro irá integrada no Firefox: o meu voto persoal é
que si.


Se vai estar haberá que traducila.


Outra cuestión menos importante, é que considero que habería que
actualizar un pouquiño a páxina principal disto:
http://galician.mozdev.org 

Podo ofrecerme, para facer estes cambios na páxina web, se estades de
acordo.

Suso, podes darnos un pouco de luz sobre estes aspectos?

O máis importante é que se resolvan eses bugs canto antes xa que senón
non teremos seguinte versión de firefox en galego


Moi importante, si. A outra vez tivéronnos bloqueados anos por mor dun
bug que non se daba resolto nunca.

Haberá que dar prioridade a isto. Que hai que facer para solucionar dito 
bug?



Ata logo,
Leandro Regueiro
___
Galician mailing list
galic...@mozdev.org
https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician


Re: [Galician] [G11n] Estado de produtos de Mozilla

2009-10-23 Thread Leandro Regueiro
 Persoalmente, como tradutor voluntario que son, preocúpame moito a falta
 de información que estamos tendo sobre o estado dos produtos de Mozilla.

 -Primeiro de todo, non hai directrices de como continuar co traballo,
 unha vez este traballo xa está fora de Mancomún.
 -Non temos prioridades sobre que traducir, nin como repartir o traballo,
 nin que cuestións de coherencia habería que revisar.
 -Algún produto xa ten rematada a tradución pero polo de agora non se
 fixo o OPT-IN para a versión final.


 http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_thread/thread/13b7b1730206d8ef/7482a38731496bab?lnk=raot#7482a38731496bab
 -Noutros produtos están aumentando a cantidade de cadeas que hai que
 traducir e non sabemos como comezar o traballo, si repartírnolo ou que.
    http://l10n.mozilla.org/dashboard/?locale=gl
 -Hai varios bugs abertos sobre o noso idioma en Mozilla os cales non
 teñen resposta:
    http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl
    https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=521992

 Falando con meixome, coméntame que el tamén se pode facer cargo do
 ficheiro main.lang ao que lle faltan esas 7 cadeas por incluír.

 -Non se tomou unha decisión sobre si traducimos a extensión Weave de
 Mozilla que nun futuro irá integrada no Firefox: o meu voto persoal é
 que si.
>>
>> Se vai estar haberá que traducila.
>>
 Outra cuestión menos importante, é que considero que habería que
 actualizar un pouquiño a páxina principal disto:
 http://galician.mozdev.org 

 Podo ofrecerme, para facer estes cambios na páxina web, se estades de
 acordo.

 Suso, podes darnos un pouco de luz sobre estes aspectos?
>>>
>>> O máis importante é que se resolvan eses bugs canto antes xa que senón
>>> non teremos seguinte versión de firefox en galego
>>
>> Moi importante, si. A outra vez tivéronnos bloqueados anos por mor dun
>> bug que non se daba resolto nunca.
>
> Haberá que dar prioridade a isto. Que hai que facer para solucionar dito
> bug?

Sinceramente non o sei, quizais o coordinador poida facelo...

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Fwd: [Galician] tbx30 opt-in (era Re: [trasno] Re: [Mozilla] IMPORTANTE: pendente en Mozilla e OpenOffice.org)

2009-10-23 Thread Frco. Javier Rial
Reenvío como info da rolda de galic...@mozdev.org

-- Forwarded message --
From: Frco. Javier Rial 
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: 2009/10/23
Subject: Re: [Galician] tbx30 opt-in (era Re: [trasno] Re: [Mozilla]
IMPORTANTE: pendente en Mozilla e OpenOffice.org)
To: Traducion ao galego de Mozilla 


Ola:

2009/10/23 Suso Baleato 

Dacordo, Javi. Entendo entón que a túa aportación é voluntaria e non
> laboral,
> quedando desvinculado xa o CESGA da tradución de Mozilla e por tanto que
> non
> debo esperar TMX ningún.
>

A ver.. se o conto é que teñamos os produtos de Mozilla en galego..
O que quero dicir é que a partir de agora o meu traballo nestes proxectos,
evidentemente será como colaborador voluntario, aparte de que Mancomún siga
ou non colaborando segundo os casos e para o cumprimento dos obxectivos
previstos. Até o de agora foi como traballador do CESGA para Mancomún.

O que comento da chave é que se nun futuro eu fago envío aos repositorios,
sairá a miña conta do CESGA, e que eu preferiría que saira esta conta
persoal, pero iso implicaría un tempo (cambio da chave SSH, etc..) de espera
que nestes momentos non creo que sexa conveniente.

Para xerar un TMX da tradución existente do Thunderbird 3 de Mozilla:

moz2po -i gl_1.9.1/mail/ -o pos_galego/ -t comm-central/mail/locales/en-US/

gl_1.9.1/mail é o cartafol onde teño descargado o repositorio galego de
thunderbird 3
comm-central/mail/locales/en-US é onde teño descargado o repositorio
orixinal en inglés do tb3
pos_galego é o cartafol de saída

Despois destes paso temos unha estrutura de ficheiros PO na carpeta
pos_galego (con algúns ficheiros .ini e .js polo medio).

Agora vamos a transformar todos os PO nun TMX:

po2tmx -i pos_galego/ -o ficheiro.tmx -l gl

Listo. Ficheiro TMX obtido. Vai adxunto.


 Apúntome mirar o tema do hg e das roldas que comentas.
>

O correo que tes que enviar ao grupo dev@l10n de mozilla para facer o OPT-IN
para o thunderbird 3, é o seguinte:
Galician (gl) wants to opt-in with changeset:
http://hg.mozilla.org/releases/l10n-mozilla-1.9.1/gl/rev/bd79312d75c1

Esa é a última ligazón do repositorio de Mozilla

Sobre o resto do correo, creo que isto non ten nada que ver coa política,
polo que non opino.


thunderbird3_tmx.tar.gz
Description: GNU Zip compressed data


[Fwd: Re: [G11n] [Fwd: Re: [Gnome] Actualización de enderezos]]

2009-10-23 Thread Antón Méixome


Entendo logo que comezas o proceso de solicitar unha lista oficial en 
Gnome (http://mail.gnome.org/mailman/listinfo) como na maioría dos 
demais equipos. Iso non impide que teñamos outra lista ou outro sistema 
máis "local" para a comunicación entre os involucrados nos proxectos que 
coordinas.


A ver logo se lle chega ese convite a Fran e continuamos. Tes noticia da 
chave de acceso a Git que solicitaches?


Seguimos

--
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org Centro de 
Referencia e Servizos de Software Libre Avda. de Vigo, s/n 15706   
Santiago de Compostela  Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 






Asunto:
Re: [G11n] [Fwd: Re: [Gnome] Actualización de enderezos]
Desde:
Suso Baleato 
Data:
Fri, 23 Oct 2009 11:56:59 +0200

A:
dev.fjr...@gmail.com, lis...@mabishu.com, meix...@mancomun.org
Cc:
comunid...@g11n.net


Fran, Antón:

Vexo ben as vosas propostas, por min adiante. Polo demais, por favor:

https://roldas.g11n.net/pipermail/comunidade/2009-October/12.html

PS: Fran, o convite para a rolda de gnome envieino onte a fran dot dieguez at
glug dot es, que é a conta que tes no DL. Acabo de enviala de novo. Avísame
se non te chega ao correo privado.

Saúdos, 


Antón Méixome escrebeu:


>
> Grazas polo aviso, eu xa recibín o convite para cambiar a lista de  
> seguimento que escolliches, xa me subscribín.

>
> Do meu punto de vista, sería máis lóxico solicitar dunha vez unha lista 
> oficial no proxecto Gnome para o equipo galego; alí é onde calquera  
> futuro interesado vai ir buscar, a Gnome, e ao someterse ás regras de  
> Gnome estaría a salvo de interpretacións, nun sitio absolutamente  
> neutral. Ao ser o coordinador creo que depende de ti e creo que o resto 
> de colaboradores apoiarían esta opción e agora é o momento óptimo para  
> facelo.

>
> Tamen' che pediría que mandases un correo tanto á lista de  
> mozilla@mancomun como á de openoff...@mancomun.org para que quede o  
> aviso nesas listas de onde se leva a coordinación. Se se fai unha copia 
> desas listas e se aloxa noutro sitio sempre quedará constancia e poderá 
> seguirse o fío da galeguización dos proxectos.

>
> Por todo isto paréceme positivo que se usen as listas oficiais en  
> mozilla e openoffice e polo que deberías solicitar esa lista en Gnome.

>
>
>
>
> Suso Baleato escribiu:
  

>> Boas,
>>
>> Escrebo para avisarvos que acabo de actualizar os datos de GNOME e que a
>> xente que tendes conta no DL recibiredes convite agora para a rolda á que
>> irán chegando as notificacións de gnome-web e demais. Por suposto, se hai
>> alguén nesta rolda que sin estar no DL vaia querer traballar en GNOME que
>> me avise no correo e xa o dou de alta directamente.
>>
>> Aos que quededes no CESGA, se ao final sae o de política lingüística pola
>> miña parte non porei obxecións; únicamente esixirei iso sí que  
>> liberedes os

>> TMX a igual que o resto das empresas (nada novo por outra parte).
>>   

> Se tes información segura para comunicalo publicamente do que vai pasar 
> asegúroche que eu estaría encantado de sabelo.
  

>> Saúdos, e lamento as malas novas de hoxe.
>>   


> ? por que as de onte son especialmente peores que as dos últimos meses ?
  
>> PS: javi voume desuscreber desta xa, que hai bastante confusión e non 
>> quero
>> que a xente se líe máis.   


>
>
> -- 
> Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org Centro de 
> Referencia e Servizos de Software Libre Avda. de Vigo, s/n 15706   
> Santiago de Compostela  Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 
> 

>
  



> From: Antón Méixome 
> To: Seguemento da tradución de GNOME ,
>openoff...@mancomun.org,
>Seguemento da tradución de Mozilla ,
>gn...@g11n.net, proxecto@trasno.net, locali...@mancomun.org
> Subject: Re: [Gnome] Actualización de enderezos
> Date: Thu, 22 Oct 2009 13:38:14 +0200
> User-Agent: Thunderbird 2.0.0.23 (X11/20090817)
> 
>
> Grazas polo aviso, eu xa recibín o convite para cambiar a lista de  
> seguimento que escolliches, xa me subscribín.

>
> Do meu punto de vista, sería máis lóxico solicitar dunha vez unha lista 
> oficial no proxecto Gnome para o equipo galego; alí é onde calquera  
> futuro interesado vai ir buscar, a Gnome, e ao someterse ás regras de  
> Gnome estaría a salvo de interpretacións, nun sitio absolutamente  
> neutral. Ao ser o coordinador creo que depende de ti e creo que o resto 
> de colaboradores apoiarían esta opción e agora é o momento óptimo para  
> facelo.

>
> Tamen' che pediría que mandases un correo tanto á lista de  
> mozilla@mancomun como á de openoff...@mancomun.org para que quede o  
> aviso nesas listas de onde se leva a coordinación. Se se fai unha copia 
> desas listas e se aloxa noutro sitio sempre quedará constancia e poderá 
> seguirse o fío da galeguización dos proxectos.

>
> Por todo isto paréceme positivo que se usen as listas oficiais en  
> mozilla e openoffice e polo que 

presentación

2009-10-23 Thread Frco. Javier Rial
Ola:

Son Javier Rial, e preséntome en Trasno como membro voluntario para traducir
o que poida cando poida.
Non vou explicar agora o meu pasado, algúns me coñeceredes, outros non.
Outro día, se podo mando outro mail indicando en que proxectos estiven
colaborando anteriormente.

Actualmente, pretendo colaborar na tradución de Mozilla e OpenOffice.org ao
galego, alén doutros proxectos, sobre todo a través de Launchpad.

Saúdos.

Fco. Javier Rial.


Re: presentación

2009-10-23 Thread Miguel Bouzada
2009/10/23 Frco. Javier Rial 

> Ola:
>
> Son Javier Rial, e preséntome en Trasno como membro voluntario para
> traducir o que poida cando poida.
> Non vou explicar agora o meu pasado, algúns me coñeceredes, outros non.
> Outro día, se podo mando outro mail indicando en que proxectos estiven
> colaborando anteriormente.
>
> Actualmente, pretendo colaborar na tradución de Mozilla e OpenOffice.org ao
> galego, alén doutros proxectos, sobre todo a través de Launchpad.
>
> Saúdos.
>
> Fco. Javier Rial.
>
>
> Creo que case todos sabemos ben quen és, ou polo menos sabemos do teu
traballo.

Benvido!




-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org


Re: presentación

2009-10-23 Thread Fran Diéguez
Frco. Javier Rial escribiu:
> Ola:
> 
> Son Javier Rial, e preséntome en Trasno como membro voluntario para
> traducir o que poida cando poida.
> Non vou explicar agora o meu pasado, algúns me coñeceredes, outros non.
> Outro día, se podo mando outro mail indicando en que proxectos estiven
> colaborando anteriormente.
> 
> Actualmente, pretendo colaborar na tradución de Mozilla e OpenOffice.org
> ao galego, alén doutros proxectos, sobre todo a través de Launchpad.
> 
> Saúdos.
> 
> Fco. Javier Rial.

E ti de quen ves sendo??? non serás un muiaidín destes de Bin Laden?¿

Benvido home!

-- 
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8



Re: presentación

2009-10-23 Thread Leandro Regueiro
>> Son Javier Rial, e preséntome en Trasno como membro voluntario para
>> traducir o que poida cando poida.
>> Non vou explicar agora o meu pasado, algúns me coñeceredes, outros non.
>> Outro día, se podo mando outro mail indicando en que proxectos estiven
>> colaborando anteriormente.
>>
>> Actualmente, pretendo colaborar na tradución de Mozilla e OpenOffice.org
>> ao galego, alén doutros proxectos, sobre todo a través de Launchpad.
>
> Creo que case todos sabemos ben quen és, ou polo menos sabemos do teu
> traballo.

Benvido Javier Rial. Aproveito para agradecerche o teu traballo de
tradución nos proxectos que levaba Mancomún e nos que ti participaches
durante moito tempo.

Ata logo,
Leandro Regueiro


tradución mailman

2009-10-23 Thread Frco. Javier Rial
Ola:

Comezo a presentarvos unha idea que nos últimos meses me rondou.

Actualizar  e sobre todo corrixir a tradución do mailman.
Agora mesmo están no proceso de incorporalo ao launchpad.

Desde hai uns anos, e aproveitando  o traballo da uni de Vigo (sinto non
recordar o nome de quen me pasara os ficheiros)
incorporei a tradución que podedes atopar actualmente no mailman en galego.

Ten bastantes erros e sendo o software que é.. vou tratar de actualizalo e
corrixilo.

Polo que vexo, aínda non se pode traducir en launchpad.. eso sí, xa se poden
obter os PO.
https://translations.launchpad.net/mailman

Bueno, resumindo, para a semana gustaríame comezar co mesmo.
Calquera que se anime non ten máis que dicilo e repartimos traballo

Saúdos.
Javier Rial

P.D.: Por certo, o meu login de launchpad:
https://launchpad.net/~dev.fjrial


Re: tradución mailman

2009-10-23 Thread Leandro Regueiro
> Actualizar  e sobre todo corrixir a tradución do mailman.
> Agora mesmo están no proceso de incorporalo ao launchpad.
>
> Desde hai uns anos, e aproveitando  o traballo da uni de Vigo (sinto non
> recordar o nome de quen me pasara os ficheiros)
> incorporei a tradución que podedes atopar actualmente no mailman en galego.
>
> Ten bastantes erros e sendo o software que é.. vou tratar de actualizalo e
> corrixilo.
>
> Polo que vexo, aínda non se pode traducir en launchpad.. eso sí, xa se poden
> obter os PO.
> https://translations.launchpad.net/mailman
>
> Bueno, resumindo, para a semana gustaríame comezar co mesmo.
> Calquera que se anime non ten máis que dicilo e repartimos traballo

Moi interesante. Fun a esa ligazón e no pé pon isto:

"This translation is managed by   translation group mailman-translators.
There is nobody to manage translation into this particular language.
If you are interested in working on it, please contact the translation
group. "

así que supoño que con contactar con eles xa estará. Creo que para
isto has obter axuda, eu polo menos case me apunto.

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: tradución mailman

2009-10-23 Thread Fran Diéguez

> Bueno, resumindo, para a semana gustaríame comezar co mesmo.
> Calquera que se anime non ten máis que dicilo e repartimos traballo

Como é o proxecto... me refiro a número de cadeas. Porque para a semana
xa non fai falla traducir en ubuntu e gnome teñoo medio controlado.

Se non son moitas podo colaborar.


-- 
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8



Un Novo

2009-10-23 Thread Anxo Outeiral Vidal
Ola moi boas. Desexo presentarme, chámome Anxo e teño 22 anos e estou metido
no mundo do software libre dende fai cousa de 2 anos. As distribucións que
uso son Ubuntu máis Kubuntu, aparte de todo iso son técnico en
administración de sistema informáticos e teño nivel de coñecementos de C,C++
e Java, por tanto agardo que me dea un plus de coñementos cara a tradución.

Levaba xa apuntado dende facía cousa de meses nas listas de Mancomun, pero
por motivos persoais non tiña tempo para dedicarme a traducir, e agora non e
que teña moito tempo tampouco, pero algo teño máis penso que poido colaborar
e axudar para ver cantas máis aplicación ao noso idioma mellor.
Logo, preciso dunha especie de "*mestre*" ou "*guía*" que me poida axudar a
dar os primeiros pasos no mundo da tradución: por onde comezar,  que debo
facer, etc

Pois nada máis; agardo algunha resposta. Ata enttón un saúdo!


Re: tradución mailman

2009-10-23 Thread Frco. Javier Rial
Creo que podo pedir os permisos necesarios porque até o de agora era o
tradutor/coordinador da tradución..
http://wiki.list.org/display/DEV/Languages

aínda que nos últimos anos non tiven moito tempo para corrixir as
traducións.

De todas maneiras creo que aínda non xestionan a través do launchpad..
poñereime en contacto con mark saphiro, principal desenvolvedor, e a ver que
me conta. en canto teña máis info xa aviso e miramos de repartir.

Graciñas e un saúdo.

2009/10/23 Leandro Regueiro 

> > Actualizar  e sobre todo corrixir a tradución do mailman.
> > Agora mesmo están no proceso de incorporalo ao launchpad.
> >
> > Desde hai uns anos, e aproveitando  o traballo da uni de Vigo (sinto non
> > recordar o nome de quen me pasara os ficheiros)
> > incorporei a tradución que podedes atopar actualmente no mailman en
> galego.
> >
> > Ten bastantes erros e sendo o software que é.. vou tratar de actualizalo
> e
> > corrixilo.
> >
> > Polo que vexo, aínda non se pode traducir en launchpad.. eso sí, xa se
> poden
> > obter os PO.
> > https://translations.launchpad.net/mailman
> >
> > Bueno, resumindo, para a semana gustaríame comezar co mesmo.
> > Calquera que se anime non ten máis que dicilo e repartimos traballo
>
> Moi interesante. Fun a esa ligazón e no pé pon isto:
>
> "This translation is managed by   translation group mailman-translators.
> There is nobody to manage translation into this particular language.
> If you are interested in working on it, please contact the translation
> group. "
>
> así que supoño que con contactar con eles xa estará. Creo que para
> isto has obter axuda, eu polo menos case me apunto.
>
> Ata logo,
>   Leandro Regueiro
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


Re: tradución mailman

2009-10-23 Thread Leandro Regueiro
>>> Actualizar  e sobre todo corrixir a tradución do mailman.
>>> Agora mesmo están no proceso de incorporalo ao launchpad.
>>>
>>> Desde hai uns anos, e aproveitando  o traballo da uni de Vigo (sinto non
>>> recordar o nome de quen me pasara os ficheiros)
>>> incorporei a tradución que podedes atopar actualmente no mailman en
>>> galego.
>>>
>>> Ten bastantes erros e sendo o software que é.. vou tratar de actualizalo
>>> e corrixilo.
>>>
>>> Polo que vexo, aínda non se pode traducir en launchpad.. eso sí, xa se
>>> poden obter os PO.
>>> https://translations.launchpad.net/mailman
>>>
>>> Bueno, resumindo, para a semana gustaríame comezar co mesmo.
>>> Calquera que se anime non ten máis que dicilo e repartimos traballo
>>
>> Moi interesante. Fun a esa ligazón e no pé pon isto:
>>
>> "This translation is managed by   translation group mailman-translators.
>> There is nobody to manage translation into this particular language.
>> If you are interested in working on it, please contact the translation
>> group. "
>>
>> así que supoño que con contactar con eles xa estará. Creo que para
>> isto has obter axuda, eu polo menos case me apunto.
>
> Creo que podo pedir os permisos necesarios porque até o de agora era o
> tradutor/coordinador da tradución..
> http://wiki.list.org/display/DEV/Languages
>
> aínda que nos últimos anos non tiven moito tempo para corrixir as
> traducións.
>
> De todas maneiras creo que aínda non xestionan a través do launchpad..
> poñereime en contacto con mark saphiro, principal desenvolvedor, e a ver que
> me conta. en canto teña máis info xa aviso e miramos de repartir.

Paréceme o máis axeitado. Vin en
http://wiki.list.org/display/DEV/Languages que moitos proxectos teñen
rolda, se non che parece mal poderiase usar esta rolda para a
tradución ao galego...

@Fran se vas a https://translations.launchpad.net/mailman verás que
son unhas 1400 cadeas tirando por riba.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: Un Novo

2009-10-23 Thread Leandro Regueiro
2009/10/23 Anxo Outeiral Vidal :
> Ola moi boas. Desexo presentarme, chámome Anxo e teño 22 anos e estou metido
> no mundo do software libre dende fai cousa de 2 anos. As distribucións que
> uso son Ubuntu máis Kubuntu, aparte de todo iso son técnico en
> administración de sistema informáticos e teño nivel de coñecementos de C,C++
> e Java, por tanto agardo que me dea un plus de coñementos cara a tradución.
>
> Levaba xa apuntado dende facía cousa de meses nas listas de Mancomun, pero
> por motivos persoais non tiña tempo para dedicarme a traducir, e agora non e
> que teña moito tempo tampouco, pero algo teño máis penso que poido colaborar
> e axudar para ver cantas máis aplicación ao noso idioma mellor.
> Logo, preciso dunha especie de "mestre" ou "guía" que me poida axudar a dar
> os primeiros pasos no mundo da tradución: por onde comezar,  que debo facer,
> etc
>
> Pois nada máis; agardo algunha resposta. Ata enttón un saúdo!

Agora non teño moito tempo. Douche a benvida. Dis que non tes moita
idea de como traducir, déixolle iso a outros.

Agora estamos buscando tradutores xa que imos ter que asumir a
tradución dos proxectos que levaba Mancomún ata o de agora, asi que
onde traducir vai haber, que che gustaría traducir a ti?


Re: tradución mailman

2009-10-23 Thread Frco. Javier Rial
>
> Paréceme o máis axeitado. Vin en
> http://wiki.list.org/display/DEV/Languages que moitos proxectos teñen
> rolda, se non che parece mal poderiase usar esta rolda para a
> tradución ao galego...
>

Paréceme correctísimo.

A ver se podo durante a fin de semana e xestiono isto, senón o luns.

Saúdos e boa bin de semana.

Javier Rial.


Re: Geany

2009-10-23 Thread Leandro Regueiro
Seria moito pedir que se creara unha páxina para o Geany en
http://trasno.net/outros:inicio

Ata logo,
Leandro Regueiro


Re: Tradución do LXDE ao galego ao 100%

2009-10-23 Thread Alejo Pacín Jul
Agradécese esta traducción xa que emprego moito LXDE. Xa che comentarei o
que me parece en canto actualicen o paquete para Mandriva.

Un saúdo,

Alejo.

2009/10/22 José Manuel Castroagudín Silva 

> Onte atopei eu varios erros, e mandei un correo á lista de Ubuntu.
>
> O malo é que como levaba unha captura de pantalla e era unha mensaxe
> grande de máis, o sistema retívoa en espera de aprobación (quen modera
> esa lista? se anda por aí, que a aprobe, please).
>
> Se finalmente se aproba a mensaxe, veredes algunha que outra cadea estraña.
>
> 2009/10/22, Antón Méixome :
> > Espero que che sirva, é a da karmic
> >
> >
> https://translations.launchpad.net/ubuntu/karmic/+source/update-manager/+pots/update-manager/gl/+translate
> >
> >
> >
> > 2009/10/22 Fran Dieguez :
> >> -BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
> >> Hash: SHA1
> >>
> >> Antón Méixome escribiu:
> >>> Si, son cousas ... nada novidosas
> >>>
> >>> Tamén a revisión que fixen hoxe do update-manager, malia pasar por
> >>> máis dunha ducia de tradutores estaba bastante mal. Abonde dicir que
> >>> tiña xanela, fiestra e ventá. E así todo, e incluso algúns erros
> >>> graves relacionados con cousas como
> >>> %d
> >>> %s
> >>> ...
> >>> e feitos por tradutores con ampla experiencia. Que non somos perfectos
> >>> vaia.
> >>>
> >>>
> >>>
> >>> 2009/10/22 Miguel Bouzada :
> 
>  2009/10/22 Fran Dieguez 
> >>> Indalecio Freiría Santos escribiu:
> >>> Non sei se cheguei a contestar a este correo, pero para consultar
> as
> >>> traducións podelas atopar en http://pootle.lxde.bsnet.se/gl/lxde/
> > Estiven a botarlle un ollo e vexo que todas as traduccións incurren
> nun
> > erro
> > máis que discutido, un exemplo
> > Accións Mostradas nos Menús Contextuais
> > Emprego de maiúsculas no comezo de cada palabra
> >
> >>> Por certo alguén chegou a compilar o lxde?, porqué agora mesmo
> estou
> >>> bastante bloqueado, xa que parece ser que ao compilar non me atopa
> o
> >>> ficheiro spinlock, e non atopei ningunha información sobre isto.
> >>>
> >>> Noraboa!
> >>> gcc -DHAVE_CONFIG_H -I. -I.. -I.. -DPACKAGE_BIN_DIR=\""/usr/
> >>> local/bin"\" -pthread -I/usr/local/include/glib-2.0
> >>> -I/usr/local/lib/glib-2.0/include   -g -O2 -MT tdb.o -MD -MP
> -MF
> >>> .deps/tdb.Tpo -c -o tdb.o tdb.c
> >>> tdb.c:60:22: error: spinlock.h: No such file or directory
> >>>
> >>> Bueno eu para iso tiro de packages.ubuntu.com ou packages.debian.org e
> >>> no segundo formulario prodes buscar o nome do ficheiro para que che
> >>> cante o paquete no que está.
> >>>
> >>> En ubuntu:
> >>>
> >>>
> http://packages.ubuntu.com/search?searchon=contents&keywords=spinlock.h&mode=exactfilename&suite=jaunty&arch=any
> >>> Un saúdo.
> >>>
> >>>
> >>> 2009/10/5 Miguel Bouzada  >>> >
> >>>
> >>>
> >>>
> >>> 2009/10/5 Indalecio Freiría Santos  >>> >
> >>>
> >>> Boas,
> >>> Xa está a tradución do LXDE ao 100%
> >>>
> >>> Onde se pode consultar, xa que eu emprego algún módulo
> >>>
> >>>
> >>> Un saúdo.
> >>>
> >>>
> >>>
> >>>
> >>> --
> >>> Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx,
> >>> .xls,
> >>> .xlsx, .ppt, .pptx
> >>>
> >>> Calquera documento que non sexa conforme ós estándares
> >>> internacionais ISO (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse
> >>> enviar
> >>> directamente ó lixo :/
> >>>
> >>> Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org
> >>> 
> >>> e na sala galpon_min...@conf.jabberes.org
> >>> 
> >>>
> >>>
> >>>
> 
> 
>  --
>  Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls,
>  .xlsx,
>  .ppt, .pptx
> 
>  Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais
>  ISO
>  (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo
> :/
> 
>  Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
>  galpon_min...@conf.jabberes.org
> 
> >> Que versión de update-manager é? hai que reportar un bug para que o
> >> inclúan.
> >>
> >> Malas novas nos bugs... non foron incluídos na RC vou a discutir un
> >> pouco no irc de ubuntu para ver como podo xestionar isto.
> >>
> >> Agardo telo solucionado ;(
> >> - --
> >> Fran Diéguez
> >> http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
> >> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
> >>
> >>
> >> -BEGIN PGP SIGNATURE-
> >> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
> >> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org
> >>
> >> iEYEARECAAYFAkrgsywACgkQmLtmJqKk+bjhtQCfW5ABRCLjL7Kz0zpnpVdfEhQL
> >> x8oAn1IsN3wWgt8h9Eu0XKYhj2EPxdmk
> >> =z4r+
> >> -END PGP SIGNAT

Re: presentación

2009-10-23 Thread Antón Méixome
Xa ves que ninguén coñece o teu traballo. ;-)


2009/10/23 Leandro Regueiro :
>>> Son Javier Rial, e preséntome en Trasno como membro voluntario para
>>> traducir o que poida cando poida.
>>> Non vou explicar agora o meu pasado, algúns me coñeceredes, outros non.
>>> Outro día, se podo mando outro mail indicando en que proxectos estiven
>>> colaborando anteriormente.
>>>
>>> Actualmente, pretendo colaborar na tradución de Mozilla e OpenOffice.org
>>> ao galego, alén doutros proxectos, sobre todo a través de Launchpad.
>>
>> Creo que case todos sabemos ben quen és, ou polo menos sabemos do teu
>> traballo.
>
> Benvido Javier Rial. Aproveito para agradecerche o teu traballo de
> tradución nos proxectos que levaba Mancomún e nos que ti participaches
> durante moito tempo.
>
> Ata logo,
>                    Leandro Regueiro
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


Re: Geany

2009-10-23 Thread José Manuel Castroagudín Silva
http://trasno.net/outros:geany

Feito. por certo, estaba abaixo en "suxestións" (non o vira), xa o quitei tamén.

2009/10/23, Leandro Regueiro :
> Seria moito pedir que se creara unha páxina para o Geany en
> http://trasno.net/outros:inicio
>
> Ata logo,
> Leandro Regueiro
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es


Sobre a coordenación de Mozilla, OpenOffice.org e mais GNOME

2009-10-23 Thread Suso Baleato
Boas,

Aínda que a maior parte de vós xa recibiríades o aviso a traverso doutras
canles, seguindo a petición dalgúns voluntarios dou conta en todas as roldas
concernidas tanto da actualización nos enderezos das roldas oficiais dos 
proxectos que eu coordeno como das tarefas que estou a levar a cabo para
normalizar a situación diante do proceso de desmantelamento de Mancomún.

Animar a quen queira unirse ao proxecto da súa preferencia para que o faga:
trátase dun excelente momento para fazelo, xa que debemos definir en cada un
dos proxectos as prioridades e asumir cada quen as tarefas que poida. Neste
sentido, xa adiantei que a miña proposta será priorizar a sincronización con
Ubuntu [0] identificando as releases que resulten críticas a ese respeito. E
para ise proposito estou acometendo as seguintes tarefas:

- Clarificar as canles de comunicación, sen o que resulta imposibel un
  traballo de coordenación efectivo (este correo forma parte desta tarefa;
  insistir en que se manteña o correo de cada proxecto na súa propria rolda
  evitando o crossposting gratuíto, tamén). Neste sentido pois, os enderezos
  dos proxectos serían as seguintes:

   Mozilla: galic...@mozdev.org
   OpenOffice : d...@gl.openoffice.org
   GNOME  : gn...@g11n.net [1]

  Todas as personas que desexedes colaborar na tradución de calquera destes
  proxectos estades convidadas a vos cadastraren nelas, o que podendes fazer
  nos enderezos seguintes respectivamente:

   Mozilla:   :  http://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
   OpenOffice :  http://gl.openoffice.org/servlets/ProjectMailingListList
   GNOME  :  https://roldas.g11n.net/mailman/listinfo/gnome

- Determinar os recursos dos que dispoñemos (canta xente temos, aportación
  vía voluntariado ou vía laboral, infraestructura da que dispoñemos, áreas
  de especialización, ...). Nas roldas de cada un dos proxectos abrirei un 
  fío con este propósito unha vez que finalize a posta en marcha da
  plataforma de g11n [2], que nas próximas horas enceta o seu tramo final.

- Determinar en función do anterior as prioridades nas releases e módulos de
  cada proxecto, para o que deberemos poñernos de acordo coa xente de Ubuntu.
  Son consciente de que para os tradutores este último punto é o importante,
  e xa observo o nerviosismo e mesmo a incomodidade dalgúns pola inseguridade 
  da situación ou polo risco a non chegar a tempo a releases concretas. Debemos
  ser conscientes de que estamos nun proceso de cambio onde o importante é 
  asegurar a viabilidade dos proxectos a meio e longo prazo mesmo se iso 
  significa sacrificar algunha release intermedia. Se todos axudamos na tarefa,
  cun pouco de sorte todo debería entrar segundo o previsto. 
  
Por último insistir de novo en mantermos dentro rolda oficial de cada 
proxecto as comunicacións a él referidas; as prácticas de crossposting que
estamos sufrindo estes días únicamente incrementan a confusión derivada do
proceso de desmantelamento de Mancomún ensuciando as canles de comunicación
colectivas. Este mesmo correo chegaralle por triplicado a algunha xente; pola
miña parte tratarei de que sexa o último, empregando a rolda comunitaria como
canle de comunicación pública (comunid...@g11n.net).

Finalmente: clarexar a quen aínda non pareceu entendelo, que a miña labor de
coordenación é plenamente voluntaria. Ninguén está obrigado a colaborar nos
proxectos que eu coordeno -polo que eu non podo esixirlle nada a ninguén-
igual que ninguén pode esixirmo a min, marcarme tempos ou reprocharme nada
alén do que de forma consensual asuma en cada un dos proxectos. Se asumín 
esta responsabilidade é básicamente por que estando capacitado e dispoñendo 
de tempo -vantaxes de ser un represaliado político- ninguén máis se ofreceu
a facelo. A porta queda aberta dende este mesmo momento, e a meritocracia 
será a chave que poida abrila, como en calquera outro proxecto de código
aberto. Neste sentido, as queixas e lamentos irán directamente a /dev/null
a igual que as acusacións, difamacións e demais lixo da que teño constancia
de estar sendo obxecto. 

Saúdos,

[0] https://roldas.g11n.net/pipermail/comunidade/2009-October/06.html

[1] Foi proposto iniciar o proceso de creación dunha rolda no dominio
gnome.org; se todo vai ben na próxima semana iniciaremos o proceso. Ver:
https://roldas.g11n.net/pipermail/gnome/2009-October/04.html

[2] http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2009-October/002723.html



-- 
http://susinho.pagina.de/


Re: Un Novo

2009-10-23 Thread Adrián Chaves Fernández
> 2009/10/23 Anxo Outeiral Vidal :
> > Ola moi boas. Desexo presentarme, chámome Anxo e teño 22 anos e estou
> > metido no mundo do software libre dende fai cousa de 2 anos. As
> > distribucións que uso son Ubuntu máis Kubuntu, aparte de todo iso son
> > técnico en
> > administración de sistema informáticos e teño nivel de coñecementos de
> > C,C++ e Java, por tanto agardo que me dea un plus de coñementos cara a
> > tradución.
> >
> > Levaba xa apuntado dende facía cousa de meses nas listas de Mancomun,
> > pero por motivos persoais non tiña tempo para dedicarme a traducir, e
> > agora non e que teña moito tempo tampouco, pero algo teño máis penso que
> > poido colaborar e axudar para ver cantas máis aplicación ao noso idioma
> > mellor.
> > Logo, preciso dunha especie de "mestre" ou "guía" que me poida axudar a
> > dar os primeiros pasos no mundo da tradución: por onde comezar,  que debo
> > facer, etc
> >
> > Pois nada máis; agardo algunha resposta. Ata enttón un saúdo!
> 
> Agora non teño moito tempo. Douche a benvida. Dis que non tes moita
> idea de como traducir, déixolle iso a outros.
> 
> Agora estamos buscando tradutores xa que imos ter que asumir a
> tradución dos proxectos que levaba Mancomún ata o de agora, asi que
> onde traducir vai haber, que che gustaría traducir a ti?

Non sei cando pecha a tradución de Gnome, pero ao mellor poderías traducir 
algo con Launchpad (unha ferramenta de tradución en liña dende o navegador, na 
miña opinión útil para comezar).

Logo, cando esteas afeito ás normas de estilo e compañía (bótalle unha ollada 
aos recursos en trasno.net) xa che tocará elixir bando na guerra KDE vs GNOME 
XD

Benvido!


Re: Un Novo

2009-10-23 Thread Miguel Bouzada
2009/10/23 Adrián Chaves Fernández 

> > 2009/10/23 Anxo Outeiral Vidal :
> > > Ola moi boas. Desexo presentarme, chámome Anxo e teño 22 anos e estou
> > > metido no mundo do software libre dende fai cousa de 2 anos. As
> > > distribucións que uso son Ubuntu máis Kubuntu, aparte de todo iso son
> > > técnico en
> > > administración de sistema informáticos e teño nivel de coñecementos de
> > > C,C++ e Java, por tanto agardo que me dea un plus de coñementos cara a
> > > tradución.
> > >
> > > Levaba xa apuntado dende facía cousa de meses nas listas de Mancomun,
> > > pero por motivos persoais non tiña tempo para dedicarme a traducir, e
> > > agora non e que teña moito tempo tampouco, pero algo teño máis penso
> que
> > > poido colaborar e axudar para ver cantas máis aplicación ao noso idioma
> > > mellor.
> > > Logo, preciso dunha especie de "mestre" ou "guía" que me poida axudar a
> > > dar os primeiros pasos no mundo da tradución: por onde comezar,  que
> debo
> > > facer, etc
> > >
> > > Pois nada máis; agardo algunha resposta. Ata enttón un saúdo!
> >
> > Agora non teño moito tempo. Douche a benvida. Dis que non tes moita
> > idea de como traducir, déixolle iso a outros.
> >
> > Agora estamos buscando tradutores xa que imos ter que asumir a
> > tradución dos proxectos que levaba Mancomún ata o de agora, asi que
> > onde traducir vai haber, que che gustaría traducir a ti?
>
> Non sei cando pecha a tradución de Gnome, pero ao mellor poderías traducir
> algo con Launchpad (unha ferramenta de tradución en liña dende o navegador,
> na
> miña opinión útil para comezar).
>
> Logo, cando esteas afeito ás normas de estilo e compañía (bótalle unha
> ollada
> aos recursos en trasno.net) xa che tocará elixir bando na guerra KDE vs
> GNOME
> XD
>
E tanto, eu son usuario preferente de debian+kde (Sidux) aínda así traduzo
máis de ubunto e gnome que doutras cousas, agás os meus favoritos IceWM
ROX-Filer e PCManfm

>
> Benvido!
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org


PhpMyAdmin

2009-10-23 Thread Adrián Chaves Fernández
Bueno, ía preguntar quen traducira o PhpMyAdmin, pero xa averigüei que foi 
Jacobo. O caso é que no módulo de Análise estaḿos a utilizalo, e creo que vou 
actualizar a tradución en canto teña tempo.

De todos xeitos, non poño trabas a que se encargue outro :)


Re: PhpMyAdmin

2009-10-23 Thread Miguel Bouzada
El 23 de octubre de 2009 16:22, Adrián Chaves Fernández <
adriyeticha...@gmail.com> escribió:

> Bueno, ía preguntar quen traducira o PhpMyAdmin, pero xa averigüei que foi
> Jacobo. O caso é que no módulo de Análise estaḿos a utilizalo, e creo que
> vou
> actualizar a tradución en canto teña tempo.
>
> De todos xeitos, non poño trabas a que se encargue outro :)
>
Por falar, tocache!


>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org


Re: Sobre a coordenación de Mozilla, OpenOffice.org e mais GNOME

2009-10-23 Thread Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Ola,

>   Debemos
>   ser conscientes de que estamos nun proceso de cambio onde o importante é 
>   asegurar a viabilidade dos proxectos a meio e longo prazo mesmo se iso 
>   significa sacrificar algunha release intermedia.

Non estou de acordo con sacrificar release intermedias, se se asume unha
responsabilidade de integración dentro do proxecto, sexa ven por
coordinación, tradución, revisión ou calquera outra tarefa afín, débese
respectar a responsabilidade e informar debidamente a cada grupo. Noutro
caso esa responsabilidade non se está a asumir o que impide o traballo
do grupo.

>   
> Por último insistir de novo en mantermos dentro rolda oficial de cada 
> proxecto as comunicacións a él referidas; as prácticas de crossposting que
> estamos sufrindo estes días únicamente incrementan a confusión derivada do
> proceso de desmantelamento de Mancomún ensuciando as canles de comunicación
> colectivas.

Non vexo problema de "ensuciar" as canles de comunicación, simplemente
se informa aos correos interesados.
> 
> Finalmente: clarexar a quen aínda non pareceu entendelo, que a miña labor de
> coordenación é plenamente voluntaria. Ninguén está obrigado a colaborar nos
> proxectos que eu coordeno -polo que eu non podo esixirlle nada a ninguén-
> igual que ninguén pode esixirmo a min, marcarme tempos ou reprocharme nada
> alén do que de forma consensual asuma en cada un dos proxectos. Se asumín 
> esta responsabilidade é básicamente por que estando capacitado e dispoñendo 
> de tempo -vantaxes de ser un represaliado político- ninguén máis se ofreceu
> a facelo. A porta queda aberta dende este mesmo momento, e a meritocracia 
> será a chave que poida abrila, como en calquera outro proxecto de código
> aberto.

Que eu saiba non houbo ningún proceso electivo e vale que no seu momento
 non houbo propostas pero tamén teño que recordar que no traballo diario
dun grupo que, de forma voluntaria maioritariamente, traballa no
open-source as decisións unilaterais non teñen cabida.

Saúdos.


- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrhvcMACgkQmLtmJqKk+bjz/wCdGrOoH9/6oIOtUpicDnzcJMG3
/MEAn1TAu8xMGvXnljvPXFTv497U0Gf7
=fEK1
-END PGP SIGNATURE-


Re: PhpMyAdmin

2009-10-23 Thread Xosé
O Venres, 23 de Outubro de 2009 16:22:11 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> Bueno, ía preguntar quen traducira o PhpMyAdmin, pero xa averigüei que foi
> Jacobo. O caso é que no módulo de Análise estaḿos a utilizalo, e creo que
>  vou actualizar a tradución en canto teña tempo.
> 
> De todos xeitos, non poño trabas a que se encargue outro :)
> 
Como? Fun eu! http://www.phpmyadmin.net/home_page/translations.php

A última revisión fíxena en xaneiro.

Xosé


Re: PhpMyAdmin

2009-10-23 Thread Miguel Bouzada
2009/10/23 Xosé 

> O Venres, 23 de Outubro de 2009 16:22:11 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> > Bueno, ía preguntar quen traducira o PhpMyAdmin, pero xa averigüei que
> foi
> > Jacobo. O caso é que no módulo de Análise estaḿos a utilizalo, e creo que
> >  vou actualizar a tradución en canto teña tempo.
> >
> > De todos xeitos, non poño trabas a que se encargue outro :)
> >
> Como? Fun eu! http://www.phpmyadmin.net/home_page/translations.php
>
> A última revisión fíxena en xaneiro.
>
mataivos, pero poñedeos de acordo e deixadea, revisadiña, conforme as
últimas normas e termonoloixía falada, e invitovos a un cafe a cada un :)


>
> Xosé
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org


Re: PhpMyAdmin

2009-10-23 Thread Adrián Chaves Fernández
> 2009/10/23 Xosé 
> 
> > O Venres, 23 de Outubro de 2009 16:22:11 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> > > Bueno, ía preguntar quen traducira o PhpMyAdmin, pero xa averigüei que
> >
> > foi
> >
> > > Jacobo. O caso é que no módulo de Análise estaḿos a utilizalo, e creo
> > > que vou actualizar a tradución en canto teña tempo.
> > >
> > > De todos xeitos, non poño trabas a que se encargue outro :)
> >
> > Como? Fun eu! http://www.phpmyadmin.net/home_page/translations.php
> >
> > A última revisión fíxena en xaneiro.
> 
> mataivos, pero poñedeos de acordo e deixadea, revisadiña, conforme as
> últimas normas e termonoloixía falada, e invitovos a un cafe a cada un :)
> 
> > Xosé

M*rd*, isto pásame por coller o primeiro resultado do Google ante «PhpMyAdmin 
gl»: 
https://aphrodite.kinkhorst.nl/wsvn/debian/phpmyadmin/trunk/debian/po/gl.po

Bueno, alégrame saber que xa a tes ti :)

Pensei en traducila porque atopei algunha tradución que non me gustou nadiña 
na versión que nos pasaron en clase ("nengún" é o que máis me chamou a 
atención). Iso si, a de clase queo que é a versión 3.0.[...], e vexo que vai 
na 3.2.[...].

[Descargargo o PhpMyAdmin para ver o ChangeLog, a ver se ten data]

O.O Xuraría que en clase temos a 3.0.2.0, e no changelog a marca como "not 
released" (entre dúas de finais do 2008).

Bueno, o malo é que en clase instalamos a versión coma parte do XAMPP e non 
creo que poidamos actualizala :S

Así que... como seguro que xa acabaches cos "nengún" creo que non teño nada 
novo que aportar. Un saúdo! :)


estado da traduçom do VLC

2009-10-23 Thread Gonçalo Cordeiro

Gente,
reparei agora em que o VLC conta com umha página dentro de Trasno.
Esta é para informar de que estou levando a actualizaçom do VLC desde a 
v. 1.0.1

Neste momento está pronta a ser publicada a v1.0.3.
As diferentes versons estám também em:
http://repositorio.tagenata.net/doku.php?id=videolan
mas nom virám a estar, necessariamente.
Agradece-se a actualizaçom da página em Trasno.
Um saúdo,
Gonçalo
<>

Re: estado da traduçom do VLC

2009-10-23 Thread Antón Méixome
Parabéns, vaia tochiño de localización

Deberías actualizar os datos do mesmo modo que se debería actualizar o
wiki de Trasno ao respecto
http://www.videolan.org/developers/i18n/

Por reunir info que non está no wiki
Para VLC a localización como se envía? por correo a vlc-de...@videolan.org?


2009/10/23 Gonçalo Cordeiro :
> Gente,
> reparei agora em que o VLC conta com umha página dentro de Trasno.
> Esta é para informar de que estou levando a actualizaçom do VLC desde a v.
> 1.0.1
> Neste momento está pronta a ser publicada a v1.0.3.
> As diferentes versons estám também em:
> http://repositorio.tagenata.net/doku.php?id=videolan
> mas nom virám a estar, necessariamente.
> Agradece-se a actualizaçom da página em Trasno.
> Um saúdo,
> Gonçalo
>


Re: Un Novo

2009-10-23 Thread Leandro Regueiro
2009/10/23 Anxo Outeiral Vidal :
> Teño unha errata no meu texto, cando puxen administrador de sistemas
> informáticos trabuqueime, e quería poñer técnico de desenvolvemente de
> aplicación informáticas.
>
> Boas Leandro, pois coma aínda non estou metido no mundillo este, supoño que
> terei que comezar por cousas pequenas, e logo ir avanzando a programas xa
> máis amplos, máis adiante se é posíbel a proxectos.

Envio a resposta á rolda de Trasno


Re: PhpMyAdmin

2009-10-23 Thread Xosé
Eu obteño o ficheiro en sourceforge e envíollo ao bugtracker de phpMyAdmin. 
Polo que vexo, Jacobo preparou os po de debian. Non sei por que desapareceu o 
meu nome.

Comeceino a traducir hai moitos anos: 
http://trasno.net/lurker/message/20010830.002238.8a6c8f4b.gl.html

... antes da reforma ortográfica!

Estouno revisando, a ver se acabo hoxe. Envíocho, instalalo e coméntasme as 
cousas que vexas que sigan mal.

Xosé


O Venres, 23 de Outubro de 2009 17:07:29 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> > 2009/10/23 Xosé 
> >
> > > O Venres, 23 de Outubro de 2009 16:22:11 Adrián Chaves Fernández 
escribiu:
> > > > Bueno, ía preguntar quen traducira o PhpMyAdmin, pero xa averigüei
> > > > que
> > >
> > > foi
> > >
> > > > Jacobo. O caso é que no módulo de Análise estaḿos a utilizalo, e creo
> > > > que vou actualizar a tradución en canto teña tempo.
> > > >
> > > > De todos xeitos, non poño trabas a que se encargue outro :)
> > >
> > > Como? Fun eu! http://www.phpmyadmin.net/home_page/translations.php
> > >
> > > A última revisión fíxena en xaneiro.
> >
> > mataivos, pero poñedeos de acordo e deixadea, revisadiña, conforme as
> > últimas normas e termonoloixía falada, e invitovos a un cafe a cada un :)
> >
> > > Xosé
> 
> M*rd*, isto pásame por coller o primeiro resultado do Google ante
>  «PhpMyAdmin gl»:
> https://aphrodite.kinkhorst.nl/wsvn/debian/phpmyadmin/trunk/debian/po/gl.po
> 
> Bueno, alégrame saber que xa a tes ti :)
> 
> Pensei en traducila porque atopei algunha tradución que non me gustou
>  nadiña na versión que nos pasaron en clase ("nengún" é o que máis me
>  chamou a atención). Iso si, a de clase queo que é a versión 3.0.[...], e
>  vexo que vai na 3.2.[...].
> 
> [Descargargo o PhpMyAdmin para ver o ChangeLog, a ver se ten data]
> 
> O.O Xuraría que en clase temos a 3.0.2.0, e no changelog a marca como "not
> released" (entre dúas de finais do 2008).
> 
> Bueno, o malo é que en clase instalamos a versión coma parte do XAMPP e non
> creo que poidamos actualizala :S
> 
> Así que... como seguro que xa acabaches cos "nengún" creo que non teño nada
> novo que aportar. Un saúdo! :)
> 


Re: PhpMyAdmin

2009-10-23 Thread Leandro Regueiro
2009/10/23 Xosé :
> Eu obteño o ficheiro en sourceforge e envíollo ao bugtracker de phpMyAdmin.
> Polo que vexo, Jacobo preparou os po de debian. Non sei por que desapareceu o
> meu nome.
>
> Comeceino a traducir hai moitos anos:
> http://trasno.net/lurker/message/20010830.002238.8a6c8f4b.gl.html
>
> ... antes da reforma ortográfica!

Ía dicirllo eu pero xa saltaches ti :)

> Estouno revisando, a ver se acabo hoxe. Envíocho, instalalo e coméntasme as
> cousas que vexas que sigan mal.

Se hai cousas interesantes para a terminoloxía comunicádeas.


Re: estado da traduçom do VLC

2009-10-23 Thread Leandro Regueiro
>> Gente,
>> reparei agora em que o VLC conta com umha página dentro de Trasno.
>> Esta é para informar de que estou levando a actualizaçom do VLC desde a v.
>> 1.0.1
>> Neste momento está pronta a ser publicada a v1.0.3.
>> As diferentes versons estám também em:
>> http://repositorio.tagenata.net/doku.php?id=videolan
>> mas nom virám a estar, necessariamente.
>> Agradece-se a actualizaçom da página em Trasno.
>> Um saúdo,
>> Gonçalo
>
> Parabéns, vaia tochiño de localización
>
> Deberías actualizar os datos do mesmo modo que se debería actualizar o
> wiki de Trasno ao respecto
> http://www.videolan.org/developers/i18n/
>
> Por reunir info que non está no wiki
> Para VLC a localización como se envía? por correo a vlc-de...@videolan.org?

Gonçalo, podes crear unha conta e manter ti mesmo a información?


Re: estado da traduçom do VLC

2009-10-23 Thread Gonçalo Cordeiro


Antón Méixome escreveu:

Parabéns, vaia tochiño de localización

  

Obrigado

Deberías actualizar os datos do mesmo modo que se debería actualizar o
wiki de Trasno ao respecto
http://www.videolan.org/developers/i18n/

  
Nom, nom "deveria". Tampouco o poderia fazer... Nom obtivem resposta do 
tradutor anterior nem dos responsáveis do projecto; aliás o estado da 
traduçom sim que está actualizado.

Por reunir info que non está no wiki
Para VLC a localización como se envía? por correo a vlc-de...@videolan.org?

  

em princípio, simplesmente informando em:
translat...@videolan.org
para que incluam a actualizaçom

2009/10/23 Gonçalo Cordeiro :
  

Gente,
reparei agora em que o VLC conta com umha página dentro de Trasno.
Esta é para informar de que estou levando a actualizaçom do VLC desde a v.
1.0.1
Neste momento está pronta a ser publicada a v1.0.3.
As diferentes versons estám também em:
http://repositorio.tagenata.net/doku.php?id=videolan
mas nom virám a estar, necessariamente.
Agradece-se a actualizaçom da página em Trasno.
Um saúdo,
Gonçalo




  



--
TAGEN ATA LINGUA E COMUNICACIÓN S. COOP. GALEGA (Rúa de Ponferrada, 8 
entreplanta B 15707. Santiago de Compostela), infórmao/a de que o seu enderezo 
de correo electrónico e o resto dos datos de carácter persoal que nos facilite 
serán obxecto de tratamento automatizado nos nosos ficheiros, co fin de 
xestionar a axenda de contactos da nosa empresa e para o envío de comunicacións 
comerciais e/ou persoais por vía electrónica. Vostede poderá, en calquera 
momento, exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación ou oposición 
nos termos establecidos na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de 
carácter persoal (LOPD 15/1999), dirixindo un escrito ao enderezo antes 
nomeado. Tamén lle comunicamos que a información incluída neste correo 
electrónico é confidencial pois é para uso exclusivo da persoa destinataria 
arriba mencionada. Se vostede le esta mensaxe e non é a persoa destinataria, 
informámolo/a de que está totalmente prohibida calquera utilización, 
divulgación, distribución e/ou reprodución desta comunicación sen autorización 
expresa en virtude da lexislación vixente. Se recibiu esta mensaxe por erro, 
pregámoslle que nolo notifique inmediatamente por esta mesma vía e proceda á 
súa eliminación.

<>

Re: estado da traduçom do VLC

2009-10-23 Thread Leandro Regueiro
>>> Deberías actualizar os datos do mesmo modo que se debería actualizar o
>>> wiki de Trasno ao respecto
>>> http://www.videolan.org/developers/i18n/
>>>
>>> Por reunir info que non está no wiki
>>> Para VLC a localización como se envía? por correo a vlc-de...@videolan.org?
>>
>> Gonçalo, podes crear unha conta e manter ti mesmo a información?
>
> como se crea unha conta no wiki ? hai grallas ortográficas para
> corrixir. E estou pensando que era ben ir aplicandolle os criterios de
> terminoloxía en uso

http://trasno.net/inicio?do=register


Re: Sobre a coordenación de Mozilla, OpenOffice.org e mais GNOME

2009-10-23 Thread Leandro Regueiro
>> Debemos
>> ser conscientes de que estamos nun proceso de cambio onde o importante é
>> asegurar a viabilidade dos proxectos a meio e longo prazo mesmo se iso
>> significa sacrificar algunha release intermedia.
>
> Non estou de acordo con sacrificar release intermedias, se se asume unha
> responsabilidade de integración dentro do proxecto, sexa ven por
> coordinación, tradución, revisión ou calquera outra tarefa afín, débese
> respectar a responsabilidade e informar debidamente a cada grupo. Noutro
> caso esa responsabilidade non se está a asumir o que impide o traballo
> do grupo.

Eu tampouco. Só estás pensando no Ubuntu cando non todos os usuarios
de Mozilla, OO.org e GNOME son de Ubuntu.

>> Por último insistir de novo en mantermos dentro rolda oficial de cada
>> proxecto as comunicacións a él referidas; as prácticas de crossposting que
>> estamos sufrindo estes días únicamente incrementan a confusión derivada do
>> proceso de desmantelamento de Mancomún ensuciando as canles de
>> comunicación colectivas.
>
> Non vexo problema de "ensuciar" as canles de comunicación, simplemente
> se informa aos correos interesados.

E non se está emporcando nada, simplemente se está comunicando a toda
a xente posible.

>> Finalmente: clarexar a quen aínda non pareceu entendelo, que a miña labor de
>> coordenación é plenamente voluntaria. Ninguén está obrigado a colaborar nos
>> proxectos que eu coordeno -polo que eu non podo esixirlle nada a ninguén-
>> igual que ninguén pode esixirmo a min, marcarme tempos ou reprocharme
>> nada alén do que de forma consensual asuma en cada un dos proxectos. Se
>> asumín esta responsabilidade é básicamente por que estando capacitado e
>> dispoñendo de tempo -vantaxes de ser un represaliado político- ninguén máis
>> se ofreceu a facelo. A porta queda aberta dende este mesmo momento, e a
>> meritocracia será a chave que poida abrila, como en calquera outro proxecto
>> de código aberto.
>
> Que eu saiba non houbo ningún proceso electivo e vale que no seu momento
> non houbo propostas pero tamén teño que recordar que no traballo diario
> dun grupo que, de forma voluntaria maioritariamente, traballa no
> open-source as decisións unilaterais non teñen cabida.

Estou de acordo con Fran. O feito de que comentes que non terás en
conta as queixas preocúpame, xa que iso é o feedback que lle indica ao
coordinador que mellore o seu traballo.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: [gramática] pology + LanguageTool operativo

2009-10-23 Thread marce
O Xoves, 22 de Outubro de 2009 21:21:28 Antón Méixome escribiu:
> Parecen moi boas noticias.
> 
> Unha pequena introdución?
> A min escápaseme todo iso, só teño a intuición de que por aí deberán
> ir os tiros no futuro; poderías poñer aínda que fose unha captura de
> pantalla ?

Captura de pantalla ??? Si, como son, ei-la (agárrate que hai curvas):


gl/messages/qt/kdeqt.po:343(53)
Context: LRM Marca de esquerda cara a dereita
(CARA)==>A preposición 'cara' vai seguida de 'a' en 
galego. Quería vostede dicir 'cara á'?


gl/messages/qt/kdeqt.po:348(54)
Context: RLM Marca de dereita cara a esquerda
(CARA)==>A preposición 'cara' vai seguida de 'a' en 
galego. Quería vostede dicir 'cara á'?

-
gl/messages/qt/kdeqt.po:368(58)
Context: LRE Inicio de incrustación da esquerda cara a dereita
(CARA)==>A preposición 'cara' vai seguida de 'a' en 
galego. Quería vostede dicir 'cara á'?

-
gl/messages/qt/kdeqt.po:373(59)
Context: RLE Inicio de incrustación da dereita cara a esquerda
(CARA)==>A preposición 'cara' vai seguida de 'a' en 
galego. Quería vostede dicir 'cara á'?

--
gl/messages/qt/kdeqt.po:378(60)
Context: LRO Inicio de excepción de esquerda cara a dereita
(CARA)==>A preposición 'cara' vai seguida de 'a' en 
galego. Quería vostede dicir 'cara á'?

--
gl/messages/qt/kdeqt.po:383(61)
Context: RLO Inicio de excepción de dereita cara a esquerda
(CARA)==>A preposición 'cara' vai seguida de 'a' en 
galego. Quería vostede dicir 'cara á'?

-
gl/messages/qt/kdeqt.po:638(113)
Context: ...ingún código fonte con terceiras partes ou que non 
poden cumprir os termos das lic...
(NON_OU)==>Posíbel incorrección: non se debe usar 'ou' 
despois dunha negación. Empregue mellor 'nin'.

--

Re: Sobre a coordenación de Mozilla, OpenOffice.org e mais GNOME

2009-10-23 Thread Miguel Branco
Olá Suso, 

Como presidente en funcións da  Asociación Proxecto Trasno, pídenme e entendo 
necesario pedir aclaracións sobre de varias cuestións.  A priori, que conste 
que atinan nas respostas Fran e Leandro: a miña opinión vai no mesmo sentido. 

Primeiro, preocúpanos o futuro estado das tradicións dos proxectos que 
coordinas (GNOME, OOo e Mozilla). Consideramos que son obxectivos de l10n 
prioritarios. Todos eles son dunha envergadura magna e pensamos que fai falta 
un número substancial de persoas para mantelas completas e con traducións de 
calidade. De feito, seguimos sen coñecer exactamente cantas persoas asistiron 
a ese teórico g11n3 e polo tanto o número de persoas que traballa xa nas 
listas de g11n.net. Porén, en trasno xa contamos cun número significativo de 
xente adicada dende hai tempo á localización e xente que traballou e traballa 
nestes mesmos proxectos, ademais de algún voluntario máis que de cando en 
cando se suma ó proxecto. Neste momento creo que é necesario que recorde de 
que no seu momento dirixiches un proxecto gobernamental para mante-las 
traducións etc, pero agora non, es un voluntario máis (e do cal me alegro). 
Daquela insistías en que se deberían devolve-los proxectos á comunidade e que 
a comunidade debería estar preparada para acolle-los proxectos e poder 
mantelos. Naquel momento démosche a razón, e neste momento sigo pensando o 
mesmo. Pero é máis, estendo este razoamento e aplícollo a calquera voluntario. 
Se non é posible que un dea mantido un proxecto debería ceder abandonar o 
proxecto en favor que quen o poida manter. Por iso é vital que nos informes da 
capacidade real túa, ou da denominada plataforma g11n, para poder soster estes 
proxectos. Unha persoa non abonda. Porque, entenderás que non é sensato que 
alguén siga a ser coordinador dun proxecto cando a súa participación nel se 
limite a funcións unicamente administrativas. 

Segundo, entendemos que non só é positivo senón de obrigación traballar nas 
listas e servizos que cada proxecto i18n-ado estableza para a localización 
propia. Neste sentido agradecería que cumpriras co da apertura da rolda para 
GNOME no proxecto. Eu persoalmente considero unha desviación do proceso de 
localización centralizar cada proxecto recurso fóra do upstream. Outra cousa 
diferente son canles de comunicación propias para que os voluntarios se 
comuniquen sobre doutros temas non pertinentes á localización concreta dun 
proxecto, como é a lista de trasno dende hai xa 10 anos, p.ex. 

Terceiro, consideramos importante mante-las traducións en tódalas versións e 
igualmente, consideramos importante seguir mantendo os consensos relativos a 
terminoloxía e incluídos nas guías de estilo, especialmente a de mancomún. Por 
iso debo de preguntar cales son as túas posturas nisto e que se vaia aplicar 
en GNOME, Mozilla e OOo?, e a que se deben preguntas como esta?


> Message: 1
> Date: Wed, 21 Oct 2009 11:26:27 +0200
> From: Suso Baleato 
> To: Traducion ao galego de Mozilla 
> Subject: Re: [Galician] IMPORTANTE: pendente en Mozilla e
> OpenOffice.org
> Message-ID: <20091021092627.GA8680@localhost>
> Content-Type: text/plain; charset=utf-8
>
> Javi, cando poidas indícame o último changeset do tb30x; faime chegar tamén
> a memoria de tradución asociada para probar o proceso de validación previo
> ao opt-in.

 apréciese o de  "proceso de validación"

e finalmente, observamos por parte túa un ton autoritario e un abuso de 
posición nos proxectos que asumiches sendo un cargo na Xunta de Galicia. Dende 
logo non invita á se involucrar nos proxectos que xestionas,  nin a avanzar na 
coordinación de tódolos voluntarios da l10n ó galego.


> A porta queda aberta dende
>  este mesmo momento, e a meritocracia será a chave que poida abrila, como
>  en calquera outro proxecto de código aberto. Neste sentido, as queixas e
>  lamentos irán directamente a /dev/null a igual que as acusacións,
>  difamacións e demais lixo da que teño constancia de estar sendo obxecto.

Se te refires explicitamente ás "difamacións" que dis que recibes, os aludidos 
poderán defenderse. Senón este tipo de comentarios son gratuítos, groseiros e 
nada positivos para a labor que realizamos... que é poñe-los cóbados 
traducindo e non darlle á leria. 

Atentamente, 

Miguel Branco


Re: [gramática] pology + LanguageTool operativo

2009-10-23 Thread José Manuel Castroagudín Silva
Se isto é o que penso, ten moi boa pinta.

Pega un par de ligazóns, ho, faite bo. Unha a "onde empezar" (que é, ou o
sitio do proxecto, ou algo) e outra a outro sitio que vexas interesante. Con
esas, xa me conformo.

2009/10/23 marce 

> O Xoves, 22 de Outubro de 2009 21:21:28 Antón Méixome escribiu:
> > Parecen moi boas noticias.
> >
> > Unha pequena introdución?
> > A min escápaseme todo iso, só teño a intuición de que por aí deberán
> > ir os tiros no futuro; poderías poñer aínda que fose unha captura de
> > pantalla ?
>
> Captura de pantalla ??? Si, como son, ei-la (agárrate que hai curvas):
>
> 
>  [01mgl/messages/qt/kdeqt.po:343(53) [0;0m
>  [01mContext:  [0;0mLRM Marca de esquerda cara a dereita
> (CARA) [01m [31m==> [0;0m [01mA preposición 'cara' vai seguida de 'a' en
> galego. Quería vostede dicir 'cara á'? [0;0m
>
> 
>  [01mgl/messages/qt/kdeqt.po:348(54) [0;0m
>  [01mContext:  [0;0mRLM Marca de dereita cara a esquerda
> (CARA) [01m [31m==> [0;0m [01mA preposición 'cara' vai seguida de 'a' en
> galego. Quería vostede dicir 'cara á'? [0;0m
>
> -
>  [01mgl/messages/qt/kdeqt.po:368(58) [0;0m
>  [01mContext:  [0;0mLRE Inicio de incrustación da esquerda cara a dereita
> (CARA) [01m [31m==> [0;0m [01mA preposición 'cara' vai seguida de 'a' en
> galego. Quería vostede dicir 'cara á'? [0;0m
>
> -
>  [01mgl/messages/qt/kdeqt.po:373(59) [0;0m
>  [01mContext:  [0;0mRLE Inicio de incrustación da dereita cara a esquerda
> (CARA) [01m [31m==> [0;0m [01mA preposición 'cara' vai seguida de 'a' en
> galego. Quería vostede dicir 'cara á'? [0;0m
>
> --
>  [01mgl/messages/qt/kdeqt.po:378(60) [0;0m
>  [01mContext:  [0;0mLRO Inicio de excepción de esquerda cara a dereita
> (CARA) [01m [31m==> [0;0m [01mA preposición 'cara' vai seguida de 'a' en
> galego. Quería vostede dicir 'cara á'? [0;0m
>
> --
>  [01mgl/messages/qt/kdeqt.po:383(61) [0;0m
>  [01mContext:  [0;0mRLO Inicio de excepción de dereita cara a esquerda
> (CARA) [01m [31m==> [0;0m [01mA preposición 'cara' vai seguida de 'a' en
> galego. Quería vostede dicir 'cara á'? [0;0m
>
>
> -
>  [01mgl/messages/qt/kdeqt.po:638(113) [0;0m
>  [01mContext:  [0;0m...ingún código fonte con terceiras partes ou que non
> poden cumprir os termos das lic...
> (NON_OU) [01m [31m==> [0;0m [01mPosíbel incorrección: non se debe usar 'ou'
> despois dunha negación. Empregue mellor 'nin'. [0;0m
>
>
> 

Re: presentación

2009-10-23 Thread Indalecio Freiría Santos
Xa tardabas!!  non era sen tempo!!

Benvido.

2009/10/23 Antón Méixome 

> Xa ves que ninguén coñece o teu traballo. ;-)
>
>
> 2009/10/23 Leandro Regueiro :
> >>> Son Javier Rial, e preséntome en Trasno como membro voluntario para
> >>> traducir o que poida cando poida.
> >>> Non vou explicar agora o meu pasado, algúns me coñeceredes, outros non.
> >>> Outro día, se podo mando outro mail indicando en que proxectos estiven
> >>> colaborando anteriormente.
> >>>
> >>> Actualmente, pretendo colaborar na tradución de Mozilla e
> OpenOffice.org
> >>> ao galego, alén doutros proxectos, sobre todo a través de Launchpad.
> >>
> >> Creo que case todos sabemos ben quen és, ou polo menos sabemos do teu
> >> traballo.
> >
> > Benvido Javier Rial. Aproveito para agradecerche o teu traballo de
> > tradución nos proxectos que levaba Mancomún e nos que ti participaches
> > durante moito tempo.
> >
> > Ata logo,
> >Leandro Regueiro
> >
> >
> > --
> > To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
> >
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


Re: presentación

2009-10-23 Thread Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Benvido!

Xa teremos máis tempo para coñecernos, agardo sexa esta boa morada para
ti. Desculpa que non che comente máis pero ando a xestionar unha burrada
de cousas en ubuntu... Commitear bugs, falar con MOTUs e demais cousas.

En fin que benvido e que colabores moito

Indalecio Freiría Santos escribiu:
> Xa tardabas!!  non era sen tempo!!
> 
> Benvido.
> 
> 2009/10/23 Antón Méixome mailto:cert...@certima.net>>
> 
> Xa ves que ninguén coñece o teu traballo. ;-)
> 
> 
> 2009/10/23 Leandro Regueiro  >:
> >>> Son Javier Rial, e preséntome en Trasno como membro voluntario para
> >>> traducir o que poida cando poida.
> >>> Non vou explicar agora o meu pasado, algúns me coñeceredes,
> outros non.
> >>> Outro día, se podo mando outro mail indicando en que proxectos
> estiven
> >>> colaborando anteriormente.
> >>>
> >>> Actualmente, pretendo colaborar na tradución de Mozilla e
> OpenOffice.org
> >>> ao galego, alén doutros proxectos, sobre todo a través de Launchpad.
> >>
> >> Creo que case todos sabemos ben quen és, ou polo menos sabemos do teu
> >> traballo.
> >
> > Benvido Javier Rial. Aproveito para agradecerche o teu traballo de
> > tradución nos proxectos que levaba Mancomún e nos que ti participaches
> > durante moito tempo.
> >
> > Ata logo,
> >Leandro Regueiro
> >
> >
> > --
> > To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net
> .
> >
> 
> 
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net
> .
> 
> 


- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkriBZ8ACgkQmLtmJqKk+bhNFgCePTgL2znx3qjBH9ng2grOysfh
mXMAn2iFijxwwZ25wetRIkvmtmqdGJiE
=OCu7
-END PGP SIGNATURE-


Re: [gramática] pology + LanguageTool operativo

2009-10-23 Thread marce
Unha dúbida, nas mensaxes do estilo:

Non existe ese ficheiro ou cartafol

Indica:
Posíbel incorrección: non se debe usar 'ou' despois dunha negación. Empregue 
mellor 'nin'

Existe logo outra redacción máis correcta gramaticalmente?


signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.


Usuario des-subscrito da lista.

2009-10-23 Thread Jacobo Tarrio
 Se alguén se pode poñer en contacto con Karl García Gestido, que por favor
lle diga que o des-subscribín da lista porque o seu servidor de correo leva
varios días sen funcionar e non paran de chegar devoltas as mensaxes.

-- 
  Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/


Re: [gramática] pology + LanguageTool operativo

2009-10-23 Thread Antón Méixome
Pois é que é certo. Debería engadirse como nota ao Manual de estilo.
Hai moitos casos diso.

Non teño aquí unha gramática pero creo que se trata de casos de
construcións coordinadas. Non sempre. Por exemplo:

Nunca me gustou o caldo, ou si ?



2009/10/23 marce :
> Unha dúbida, nas mensaxes do estilo:
>
> Non existe ese ficheiro ou cartafol
>
> Indica:
> Posíbel incorrección: non se debe usar 'ou' despois dunha negación. Empregue
> mellor 'nin'
>
> Existe logo outra redacción máis correcta gramaticalmente?
>


Re: Un Novo

2009-10-23 Thread Miguel Branco
Olá, 

benvido!

Non sei se te orientaron ben o resto da xente. Calquera dúbida, preguntas. 

Hai moito onde colaborar: igual che apetece sumarte a traducir un escritorio 
(GNOME, KDE...), unha distro, calquera outro programa que se che ocorra... Se 
miras os programas que tes instalados seguro que tes algún no que se pode 
participar. 

Logo, recuros. Dependendo do que vaias traducir, necesitarás un programa ou 
outro, ou poderalo facer vía web. Se traduces cun programa de escritorio tes o 
poedit, lokalize, gtranslator como boas alternativas. Incluso hai máis. 

algunha axuda:
http://trasno.net/trasno:glosario
http://trasno.net/_media/trasno:gl_guiaestilo_-
_oficina_de_software_libre_osl_.pdf?id=trasno%3Aestilo&cache=cache
http://trasno.net/_media/trasno:guia_de_estilo_para_a_localizacion_de_software.pdf?id=trasno%3Aestilo&cache=cache

e algunha ferramenta:
http://open-tran.eu/
http://digalego.com/
http://www.realacademiagalega.org/volga/

saúdos

Miguel Branco


Re: Un Novo

2009-10-23 Thread Miguel Bouzada
2009/10/23 Miguel Branco 

> Olá,
>
> benvido!
>
> Non sei se te orientaron ben o resto da xente. Calquera dúbida, preguntas.
>
> Hai moito onde colaborar: igual che apetece sumarte a traducir un
> escritorio
> (GNOME, KDE...), unha distro, calquera outro programa que se che ocorra...
> Se
> miras os programas que tes instalados seguro que tes algún no que se pode
> participar.
>
> Logo, recuros. Dependendo do que vaias traducir, necesitarás un programa ou
> outro, ou poderalo facer vía web. Se traduces cun programa de escritorio
> tes o
> poedit, lokalize, gtranslator como boas alternativas. Incluso hai máis.
>
> algunha axuda:
> http://trasno.net/trasno:glosario
> http://trasno.net/_media/trasno:gl_guiaestilo_-
> _oficina_de_software_libre_osl_.pdf?id=trasno%3Aestilo&cache=cache
>
> http://trasno.net/_media/trasno:guia_de_estilo_para_a_localizacion_de_software.pdf?id=trasno%3Aestilo&cache=cache
>

outra axuda
http://gruvi.galpon.org/arquivos/trasno/2920316-Borrador-da-Guia-de-estilo-para-a-localizacion-de-software.pdf


> e algunha ferramenta:
> http://open-tran.eu/
> http://digalego.com/
> http://www.realacademiagalega.org/volga/
>

+ ferramentas
http://corpus.mancomun.org/xestermos.php
http://sli.uvigo.es/CLUVI/#logaliza


> saúdos
>
> Miguel Branco
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org


Re: Sobre a coordenación de Mozilla, OpenOffice.org e mais GNOME

2009-10-23 Thread Miguel Branco
Ola,

non, penso que non vemos as cousas exactamente igual. 

Tes que desculpar pero non me vou rexistrar na rolda de g11n.net. Sigo 
opinando que unha persoa soa non dá xestionado os tres proxectos e reitero o 
que dixen de que deberías considerar abrir a coordinación a outras persoas.

E en canto ó resto do que preguntei, que vai dirixidas a ti persoalmente, non 
me respondiches. Quero que me respondas.

O Venres 23 Outubro 2009 20:38:48 Suso Baleato escribiu:
> Boas Miguel,
> 
> Graciñas pola túa mensaxe. As cuestións que teñas referidas a g11n.net
>  debes dirixilas á súa rolda comunitaria eu non son voceiro nin nada polo
>  estilo; confírmoche que xa non dirixo Mancomún (rescindiron o meu
>  contrato) e que a labor de coordenación dos proxectos de localización é
>  algo que fago voluntariamente. En canto á rolda a última vez que mirei
>  había algo máis de trinta personas, que é unha masa crítica máis que
>  suficiente, non sei moi ben qué importancia pode ter ese número.
> 
> Polo momento dou feito co traballo de coordenación, e realmente non hai
>  tanto que fazer; mais como xa dixen no inicio deste mesmo fío, a porta
>  está aberta para quen queira entrar: de feito gustaríame que houbera máis
>  xente disposta a asumir tarefas de coordenación mais polo momento ninguén
>  se ofreceu voluntario; espero, polo que dis, que sí haxa quen esté
>  disposto a asumir esas tarefas no seu momento.
> 
> Polo demais vexo que vemos as cousas igual, así que reitéroche o
> agradecemento pola mensaxe e convídote -en igualdade de condicións que
>  todos os demais- a participar nas roldas oficiais dos correspondentes
>  proxectos.
> 
> Saúdos,
> 
> Miguel Branco escrebeu:
> > Olá Suso,
> >
> > Como presidente en funcións da  Asociación Proxecto Trasno, pídenme e
> > entendo necesario pedir aclaracións sobre de varias cuestións.  A priori,
> > que conste que atinan nas respostas Fran e Leandro: a miña opinión vai no
> > mesmo sentido.
> >
> > Primeiro, preocúpanos o futuro estado das tradicións dos proxectos que
> > coordinas (GNOME, OOo e Mozilla). Consideramos que son obxectivos de l10n
> > prioritarios. Todos eles son dunha envergadura magna e pensamos que fai
> > falta un número substancial de persoas para mantelas completas e con
> > traducións de calidade. De feito, seguimos sen coñecer exactamente cantas
> > persoas asistiron a ese teórico g11n3 e polo tanto o número de persoas
> > que traballa xa nas listas de g11n.net. Porén, en trasno xa contamos cun
> > número significativo de xente adicada dende hai tempo á localización e
> > xente que traballou e traballa nestes mesmos proxectos, ademais de algún
> > voluntario máis que de cando en cando se suma ó proxecto. Neste momento
> > creo que é necesario que recorde de que no seu momento dirixiches un
> > proxecto gobernamental para mante-las traducións etc, pero agora non, es
> > un voluntario máis (e do cal me alegro). Daquela insistías en que se
> > deberían devolve-los proxectos á comunidade e que a comunidade debería
> > estar preparada para acolle-los proxectos e poder mantelos. Naquel
> > momento démosche a razón, e neste momento sigo pensando o mesmo. Pero é
> > máis, estendo este razoamento e aplícollo a calquera voluntario. Se non é
> > posible que un dea mantido un proxecto debería ceder abandonar o proxecto
> > en favor que quen o poida manter. Por iso é vital que nos informes da
> > capacidade real túa, ou da denominada plataforma g11n, para poder soster
> > estes proxectos. Unha persoa non abonda. Porque, entenderás que non é
> > sensato que alguén siga a ser coordinador dun proxecto cando a súa
> > participación nel se limite a funcións unicamente administrativas.
> >
> > Segundo, entendemos que non só é positivo senón de obrigación traballar
> > nas listas e servizos que cada proxecto i18n-ado estableza para a
> > localización propia. Neste sentido agradecería que cumpriras co da
> > apertura da rolda para GNOME no proxecto. Eu persoalmente considero unha
> > desviación do proceso de localización centralizar cada proxecto recurso
> > fóra do upstream. Outra cousa diferente son canles de comunicación
> > propias para que os voluntarios se comuniquen sobre doutros temas non
> > pertinentes á localización concreta dun proxecto, como é a lista de
> > trasno dende hai xa 10 anos, p.ex.
> >
> > Terceiro, consideramos importante mante-las traducións en tódalas
> > versións e igualmente, consideramos importante seguir mantendo os
> > consensos relativos a terminoloxía e incluídos nas guías de estilo,
> > especialmente a de mancomún. Por iso debo de preguntar cales son as túas
> > posturas nisto e que se vaia aplicar en GNOME, Mozilla e OOo?, e a que se
> > deben preguntas como esta?
> >
> > > Message: 1
> > > Date: Wed, 21 Oct 2009 11:26:27 +0200
> > > From: Suso Baleato 
> > > To: Traducion ao galego de Mozilla 
> > > Subject: Re: [Galician] IMPORTANTE: pendente en Mozilla e
> > > OpenOffice.org
> > > Message-ID: <20091021092627.GA8680@localhost>
>