Re: traduccion de fedora
On 7/21/06, Leandro Regueiro wrote: On 7/21/06, Jesus Bravo Alvarez wrote: > O Venres 21 de Xullo de 2006 ás 11:51, Leandro dicía: > > >Moitas gracias, esa era precisamente a dúbida que máis me facía falta > >resolver. Pero se a versión máis nova é a do servidor primeiro teño > >que baixala ó meu ordenador ¿non?, despois facer o msgmerge e despois > >volvelo subir ¿ou non? > > Iso é :) E o mellor é facer o msgmerge contra o .pot actualizado, > en vez de contra o novo gl.po, que dá máis problemas. > > >Por certo, para cando teremos as táboas de estatísticas no wiki de > >Trasno. Se se van poñer tamén se poderían poñer para Debian e para > >OpenSuse, agora que se atoparon as súas táboas de estatísticas. > > As estatísticas integradas na wiki teñen que esperar a que faga o > plugin para o dokuwiki. Se poñemos a wiki como páxina principal, > temporalmente pode apuntarse ás páxinas vellas (como fixeches en Mandriva, > por exemplo) > > E xa que estamos a falar tanto da wiki, igual hai xente que non > sabe que existe... Para quen queira botar unha ollada: > > http://dkwk.trasno.net/ > > >Boteille un ollo ós catálogos de OpenSuse e non me estraña que se > >abandonara a traducción, xa que ten 25000 cadeas para traducir. > > Daquela era menos... O problema é o tempo, como sempre ;) > > >Outra cousa, interesaríame botarlle un ollo ós scripts, ou o que sexa, > >que constrúen as táboas de estatísticas para Trasno. Se alguén mos > >pode enviar, agradeceríallo, non moito, pero algo si ;-). > > Tíñao pendente, que mo pediches o outro día... Pero acabo de > decatarme de que a solución era ben fácil, porque están agochados pero non > moito: > > http://www.trasno.net/update/ > > (Sen licenza nin autoría, ufff! Agora poño unhas cabeceiras...) O que non chora non mama ;-). Agora obrígasme a aprender Perl. Ponlle as cabeceiras e todo. Ainda que non sei nada de Perl, crin ver que se gardan as táboas nun ficheiro datos.dat. Eu cría que usaríades unha base de datos ou algo así, e con scripts en PHP, xa que toda a web estaba feita con PHP. Vaise seguir usando Perl para a nova web de Trasno? Ata logo, Leandro Regueiro ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: traduccion de fedora
On 7/21/06, Jesus Bravo Alvarez wrote: O Venres 21 de Xullo de 2006 ás 11:51, Leandro dicía: >Moitas gracias, esa era precisamente a dúbida que máis me facía falta >resolver. Pero se a versión máis nova é a do servidor primeiro teño >que baixala ó meu ordenador ¿non?, despois facer o msgmerge e despois >volvelo subir ¿ou non? Iso é :) E o mellor é facer o msgmerge contra o .pot actualizado, en vez de contra o novo gl.po, que dá máis problemas. >Por certo, para cando teremos as táboas de estatísticas no wiki de >Trasno. Se se van poñer tamén se poderían poñer para Debian e para >OpenSuse, agora que se atoparon as súas táboas de estatísticas. As estatísticas integradas na wiki teñen que esperar a que faga o plugin para o dokuwiki. Se poñemos a wiki como páxina principal, temporalmente pode apuntarse ás páxinas vellas (como fixeches en Mandriva, por exemplo) E xa que estamos a falar tanto da wiki, igual hai xente que non sabe que existe... Para quen queira botar unha ollada: http://dkwk.trasno.net/ >Boteille un ollo ós catálogos de OpenSuse e non me estraña que se >abandonara a traducción, xa que ten 25000 cadeas para traducir. Daquela era menos... O problema é o tempo, como sempre ;) >Outra cousa, interesaríame botarlle un ollo ós scripts, ou o que sexa, >que constrúen as táboas de estatísticas para Trasno. Se alguén mos >pode enviar, agradeceríallo, non moito, pero algo si ;-). Tíñao pendente, que mo pediches o outro día... Pero acabo de decatarme de que a solución era ben fácil, porque están agochados pero non moito: http://www.trasno.net/update/ (Sen licenza nin autoría, ufff! Agora poño unhas cabeceiras...) O que non chora non mama ;-). Agora obrígasme a aprender Perl. Ponlle as cabeceiras e todo. Ainda que non sei nada de Perl, crin ver que se gardan as táboas nun ficheiro datos.dat. Eu cría que usaríades unha base de datos ou algo así, e con scripts en PHP, xa que toda a web estaba feita con PHP. Por certo, o de actualizar contra o ficheiro pot dábame problemas, pero igual o problema é que non o executaba de forma correcta. Hei probar para a semana cando volva, que hoxe teño que irme. Ata logo, Leandro Regueiro ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: traduccion de fedora
O Venres 21 de Xullo de 2006 ás 11:51, Leandro dicía: >Moitas gracias, esa era precisamente a dúbida que máis me facía falta >resolver. Pero se a versión máis nova é a do servidor primeiro teño >que baixala ó meu ordenador ¿non?, despois facer o msgmerge e despois >volvelo subir ¿ou non? Iso é :) E o mellor é facer o msgmerge contra o .pot actualizado, en vez de contra o novo gl.po, que dá máis problemas. >Por certo, para cando teremos as táboas de estatísticas no wiki de >Trasno. Se se van poñer tamén se poderían poñer para Debian e para >OpenSuse, agora que se atoparon as súas táboas de estatísticas. As estatísticas integradas na wiki teñen que esperar a que faga o plugin para o dokuwiki. Se poñemos a wiki como páxina principal, temporalmente pode apuntarse ás páxinas vellas (como fixeches en Mandriva, por exemplo) E xa que estamos a falar tanto da wiki, igual hai xente que non sabe que existe... Para quen queira botar unha ollada: http://dkwk.trasno.net/ >Boteille un ollo ós catálogos de OpenSuse e non me estraña que se >abandonara a traducción, xa que ten 25000 cadeas para traducir. Daquela era menos... O problema é o tempo, como sempre ;) >Outra cousa, interesaríame botarlle un ollo ós scripts, ou o que sexa, >que constrúen as táboas de estatísticas para Trasno. Se alguén mos >pode enviar, agradeceríallo, non moito, pero algo si ;-). Tíñao pendente, que mo pediches o outro día... Pero acabo de decatarme de que a solución era ben fácil, porque están agochados pero non moito: http://www.trasno.net/update/ (Sen licenza nin autoría, ufff! Agora poño unhas cabeceiras...) -- Unha aperta, Jesús Bravo Álvarez ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: traduccion de fedora
On 7/21/06, Jesus Bravo Alvarez wrote: O Xoves 20 de Xullo de 2006 ás 23:32, Leandro dicía: >Ola, prefiro non ser eu o coordinador, porque agora si que estou >traducindo algo, pero isto é temporal porque agora teño conexión á >Internet na casa e configurei o meu ordenador para que furrule o CVS. Eu teño tamén conta no CVS, e podería subir os ficheiros. O problema é que non teño tradición de ser eficaz a facer iso (lémbrome que me mandaches unha actualización da tradución do anaconda, e aínda non a subín). A ver se fago un robot para que se suban automaticamente os ficheiros .po ao recibilos no meu correo. Si, non enviaches o ficheiro. Agora déixao, decidín comezar a traducción dende cero. Ese robot podería estar no servidor de Trasno, ¿non? cunha interface web que permita subir os ficheiros ó CVS. Por exemplo ti vas a esa páxina de Trasno (acceso restrinxido, por suposto) e subes tres ou catro traduccións, e que o robot se ocupe de validalas, facer merges se é necesario, etc. e subir os ficheiros. >ficheiro gl.po no servidor CVS. Eu créoos con cvs add gl.po e cvs >commit, pero no manual de CVS para traductores di que non se pode >facer así. O caso é que funciona. Supoño que se fago algo mal, xa me >avisarán. Isto pode ser porque en Fedora o CVS de i18n non é o mesmo que o CVS xeral (o de desenvolvemento). Supoño que terán un mecanismo de actualización do CVS xeral cando un tradutor modifica un ficheiro .po, pero non cando engade un novo. Así que é probable que o ficheiro que engadiches con cvs add non estea no CVS xeral, polo que é como se non existise. Eu escribiría a i...@redhat.com, contando o teu caso e mandándolles o ficheiro .po para que o engadan eles. Será mellor que intente contactar con eles, e de paso heilles dicir que quiten o de "Gallegan". O caso é que nas páxinas de estatísticas aparecen as novas traduccións, pero mellor asegurarse. >Eu creo que o número de contas non está limitado. ¿Como facedes para >que dende Trasno se poidan baixar os ficheiros de traducción de Fedora >Core logo? Hai un acceso anónimo ao CVS de i18n :) Aquí o teño, actualízase cada día: http://www.trasno.net/distribucions/fedora-cvs/ Xa. Veña, ata logo, Leandro Regueiro ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: traduccion de fedora
O Xoves 20 de Xullo de 2006 ás 23:32, Leandro dicía: >Ola, prefiro non ser eu o coordinador, porque agora si que estou >traducindo algo, pero isto é temporal porque agora teño conexión á >Internet na casa e configurei o meu ordenador para que furrule o CVS. Eu teño tamén conta no CVS, e podería subir os ficheiros. O problema é que non teño tradición de ser eficaz a facer iso (lémbrome que me mandaches unha actualización da tradución do anaconda, e aínda non a subín). A ver se fago un robot para que se suban automaticamente os ficheiros .po ao recibilos no meu correo. >ficheiro gl.po no servidor CVS. Eu créoos con cvs add gl.po e cvs >commit, pero no manual de CVS para traductores di que non se pode >facer así. O caso é que funciona. Supoño que se fago algo mal, xa me >avisarán. Isto pode ser porque en Fedora o CVS de i18n non é o mesmo que o CVS xeral (o de desenvolvemento). Supoño que terán un mecanismo de actualización do CVS xeral cando un tradutor modifica un ficheiro .po, pero non cando engade un novo. Así que é probable que o ficheiro que engadiches con cvs add non estea no CVS xeral, polo que é como se non existise. Eu escribiría a i...@redhat.com, contando o teu caso e mandándolles o ficheiro .po para que o engadan eles. >Eu creo que o número de contas non está limitado. ¿Como facedes para >que dende Trasno se poidan baixar os ficheiros de traducción de Fedora >Core logo? Hai un acceso anónimo ao CVS de i18n :) Aquí o teño, actualízase cada día: http://www.trasno.net/distribucions/fedora-cvs/ -- Unha aperta, Jesús Bravo Álvarez ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: traduccion de fedora
> b) Cando baixas un ficheiro para traducir, tradúcelo, e cando o vas > subir te decatas de que o ficheiro pot orixinal cambiou, ¿quen fai o > merge co ficheiro pot? ¿eu ou o servidor? Pois se non mudou demasiado, xa o fai o servidor. Se mudou demasiado e hai algún conflicto, dáche aviso e tes que resolver a cousa: tes un ficheiro.po.mine , ficheiro.po.r6 ficheiro.po.r7. O mine é a túa versión local, o que ten a revisión máis alta é a versión do servidor. Tes que facer un msgmerge ficheiro.po.mine ficheiro.po.r7 -o ficheiro.po que crea un ficheiro.po cos conflictos resoltos e as entradas reutilizabeis que creaches na versión local. Fas un cvs resolved ficheiro.po e se borran os ficheiros sobrantes. Xa podes facer o cvs commit. Se usas o catalogmanager de kbabel é máis doado. Hai unha opción nun menú que é para resolver conflictos de cvs. Moitas gracias, esa era precisamente a dúbida que máis me facía falta resolver. Pero se a versión máis nova é a do servidor primeiro teño que baixala ó meu ordenador ¿non?, despois facer o msgmerge e despois volvelo subir ¿ou non? E agora que me puxen con Fedora, terei que rematar a miniguía para parvos. Jesús, moitas gracias por poñer as etiquetas code. Estiven buscando un xeito de conseguir ese resultado, pero non o atopara. Por certo, para cando teremos as táboas de estatísticas no wiki de Trasno. Se se van poñer tamén se poderían poñer para Debian e para OpenSuse, agora que se atoparon as súas táboas de estatísticas. Boteille un ollo ós catálogos de OpenSuse e non me estraña que se abandonara a traducción, xa que ten 25000 cadeas para traducir. Outra cousa, interesaríame botarlle un ollo ós scripts, ou o que sexa, que constrúen as táboas de estatísticas para Trasno. Se alguén mos pode enviar, agradeceríallo, non moito, pero algo si ;-). Ata logo, Leandro Regueiro ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: traduccion de fedora
> a) Os ficheiros que ainda non teñen comezada a traduccion non teñen un > ficheiro gl.po no servidor CVS. Eu créoos con cvs add gl.po e cvs > commit, pero no manual de CVS para traductores di que non se pode > facer así. O caso é que funciona. Supoño que se fago algo mal, xa me > avisarán. Non che sei, se cadra hai algún problema cos Makefile.am. O normal é que para engadir ficheiros.po non haxa necesidade de facer algo máis que un cvs add && cvs commit. > > b) Cando baixas un ficheiro para traducir, tradúcelo, e cando o vas > subir te decatas de que o ficheiro pot orixinal cambiou, ¿quen fai o > merge co ficheiro pot? ¿eu ou o servidor? Pois se non mudou demasiado, xa o fai o servidor. Se mudou demasiado e hai algún conflicto, dáche aviso e tes que resolver a cousa: tes un ficheiro.po.mine , ficheiro.po.r6 ficheiro.po.r7. O mine é a túa versión local, o que ten a revisión máis alta é a versión do servidor. Tes que facer un msgmerge ficheiro.po.mine ficheiro.po.r7 -o ficheiro.po que crea un ficheiro.po cos conflictos resoltos e as entradas reutilizabeis que creaches na versión local. Fas un cvs resolved ficheiro.po e se borran os ficheiros sobrantes. Xa podes facer o cvs commit. Se usas o catalogmanager de kbabel é máis doado. Hai unha opción nun menú que é para resolver conflictos de cvs. > > Eu creo que o número de contas non está limitado. ¿Como facedes para > que dende Trasno se poidan baixar os ficheiros de traducción de Fedora > Core logo? > > Ben, creo que xa dixen todo o que querá dicir. Seguro que dentro de > dous minutos me lembro dalgunha cousa que esquecín. > > Ata logo, > Leandro Regueiro > > On 7/20/06, Jesus Bravo Alvarez wrote: > > O Mércores 19 de Xullo de 2006 ás 20:58, Leandro dicía: > > >CVS de fedora. O que creo que non rula é o de subir traduccións novas > > >(de ficheiros que ainda están se comezar a traducir), a ver se atopo o > > >meu erro. Se consigo facelo todo, igual me poño a facer unha miniguía > > >para parvos a ver se se anima a traducir alguén. > > > > Que problema tes exactamente? Polo que vexo na wiki, xa > > documentaches todo o proceso (btw, puxen os anacos de liña de comandos > > entre , para que sexa máis lexible). Puideches finalmente > > subir os ficheiros? > > > > Outra cousa, se vas traducir cousas de Fedora podes ser tamén o > > coordinador. Dígoo para poñelo tamén na wiki, que a maioría da xente > > prefere mandar as traducións a unha persoa que estar a pelexar co > > CVS/SVN. Ademáis de que dubido que os de Fedora permitan ter máis de dúas > > contas para un mesmo grupo de tradución :) > > > > -- > > Unha aperta, > > Jesús Bravo Álvarez > > ___ > > Trasno mailing list > > tra...@ceu.fi.udc.es > > http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: traduccion de fedora
Ola, prefiro non ser eu o coordinador, porque agora si que estou traducindo algo, pero isto é temporal porque agora teño conexión á Internet na casa e configurei o meu ordenador para que furrule o CVS. ¿Pero que fago cando o teña que facer dende outro ordenador (teño a clave neste, igual o teño que facer dende Windows)? Por outra parte as dúbidas que teño agora son: a) Os ficheiros que ainda non teñen comezada a traduccion non teñen un ficheiro gl.po no servidor CVS. Eu créoos con cvs add gl.po e cvs commit, pero no manual de CVS para traductores di que non se pode facer así. O caso é que funciona. Supoño que se fago algo mal, xa me avisarán. b) Cando baixas un ficheiro para traducir, tradúcelo, e cando o vas subir te decatas de que o ficheiro pot orixinal cambiou, ¿quen fai o merge co ficheiro pot? ¿eu ou o servidor? Eu creo que o número de contas non está limitado. ¿Como facedes para que dende Trasno se poidan baixar os ficheiros de traducción de Fedora Core logo? Ben, creo que xa dixen todo o que querá dicir. Seguro que dentro de dous minutos me lembro dalgunha cousa que esquecín. Ata logo, Leandro Regueiro On 7/20/06, Jesus Bravo Alvarez wrote: O Mércores 19 de Xullo de 2006 ás 20:58, Leandro dicía: >CVS de fedora. O que creo que non rula é o de subir traduccións novas >(de ficheiros que ainda están se comezar a traducir), a ver se atopo o >meu erro. Se consigo facelo todo, igual me poño a facer unha miniguía >para parvos a ver se se anima a traducir alguén. Que problema tes exactamente? Polo que vexo na wiki, xa documentaches todo o proceso (btw, puxen os anacos de liña de comandos entre , para que sexa máis lexible). Puideches finalmente subir os ficheiros? Outra cousa, se vas traducir cousas de Fedora podes ser tamén o coordinador. Dígoo para poñelo tamén na wiki, que a maioría da xente prefere mandar as traducións a unha persoa que estar a pelexar co CVS/SVN. Ademáis de que dubido que os de Fedora permitan ter máis de dúas contas para un mesmo grupo de tradución :) -- Unha aperta, Jesús Bravo Álvarez ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: traduccion de fedora
O Mércores 19 de Xullo de 2006 ás 20:58, Leandro dicía: >CVS de fedora. O que creo que non rula é o de subir traduccións novas >(de ficheiros que ainda están se comezar a traducir), a ver se atopo o >meu erro. Se consigo facelo todo, igual me poño a facer unha miniguía >para parvos a ver se se anima a traducir alguén. Que problema tes exactamente? Polo que vexo na wiki, xa documentaches todo o proceso (btw, puxen os anacos de liña de comandos entre , para que sexa máis lexible). Puideches finalmente subir os ficheiros? Outra cousa, se vas traducir cousas de Fedora podes ser tamén o coordinador. Dígoo para poñelo tamén na wiki, que a maioría da xente prefere mandar as traducións a unha persoa que estar a pelexar co CVS/SVN. Ademáis de que dubido que os de Fedora permitan ter máis de dúas contas para un mesmo grupo de tradución :) -- Unha aperta, Jesús Bravo Álvarez ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: traduccion de fedora
Estiven mirando a páxina sobre Fedora Core que hai en trasno e da pouca información que da case mete medo poñerse a traducir. Estou mirando a ver se consigo subir algunha actualización de traducción ó CVS de fedora. O que creo que non rula é o de subir traduccións novas (de ficheiros que ainda están se comezar a traducir), a ver se atopo o meu erro. Se consigo facelo todo, igual me poño a facer unha miniguía para parvos a ver se se anima a traducir alguén. Se alguén sabe como se fai, que mo diga. Ata logo, Leandro Regueiro On 7/19/06, Leandro Regueiro wrote: Ola a todos. Estiven pensando en traducir algo de Fedora Core. Estiven mirando un pouco e non sei manexarme co cvs. Se alguén me pode indicar que é o que teño que facer agradeceríalle a axuda. Ata logo, Leandro Regueiro ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
traduccion de fedora
Ola a todos. Estiven pensando en traducir algo de Fedora Core. Estiven mirando un pouco e non sei manexarme co cvs. Se alguén me pode indicar que é o que teño que facer agradeceríalle a axuda. Ata logo, Leandro Regueiro ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno