O Martes 10 Marzo 2009 14:17:21 Antón Méixome escribiu: > Os textos do corpus base están todos eles dispoñíbeis libre e > publicamente de modo que o glosario constitúe unha obra derivada, > transparente e contrastábel para o que queira traballar sobre ela. Con > este mesmo fin, o glosario pasará a formar parte da Forxa de Mancomún > porque consideramos que é o sistema que mellor garante a súa > dispoñibilidade e ofrece a mellor plataforma para o seu desenvolvemento > futuro.
Podo confirmar que funciona correctamente co Lokalize, e que o irei entregar no repositorio de KDE, dentro dun pedazo, cando traballe un pouco. Criticas: (Jeje, pensabas que te habías librar, ou?) Non todo está lematizado, por exemplo a termEntry de "recently used", que contén unha alternativa en galego cun plural Non todo está en minúsculas, por exemplo a termEntry de "enter", que conte? unha alternativa en galego cunha maiúscula. Aliás, faltan moitas alternativas, como en "about me", que só contén a forma "sobre min", e non "acerca de min". Aliás, hai cousas moi básicas, das que se poden dar por suposto en todo estudante egresado da secundario, como que "contain" significa o mesmo que conter e que "actual" significa real. Neste sentido, estas cousas penso que se deberían retirar. En calquera caso, un bon comezo, sobre o que haberá que traballar moito, en particular metendo definicións onde cumpra.