2009/3/10 Marce Villarino <mvillarino en gmail.com>:
> O Martes 10 Marzo 2009 14:17:21 Antón Méixome escribiu:
>> Os textos do corpus base están todos eles dispoñíbeis libre e
>> publicamente de modo que o glosario constitúe unha obra derivada,
>> transparente e contrastábel para o que queira traballar sobre ela. Con
>> este mesmo fin, o glosario pasará a formar parte da Forxa de Mancomún
>> porque consideramos que é o sistema que mellor garante a súa
>> dispoñibilidade e ofrece a mellor plataforma para o seu desenvolvemento
>> futuro.
>
> Podo confirmar que funciona correctamente co Lokalize, e que o irei entregar 
> no
> repositorio de KDE, dentro dun pedazo, cando traballe un pouco.
>
> Criticas:
>
> (Jeje, pensabas que te habías librar, ou?)
>
> Non todo está lematizado, por exemplo a termEntry de "recently used", que
> contén unha alternativa en galego cun plural
> Non todo está en minúsculas, por exemplo a termEntry de "enter", que conte?
> unha alternativa en galego cunha maiúscula.
>
> Aliás, faltan moitas alternativas, como en "about me", que só contén a forma
> "sobre min", e non "acerca de min".
>
> Aliás, hai cousas moi básicas, das que se poden dar por suposto en todo
> estudante egresado da secundario, como que "contain" significa o mesmo que
> conter e que "actual" significa real. Neste sentido, estas cousas penso que se
> deberían retirar.
>
> En calquera caso, un bon comezo, sobre o que haberá que traballar moito, en
> particular metendo definicións onde cumpra.

Tamén penso que se deberia incluir o de opción recomendada cando sexa
necesario e tamén as traducións desaconselladas, ainda que o software
non soporte iso.

Ata logo,
                        Leandro Regueiro

Reply via email to