O Martes 10 Marzo 2009 21:35:40 Marce Villarino escribiu:
> Criticas:

A orden das traducións é importante (no Lokalize), porque segundo aparezan no 
ficheiro, así será ofrecidas ao usuario.
Por exemplo:
directory: ofrece directorio e cartafol
Eu case que sempre emprego cartafol, pero na orden de fábrica ven na oposta.
Nestes casos, e a falta de soporte para formas preferida, convén por primeiro 
a que se empregará máis habitualmente.

Tamén, dado que a incorporación no texto termo desde o glosario é directa, 
convén que as expresión, como «de son», tamén sexan na forma máis probábel, no 
meu caso «do son»

Finalmente, baia empalme que collistes coas definicións!, aínda que fosen un 
pouco máis breves daba igual ;-)

> Aliás, hai cousas moi básicas, das que se poden dar por suposto en todo
> estudante egresado da secundario, como que "contain" significa o mesmo que
> conter e que "actual" significa real. Neste sentido, estas cousas penso que
> se deberían retirar.

RECTIFICO

Prantexar o glosario como un utensilio que haxa de ser útil aos tradutores é 
quedar a medias no valor que se lle pode tirar. O tradutor debería saber 
inglés de abondo, e polo tanto as cousas básicas sobrarlle, pero

considerando
que un glosario non deixa de ser unha listaxe de relacións entre conceptos 
expresados en distintos idiomas (abreviando, un dicionario bilingüe con ou sen 
definicións nos idiomas ou nalgúns dos idiomas)

expoño
que o glosario debe construírse de xeito que resulte de utilidade para o 
aprendizado da lingua inglesa polo menos co nivel que se estude en 
preuniversitaria, ademais de para os tradutores de sl do inglés ao galego.

Aí queda.

Responderlle a