Ola,
intentarei dar algo de información, ainda que xa vén de tan lonxe e
deu a cousa tantas voltas que non sei se me trabucarei...

Estaba Tarrío. Debido a certos cambios no proceso de desenvolvemento
que afectaban continuamente ó seu traballo nunha época de stress (ou
iso infiro de http://jacobo.tarrio.org/Traducir_software) parece que o
deixou, e enviou a mítica mensaxe de correo a Mozilla, só equiparable
en importancia no mundo do SL á mensaxe na que Linus Torvalds
anunciaba que estaba perdendo o tempo escribindo un kernel,
anunciando que o deixaba e que o borraran xa mesmo.

Pero volveu cair na trampa
(http://jacobo.tarrio.org/Traduci%C3%B3n_de_Mozilla), recordo que
daquela estaba traducindo a axuda e eu lle botei un ollo, ainda que
debido á innata superioridade de Tarrío non facía falta ningunha...

Daquela estaban tamén a elo os do renacido galego21, que lle mangaran
o dominio ó anterior galego21 antes de que se deran conta, e
traduciron o firefox (disto poderá contar algo Abalde), que creo que
non lle aceptaban debido a que a xente de Mozilla non borrara a Tarrío
un ano (ou máis) antes.

Tamén daquela se xuntara un grupo en mozdev para ver se cumprindo os
trámites oficiais se conseguia ter unha tradución oficial estable,
ainda que foran outros, coma os de galego21, os que traducian.

Por certo, dixen xa que apareceron os de mancomun e fixeron outra
tradución collendo de base a de Tarrío?

Entón, despois de varios intentos infructuosos de contactar con eles
Mariano Grueiro desesperou, e deixoulle o sitio a outro, Miguel
Branco, creo, ainda que eu tamén andaba por aí a pesar de ver todo moi
negro... Despois veñen os de Mancomún e intentano tamén. Non sei de
quen, nin de cando foi o choio do bugzilla, pero por aí foi tamén... e
claro, pasaron tamén de mancomun, porque Tarrío ainda segue.

Creo que quitan a Tarrío varios anos despois, e os de mancomún despois
de que os de galego21 o deixarán tamén (o seu paso pola rede lembra ó
dunha supernova, moi brillante, pero dura pouco), mancomun aproveita o
feito anteriormente por mozdev para continuar, pero seguen pasando de
todos nós... non sei se houbo outros grupos... seguen pasando de
nós....

E por fin aparece alguén de moi riba dicindo que o firefox non está en
galego porque só hai xente que o pide en galego pero ninguén se ofrece
a traducir (para min que equivocou a frase, porque o que realmente
quería dicir é que contactaban con el para que aceptaran as súas
traducións, ainda que, e mira que isto é raro, ninguén lle pedía o
firefox en galego)...

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a