Boas novas,

Veñen de contactar telefónicamente comigo dende o equipo de comunicación
da Fundación Mozilla interesándose polos detalles deste asunto. Grazas
á información que fostes verquendo na lista puiden poñelos ao tanto.
Máis tarde confirmáronme que viñan de contactar ao seu presidente coa idea
de que mañá (xoves 22) poidamos atopar o xeito de resolver iste asunto.
Eu plantexeilles que o faga respondendo ao meu correo con cópia a esta
rolda, eles dixéronme que igual era máis operativo se él me chamaba por
teléfono para resolvelo. Así que deixei na súa man escoller o modo.

Penso que o simple feito de conseguir que nos escoiten xa é unha boa
cousa; mais precisaremos agora ser capaces de aproveitar a oportunidade
para resolver a cuestión. Así que escrebo para que saibades como teño
pensado plantexar a cousa por se hai algo que se me escape ou no que non
esteades dacordo.

Tras darlle algunhas voltas ao asunto, creo que estaredes comigo en que, 
en tanto a Fundación Mozilla non delegue a coordenación oficial do
proxecto de tradución será inviabel pensar en conseguir a normalidade na
tradución do Firefox e o resto dos seus proxectos.

Xa vistes os logs de erros que enviou Javi: xulgade vós mesmos se ten
algún sentido investir os nosos esforzos en resolver eses problemas
técnicos se nin siquera nos garantizan que a tradución será integrada na
versión oficial.

Pola miña parte non creo que debamos dar máis pasos na tradución do
Firefox -nin de calquera produto da Fundación Mozilla- en tanto non
obteñamos do organismo que os promove a garantía de que os nosos
esforzos non van ser en vano. 

Por tanto, o que eu lle plantexaría a Tristan é que dende o goberno
galego non ten sentido que apoiemos a tradución dun software se o
organismo que o promove se adica a desmotivar á nosa comunidade de
localización... unha comunidade que demostra ser perfectamente 
competente en todos os demais proxectos: kde, xfce, gnome, openoffice e
demais.

Deste modo, o único xeito de resolver esta situación de vez sería que dunha
vez por todas deleguen a coordenación oficial dos proxectos de tradución
de Mozilla de modo que poidamos estabelecer canles efectivas de
comunicación coa Fundación que garantan a integracion do noso esforzo na
versión oficial, ofrecéndolle os recursos de mancomún coordenados co resto
da comunidade de localización de software libre ao galego.

Esto é o que teño pensado plantexarlle no plano digámolo así, operativo.
Mais hai outro plano: o da honra da nosa comunidade de localización. Eu
síntome ofendido pola actitude deste home. Non credes que deberíamos
requerirlle tamén algún tipo de rectificación, aclaración, disculpa ou o
que sexa? Non sei se plantexarlle isto xa, ou limitarme a resolver a
cousa operativa e delegar no voluntariado (cif, trasno e tal) esta
demanda.

En fin, levo dous días tratando de localizar a este home
telefónicamente, por correo e tamén recitando mantras e cousas desas, e
a verdade é que estou un pouco saturado e necesito descansar. Quedo
pendente do que escrebades esta noite e mañá á mañá.

De novo agradecervos a todos/as o voso esforzo, as vosas aportacións na
rolda e nos comentarios ás noticias, tamén ao equipo do CESGA que
estiveron a cen con este tema e á xente da Consellaría de Innovación e
Industria que nos estiveron apoiando dende o plano institucional.

Agora a ver se chaman, escriben ou qué.

Saúdos,

Leandro Regueiro escrebeu:
> Lendo no bugzilla, parece que finalmente a cousa vai para adiante,
> polo menos dende finais do ano pasado... como é que a cousa segue
> igual??
> 
> Ata logo,
>                     Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>

Responderlle a