¡Que roden cabezas! diria un compañeiro meu.
A verdade e que a crispación coa que estou dende que onte o amigo
Leandro nos alarmara sobre as declaracións do susodicho non ten palabras.
Moitas cousas teñen que cambiar na fundación Mozilla se queren ter
localizado e ter cousiñas interesantes. Mais que nada porque a eles lles
convén e a nós (o idioma galego) tamén.

E ademáis digo eu que co arsenal de presuposto que teñen que ter, (xasó
as aportacións de google para que sexa o motor de procuras por defecto),
xa poderían mellorar o sistema de localización dos seus produtos.

Se non queren delegar responsabilidades que fagan como tódolos proxectos
de soft ceibe que están no mainstream, que habiliten un "launchpad" para
tódolos idiomas, e que permitan a un administrador subir arquvos en
formato pofiles. Coido que non pido unha cousa doutro mundo.

Cando Jacobo Tarrio deixou de traducir o ff2 algo cheiraba ahí e con
isto xa é o colmo. Polo menos agora vexo que se poñen en contacto,

Por outra banda eu estou totalmente contigo Suso, quero unha
rectificación. De verdade e que cando escribin o primeiro email me
sentou como unha patada no cu, e o mosqueo que levo enriba teñen que
pagalo con algo (ponlle rectificación, ponlle de xeonllos pedindo
desculpas públicas).

De novo grazas Suso por mover o motor e poñerlles as pilas.

Perdoade polo rollazo. Saudañas a todos.

suso.baleato en xunta.es escribiu:
> Boas novas,
>
> Veñen de contactar telefónicamente comigo dende o equipo de comunicación
> da Fundación Mozilla interesándose polos detalles deste asunto. Grazas
> á información que fostes verquendo na lista puiden poñelos ao tanto.
> Máis tarde confirmáronme que viñan de contactar ao seu presidentecoa idea
> de que mañá (xoves 22) poidamos atopar o xeito de resolver iste asunto.
> Eu plantexeilles que o faga respondendo ao meu correo con cópia a esta
> rolda, eles dixéronme que igual era máis operativo se él me chamaba por
> teléfono para resolvelo. Así que deixei na súa man escoller o modo.
>
> Penso que o simple feito de conseguir que nos escoiten xa é unha boa
> cousa; mais precisaremos agora ser capaces de aproveitar a oportunidade
> para resolver a cuestión. Así que escrebo para que saibades como teño
> pensado plantexar a cousa por se hai algo que se me escape ou no que non
> esteades dacordo.
>
> Tras darlle algunhas voltas ao asunto, creo que estaredes comigo en que, 
> en tanto a Fundación Mozilla non delegue a coordenación oficial do
> proxecto de tradución será inviabel pensar en conseguir a normalidade na
> tradución do Firefox e o resto dos seus proxectos.
>
> Xa vistes os logs de erros que enviou Javi: xulgade vós mesmos se ten
> algún sentido investir os nosos esforzos en resolver eses problemas
> técnicos se nin siquera nos garantizan que a tradución será integrada na
> versión oficial.
>
> Pola miña parte non creo que debamos dar máis pasos na tradución do
> Firefox -nin de calquera produto da Fundación Mozilla- en tanto non
> obteñamos do organismo que os promove a garantía de que os nosos
> esforzos non van ser en vano. 
>
> Por tanto, o que eu lle plantexaría a Tristan é que dende o goberno
> galego non ten sentido que apoiemos a tradución dun software se o
> organismo que o promove se adica a desmotivar á nosa comunidade de
> localización... unha comunidade que demostra ser perfectamente 
> competente en todos os demais proxectos: kde, xfce, gnome, openoffice e
> demais.
>
> Deste modo, o único xeito de resolver esta situación de vez seríaque dunha
> vez por todas deleguen a coordenación oficial dos proxectos de tradución
> de Mozilla de modo que poidamos estabelecer canles efectivas de
> comunicación coa Fundación que garantan a integracion do noso esforzo na
> versión oficial, ofrecéndolle os recursos de mancomún coordenadosco resto
> da comunidade de localización de software libre ao galego.
>
> Esto é o que teño pensado plantexarlle no plano digámolo así, operativo.
> Mais hai outro plano: o da honra da nosa comunidade de localización. Eu
> síntome ofendido pola actitude deste home. Non credes que deberíamos
> requerirlle tamén algún tipo de rectificación, aclaración, disculpa ou o
> que sexa? Non sei se plantexarlle isto xa, ou limitarme a resolver a
> cousa operativa e delegar no voluntariado (cif, trasno e tal) esta
> demanda.
>
> En fin, levo dous días tratando de localizar a este home
> telefónicamente, por correo e tamén recitando mantras e cousas desas, e
> a verdade é que estou un pouco saturado e necesito descansar. Quedo
> pendente do que escrebades esta noite e mañá á mañá.
>
> De novo agradecervos a todos/as o voso esforzo, as vosas aportacións na
> rolda e nos comentarios ás noticias, tamén ao equipo do CESGA que
> estiveron a cen con este tema e á xente da Consellaría de Innovación e
> Industria que nos estiveron apoiando dende o plano institucional.
>
> Agora a ver se chaman, escriben ou qué.
>
> Saúdos,
>
> Leandro Regueiro escrebeu:
>   
>> Lendo no bugzilla, parece que finalmente a cousa vai para adiante,
>> polo menos dende finais do ano pasado... como é que a cousa segue
>> igual??
>>
>> Ata logo,
>>                     Leandro Regueiro
>> _______________________________________________
>> G11n mailing list
>> G11n en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>>     
>
>   



Responderlle a