Quen é capaz de asumir este proxecto?. Échenos máis que vital.

2013/4/29 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me>

> Ola.
>
> Véxome superado polos acontecementos e sobre todo por unha falta de
> interese en seguir traducindo software libre ao galego.
>

Inda que agardo que a retomes :)


> Estou meditando tomar un tempo á marxe para ver que fago e se decido ou
> non continuar colaborando coa comunidade.
>
> Como xa informei tempo atrás, non son capaz de manter os produtos de
> mozilla actualizados e non fun capaz de artellar un método de traballo no
> que a xente puidera colaborar. Tentei crear un novo sitio para a comunidade
> pero tampouco o conseguín e por último, xa nin temos lista de correo en
> galician.mozdev.com. Desapareceu e non sei porque. Non tiven nin tempo
> nin gañas de saber que pasou, meus coñecementos en inglés para a escritura
> son moi limitados e impiden que saque adiante determinadas cousas ao non
> poder comunicarme cos responsábeis dos proxectos.
>
> Agora debería saír Firefox OS, e parece que ahí tamén vai haber traballo,
> xa que non teñen pensado que saia en moitos idiomas. O galego non está
> entre eles, pero ten pinta de que outros moitos tampouco, e vai haber jaleo.
>
> Así que espero que alguén lle interese, para chegado o momento poder
> presentalo aos responsábeis de localización de Mozilla e que esa persoa
> aprenda como se fan as cousas. De min pouco pode aprender, xa que eu fago
> todo manualmente e unha das súas tarefas será automatizar a forma de
> traballar e que a xente poida colaborar.
>
> Saúdos.
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a