Ola.

Nos últimos días estiven facendo cousas e vou probar unha última cousa nas
próximas semanas. Estou vendo de con scripts e pequenas utilidades en Java,
de recuperar todo o traballo e ver como integra todo con OmegaT. Isto vouno
facer si ou si, porque me apetece, porque quero ver como se pode xestionar
todo cunha ferramenta de TAC en local e automatizar cousas con scripts,
similar ao que fai Fran con Gnome.

Vou ir publicando todo en GitHub, igual que a pequena utilidade que estou
facendo para poder xestionar a tradución de OJS en local, cun aplicativo
TAC reaproveitando o que hai feito ata agora.

Se conseguira resultados, poderíame chegar a plantexar facer algo grande
que intregre ferramentas e conversores existentes e poder presentalo como
PFC, que xa vai sendo hora de que remate a miña carreira.

Con todo isto, decirvos que se isto traballa para Mozilla, seguirei
mantendo a coordinación e tradución polo menos ata final de ano (case o
podo garantir agora, co que o meu relevo é necesario pero hai tempo). Pero
estaría ben que alguén se fora informando de como funciona Mozilla, que
ventaxes ten traducir en liña e sobre todo inconvintes, que ata fai moi
pouco eran moitos. E sobre todo, que en Mozilla necesitan unha persoa
responsábel para levar a localización, non vale eu traduzo hoxe e sabe dios
cando. As cousas non son tan fáciles. De nada vale traducir os aplicativos
se despois non hai nadie que faga un opt-in, e este ten que ser sobre algo
que funcione. Eu teño feito algún se probar cousas e cando hai fallos, que
os soe haber, enteranse a primeira, e deneganche o opt-in completo. Así
que, traducir e non validar, implica que non aceptas esas cadeas, e aínda
que estean traducidas eles seguen construíndo os produtos con esas cadeas
en inglés, co que non é tan doado a cousa. Non é meter medo, e que teñen
moitos controles de calidade, e só falo de cousas que teñen automatizado,
xa non de que teña sentido o que se traduciu, de que se vexa mal, etc, ...

Saúdos.


2013/4/30 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>

> Ola.
>
> Tampouco lle vexo tanto malo ao estado das traducións de Mozilla. Por
>> exemplo este é o estado de GNOME sen tocalo unha semana,
>> https://l10n.gnome.org/languages/gl/gnome-3-10/ui/, e tampouco é moito
>> traballo, xa que podo calcular que me levaría 30 minutos.
>>
>
> Vía web non sei se é moito, pero co método manual que uso eu é moitísimo.
> Falamos dunhas 20 horas de traballo mínimo. Hai que comprobar os bugs nos
> que abriron as traducións, apuntar detalle do mesmo para as estatísticas,
> buscar ficherios e borrar e engadir cadeas, e traducilas seguindo o estilo
> actual, que soe supór buscar en Transvision (xa que traduzo co editor de
> textos). Xa teño comentando en máis dunha ocasión o traballo que me leva e
> as cadeas ou bugs que xeran en Mozilla cada 6 semanas. Para eu poder levalo
> ben, preciso un mínimo de 5 horas todas as semanas, o ideal serían 7 horas.
>
>
>>
>> Quizáis habería que repensar unhas cousas:
>>
>> - Xa que a capacidade humana é limitada podería replantexarse que
>> proxectos son alcanzábeis. Isto é, Se só hai un tradutor, é sensato que se
>> traduza Ligthning, SeaMonkey ou Fennec? Que proxectos son os que máis se
>> usan?
>>
>
> Estou de acordo. Fennec nunca se chegou a usar, a comunidade de
> localización está queimada, xa que nunca pasou de builds, ou iso din. Gaia
> é a interface de Firefox OS, do que teño pendente de subir o que levo
> feito, aquí estaba vendo de traducir con OmegaT, axudándome de scripts. A
> súa tradución tampouco ten moito sentido se finalmente non deciden integrar
> o galego nas construcións de base nos teléfonos móbiles. Aquí hai unha
> pelexa que non vexades.
>
>
>>
>> - A metodoloxía de traballo dentro de Mozilla supón moita carga de
>> traballo. Un sistema de tradución en liña con integración no repositorio
>> sería o idóneo. Así minimizaríase o traballo adicional fóra da tradución.
>>
>>
> Se este sistema funciona, é o ideal. Supoño que a labor do coordinador
> terá pouco que ver coa tradución. Penso que se limitará a probar as
> compilacións que se fagan coas traducións realizadas vía web, e darlle o ok
> para que se constrúan as release oficiais. Basicamente probar nigthly.
>
>
>> Por outra banda, coido que sería un acto de responsabilidade por parte de
>> Keko preparar a saída do proxecto, isto é, deixar de traducir e adicar un
>> pequeno esforzo en preparar á nova persoa que se encargue, p.ex. facerlle a
>> investigación inicial máis levadeira.
>>
>> Eu axudarei a persoa que queira tomar a coordinación no que sei. O que
> non podo asumir é investigar como funciona o novo sistema, se o deixo é
> porque estou canso e non teño tempo. Nestes momentos outros proxectos
> consumen o meu tempo. O meu gran problema é a comunicación en inglés para
> facerme entender coa xente de Mozilla. Traducir xa non estou traducindo, e
> non sei se seguirei traducindo. O que colla o relevo seguro que terá que
> por ao día as traducións. Se todos lembrades, miña actuación en Mozilla non
> ía ter que ver coa tradución, e finalmente acabei traducindo, xa que a
> persoa que o ía facer desapareceu da escena e tiven que cargar co proxecto.
>
>
>> Coido que todos estamos até arriba co que cómpre buscar persoas. Para iso
>> é necesario publicar no web algo como "A tradución de Mozilla en perigo" e
>> que teña a máxima repercusión os medios. Desta forma algunha persoa
>> interesada chegar a axudar.
>>
>
> Me parece unha moi boa idea. Supoño que máis dunha persoa se animará,
> entres eles Ifrit e Manuel Souto, que algo comentaron non fai moito tempo
> nun correo, penso que na lista de mozdev.
>
> Eu axudareille a persoa que queira tomar o relevo, a diferencia do que
> pasou no meu caso, que tiven que buscarme a vida.
>
> Saúdos.
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a