On mar 30 abr 2013 12:20:17 CEST, Enrique Estévez Fernández wrote:
Ola Leandro.

Lamentablemente non podo axudar. Se o quero deixar é porque non teño
tempo, e ademais porque non me dou comunicado como debería con eles,
meu inglés é lamentablemente nese apartado.

Eu presentarei ao novo candidato ante os responsábeis e se o cre
necesario explicareille como facía eu as cousas, pero se optades por
facelo en liña, todo o que facía eu deixa de ter sentido. Non lle vai
valer de nada.

O que se traduce e o seu estado está aquí:
https://l10n.mozilla.org/teams/gl
Como vedes, moi mal atendido, e só foron 6 semanas nas que non puiden
facer nada.

Saúdos.


2013/4/30 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com
<mailto:leandro.regue...@gmail.com>>

    2013/4/30 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com
    <mailto:keko...@gmail.com>>:
    > Ola.
    >
    > Hai algún máis. De entrada ahí falta Thunderbird, Calendar e
    SeaMonkey, que
    > ao mellor non interesan, pero que si se están traducindo agora.

    Hei preguntar por acó sobre eses proxectos á tarde. Ter unha lista
    completa do que nos faría falta axudaríame.


    > Vexo que parte das páxinas web tamén están e semella que o máis
    importante.
    > Non acabo de entender moi ben Mozilla, pero ahí só están as
    cadeas que están
    > na rama Aurora. Non sei se agora permiten que un sistema envíe
    traducións
    > directamente ao repos, antes non, por iso tiven que abandonar
    Narro, ademais
    > aínda se tería que verificar que todo está traducido
    correctamente e facer o
    > sing-off.

    Dixéronme que cada semana se sincronizaba cos repos. Cada venres
    concretamente. Creo que a sincronización require algo de intervención
    humana, pero non por parte dos equipos de tradución, senón por parte
    de quen xestiona o servidor. Igual pregunto algo máis sobre o tema
    este.


    > Eu sempre traducín en central, a rama de desenvolvemento. Así,
    cando o tiña
    > ao día, aos días de saír a nova versión, xa tiñas traducida a
    versión
    > Aurora. En principio unha vez traducida esta, os cambios
    propáganse de
    > versión en versión ata chegar a release. Supoño que collen
    aurora, porque
    > así só teñen que sincronizar cada 6 meses as cadeas que hai que
    traducir, e
    > non día a día como che obriga a traballar o repositorio central,
    xa que saen
    > novas cadeas case que todos os días.

    Como xa dixen a sincronización é semanal.


    > Non sei como funciona isto, pero seguides precisando unha persoa que
    > coordine, mínimo que se encargue de probar todas as traducións e
    darlle o
    > OK. Supoño que un responsábel. E se hai algún fallo,
    solucionalo. E tamén
    > atender os bugs que vaian saíndo que non sexan recollidos por
    este proxecto.
    > Pero é unha boa idea, mágoa que non estivera montado antes. Xa
    fai tempo que
    > non sigo as listas de Mozilla, na que se falaría sobre isto,
    coas súas
    > vantaxes e inconvenientes, sería cuestión de buscar que dixeron
    e como
    > quedou o asunto.

    Creo que sería conveniente que te enteres de se se falou diso.
    Primeiro precisamos saber como están as cousas. Despois intentar
    simplificar un chisco todo isto. Igual despois aparece alguén disposto
    a facerse cargo.

    Habería que preguntar tamén que pasou con Mozdev. Onte estiven
    remexendo por aí e o sitio aínda segue activo, o proxecto segue
    listado, pero non fun quen de atopar a lista de correo:
    http://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

    Keko, poderías enviarlles unha mensaxe?

    Polo menos parece que hai arquivos:
    http://www.mail-archive.com/galician@mozdev.org/info.html  e
    http://www.mozdev.org/pipermail/galician/

    Deica

    > Saúdos.
    >
    >
    > 2013/4/30 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com
    <mailto:leandro.regue...@gmail.com>>
    >>
    >> 2013/4/30 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com
    <mailto:mgl.bra...@gmail.com>>:
    >> > Quen é capaz de asumir este proxecto?. Échenos máis que vital.
    >>
    >> Só por saber, cantos proxectos hai en Mozilla? Hai algún máis
    dos que
    >> hai en http://mozilla.locamotion.org/projects/ ?
    >>
    >> Pregúntoo porque ultimamente estanse migrando unha chea de idiomas
    >> cara alí desde o hg, narro e incluso launchpad. Xa debemos
    levar como
    >> unha ducia en dúas semanas, e estaba pensando que igual era boa
    idea
    >> migrar o galego para alí tamén xa que a priori parece máis sinxelo
    >> empregar o Pootle, aínda que sexa só para descargar e enviar
    >> traducións.
    >>
    >> Deica
    >>
    >> > 2013/4/29 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me
    <mailto:e...@keko.me>>
    >> >>
    >> >> Ola.
    >> >>
    >> >> Véxome superado polos acontecementos e sobre todo por unha
    falta de
    >> >> interese en seguir traducindo software libre ao galego.
    >> >
    >> >
    >> > Inda que agardo que a retomes :)
    >> >
    >> >>
    >> >> Estou meditando tomar un tempo á marxe para ver que fago e
    se decido ou
    >> >> non continuar colaborando coa comunidade.
    >> >>
    >> >> Como xa informei tempo atrás, non son capaz de manter os
    produtos de
    >> >> mozilla actualizados e non fun capaz de artellar un método
    de traballo
    >> >> no
    >> >> que a xente puidera colaborar. Tentei crear un novo sitio para a
    >> >> comunidade
    >> >> pero tampouco o conseguín e por último, xa nin temos lista
    de correo en
    >> >> galician.mozdev.com <http://galician.mozdev.com>.
    Desapareceu e non sei porque. Non tiven nin tempo
    >> >> nin
    >> >> gañas de saber que pasou, meus coñecementos en inglés para a
    escritura
    >> >> son
    >> >> moi limitados e impiden que saque adiante determinadas
    cousas ao non
    >> >> poder
    >> >> comunicarme cos responsábeis dos proxectos.
    >> >>
    >> >> Agora debería saír Firefox OS, e parece que ahí tamén vai haber
    >> >> traballo,
    >> >> xa que non teñen pensado que saia en moitos idiomas. O
    galego non está
    >> >> entre
    >> >> eles, pero ten pinta de que outros moitos tampouco, e vai
    haber jaleo.
    >> >>
    >> >> Así que espero que alguén lle interese, para chegado o
    momento poder
    >> >> presentalo aos responsábeis de localización de Mozilla e que
    esa persoa
    >> >> aprenda como se fan as cousas. De min pouco pode aprender,
    xa que eu
    >> >> fago
    >> >> todo manualmente e unha das súas tarefas será automatizar a
    forma de
    >> >> traballar e que a xente poida colaborar.
    >> >>
    >> >> Saúdos.
    >> _______________________________________________
    >> Proxecto mailing list
    >> Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
    >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
    >
    >
    >
    > _______________________________________________
    > Proxecto mailing list
    > Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
    > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
    >
    _______________________________________________
    Proxecto mailing list
    Proxecto@trasno.net <mailto:Proxecto@trasno.net>
    http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Tampouco lle vexo tanto malo ao estado das traducións de Mozilla. Por exemplo este é o estado de GNOME sen tocalo unha semana, https://l10n.gnome.org/languages/gl/gnome-3-10/ui/, e tampouco é moito traballo, xa que podo calcular que me levaría 30 minutos.

Quizáis habería que repensar unhas cousas:

- Xa que a capacidade humana é limitada podería replantexarse que proxectos son alcanzábeis. Isto é, Se só hai un tradutor, é sensato que se traduza Ligthning, SeaMonkey ou Fennec? Que proxectos son os que máis se usan?

- A metodoloxía de traballo dentro de Mozilla supón moita carga de traballo. Un sistema de tradución en liña con integración no repositorio sería o idóneo. Así minimizaríase o traballo adicional fóra da tradución.

Por outra banda, coido que sería un acto de responsabilidade por parte de Keko preparar a saída do proxecto, isto é, deixar de traducir e adicar un pequeno esforzo en preparar á nova persoa que se encargue, p.ex. facerlle a investigación inicial máis levadeira.

Coido que todos estamos até arriba co que cómpre buscar persoas. Para iso é necesario publicar no web algo como "A tradución de Mozilla en perigo" e que teña a máxima repercusión os medios. Desta forma algunha persoa interesada chegar a axudar.

Saúdos
--
Fran Dieguez
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a