Ola.

Tampouco lle vexo tanto malo ao estado das traducións de Mozilla. Por
> exemplo este é o estado de GNOME sen tocalo unha semana,
> https://l10n.gnome.org/languages/gl/gnome-3-10/ui/, e tampouco é moito
> traballo, xa que podo calcular que me levaría 30 minutos.
>

Vía web non sei se é moito, pero co método manual que uso eu é moitísimo.
Falamos dunhas 20 horas de traballo mínimo. Hai que comprobar os bugs nos
que abriron as traducións, apuntar detalle do mesmo para as estatísticas,
buscar ficherios e borrar e engadir cadeas, e traducilas seguindo o estilo
actual, que soe supór buscar en Transvision (xa que traduzo co editor de
textos). Xa teño comentando en máis dunha ocasión o traballo que me leva e
as cadeas ou bugs que xeran en Mozilla cada 6 semanas. Para eu poder levalo
ben, preciso un mínimo de 5 horas todas as semanas, o ideal serían 7 horas.


>
> Quizáis habería que repensar unhas cousas:
>
> - Xa que a capacidade humana é limitada podería replantexarse que
> proxectos son alcanzábeis. Isto é, Se só hai un tradutor, é sensato que se
> traduza Ligthning, SeaMonkey ou Fennec? Que proxectos son os que máis se
> usan?
>

Estou de acordo. Fennec nunca se chegou a usar, a comunidade de
localización está queimada, xa que nunca pasou de builds, ou iso din. Gaia
é a interface de Firefox OS, do que teño pendente de subir o que levo
feito, aquí estaba vendo de traducir con OmegaT, axudándome de scripts. A
súa tradución tampouco ten moito sentido se finalmente non deciden integrar
o galego nas construcións de base nos teléfonos móbiles. Aquí hai unha
pelexa que non vexades.


>
> - A metodoloxía de traballo dentro de Mozilla supón moita carga de
> traballo. Un sistema de tradución en liña con integración no repositorio
> sería o idóneo. Así minimizaríase o traballo adicional fóra da tradución.
>
>
Se este sistema funciona, é o ideal. Supoño que a labor do coordinador terá
pouco que ver coa tradución. Penso que se limitará a probar as compilacións
que se fagan coas traducións realizadas vía web, e darlle o ok para que se
constrúan as release oficiais. Basicamente probar nigthly.


> Por outra banda, coido que sería un acto de responsabilidade por parte de
> Keko preparar a saída do proxecto, isto é, deixar de traducir e adicar un
> pequeno esforzo en preparar á nova persoa que se encargue, p.ex. facerlle a
> investigación inicial máis levadeira.
>
> Eu axudarei a persoa que queira tomar a coordinación no que sei. O que non
podo asumir é investigar como funciona o novo sistema, se o deixo é porque
estou canso e non teño tempo. Nestes momentos outros proxectos consumen o
meu tempo. O meu gran problema é a comunicación en inglés para facerme
entender coa xente de Mozilla. Traducir xa non estou traducindo, e non sei
se seguirei traducindo. O que colla o relevo seguro que terá que por ao día
as traducións. Se todos lembrades, miña actuación en Mozilla non ía ter que
ver coa tradución, e finalmente acabei traducindo, xa que a persoa que o ía
facer desapareceu da escena e tiven que cargar co proxecto.


> Coido que todos estamos até arriba co que cómpre buscar persoas. Para iso
> é necesario publicar no web algo como "A tradución de Mozilla en perigo" e
> que teña a máxima repercusión os medios. Desta forma algunha persoa
> interesada chegar a axudar.
>

Me parece unha moi boa idea. Supoño que máis dunha persoa se animará,
entres eles Ifrit e Manuel Souto, que algo comentaron non fai moito tempo
nun correo, penso que na lista de mozdev.

Eu axudareille a persoa que queira tomar o relevo, a diferencia do que
pasou no meu caso, que tiven que buscarme a vida.

Saúdos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a