Ola Leandro.

Lamentablemente non podo axudar. Se o quero deixar é porque non teño tempo,
e ademais porque non me dou comunicado como debería con eles, meu inglés é
lamentablemente nese apartado.

Eu presentarei ao novo candidato ante os responsábeis e se o cre necesario
explicareille como facía eu as cousas, pero se optades por facelo en liña,
todo o que facía eu deixa de ter sentido. Non lle vai valer de nada.

O que se traduce e o seu estado está aquí:
https://l10n.mozilla.org/teams/gl
Como vedes, moi mal atendido, e só foron 6 semanas nas que non puiden facer
nada.

Saúdos.


2013/4/30 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> 2013/4/30 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>:
> > Ola.
> >
> > Hai algún máis. De entrada ahí falta Thunderbird, Calendar e SeaMonkey,
> que
> > ao mellor non interesan, pero que si se están traducindo agora.
>
> Hei preguntar por acó sobre eses proxectos á tarde. Ter unha lista
> completa do que nos faría falta axudaríame.
>
>
> > Vexo que parte das páxinas web tamén están e semella que o máis
> importante.
> > Non acabo de entender moi ben Mozilla, pero ahí só están as cadeas que
> están
> > na rama Aurora. Non sei se agora permiten que un sistema envíe traducións
> > directamente ao repos, antes non, por iso tiven que abandonar Narro,
> ademais
> > aínda se tería que verificar que todo está traducido correctamente e
> facer o
> > sing-off.
>
> Dixéronme que cada semana se sincronizaba cos repos. Cada venres
> concretamente. Creo que a sincronización require algo de intervención
> humana, pero non por parte dos equipos de tradución, senón por parte
> de quen xestiona o servidor. Igual pregunto algo máis sobre o tema
> este.
>
>
> > Eu sempre traducín en central, a rama de desenvolvemento. Así, cando o
> tiña
> > ao día, aos días de saír a nova versión, xa tiñas traducida a versión
> > Aurora. En principio unha vez traducida esta, os cambios propáganse de
> > versión en versión ata chegar a release. Supoño que collen aurora, porque
> > así só teñen que sincronizar cada 6 meses as cadeas que hai que
> traducir, e
> > non día a día como che obriga a traballar o repositorio central, xa que
> saen
> > novas cadeas case que todos os días.
>
> Como xa dixen a sincronización é semanal.
>
>
> > Non sei como funciona isto, pero seguides precisando unha persoa que
> > coordine, mínimo que se encargue de probar todas as traducións e darlle o
> > OK. Supoño que un responsábel. E se hai algún fallo, solucionalo. E tamén
> > atender os bugs que vaian saíndo que non sexan recollidos por este
> proxecto.
> > Pero é unha boa idea, mágoa que non estivera montado antes. Xa fai tempo
> que
> > non sigo as listas de Mozilla, na que se falaría sobre isto, coas súas
> > vantaxes e inconvenientes, sería cuestión de buscar que dixeron e como
> > quedou o asunto.
>
> Creo que sería conveniente que te enteres de se se falou diso.
> Primeiro precisamos saber como están as cousas. Despois intentar
> simplificar un chisco todo isto. Igual despois aparece alguén disposto
> a facerse cargo.
>
> Habería que preguntar tamén que pasou con Mozdev. Onte estiven
> remexendo por aí e o sitio aínda segue activo, o proxecto segue
> listado, pero non fun quen de atopar a lista de correo:
> http://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
> Keko, poderías enviarlles unha mensaxe?
>
> Polo menos parece que hai arquivos:
> http://www.mail-archive.com/galician@mozdev.org/info.html  e
> http://www.mozdev.org/pipermail/galician/
>
> Deica
>
> > Saúdos.
> >
> >
> > 2013/4/30 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
> >>
> >> 2013/4/30 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> >> > Quen é capaz de asumir este proxecto?. Échenos máis que vital.
> >>
> >> Só por saber, cantos proxectos hai en Mozilla? Hai algún máis dos que
> >> hai en http://mozilla.locamotion.org/projects/ ?
> >>
> >> Pregúntoo porque ultimamente estanse migrando unha chea de idiomas
> >> cara alí desde o hg, narro e incluso launchpad. Xa debemos levar como
> >> unha ducia en dúas semanas, e estaba pensando que igual era boa idea
> >> migrar o galego para alí tamén xa que a priori parece máis sinxelo
> >> empregar o Pootle, aínda que sexa só para descargar e enviar
> >> traducións.
> >>
> >> Deica
> >>
> >> > 2013/4/29 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me>
> >> >>
> >> >> Ola.
> >> >>
> >> >> Véxome superado polos acontecementos e sobre todo por unha falta de
> >> >> interese en seguir traducindo software libre ao galego.
> >> >
> >> >
> >> > Inda que agardo que a retomes :)
> >> >
> >> >>
> >> >> Estou meditando tomar un tempo á marxe para ver que fago e se decido
> ou
> >> >> non continuar colaborando coa comunidade.
> >> >>
> >> >> Como xa informei tempo atrás, non son capaz de manter os produtos de
> >> >> mozilla actualizados e non fun capaz de artellar un método de
> traballo
> >> >> no
> >> >> que a xente puidera colaborar. Tentei crear un novo sitio para a
> >> >> comunidade
> >> >> pero tampouco o conseguín e por último, xa nin temos lista de correo
> en
> >> >> galician.mozdev.com. Desapareceu e non sei porque. Non tiven nin
> tempo
> >> >> nin
> >> >> gañas de saber que pasou, meus coñecementos en inglés para a
> escritura
> >> >> son
> >> >> moi limitados e impiden que saque adiante determinadas cousas ao non
> >> >> poder
> >> >> comunicarme cos responsábeis dos proxectos.
> >> >>
> >> >> Agora debería saír Firefox OS, e parece que ahí tamén vai haber
> >> >> traballo,
> >> >> xa que non teñen pensado que saia en moitos idiomas. O galego non
> está
> >> >> entre
> >> >> eles, pero ten pinta de que outros moitos tampouco, e vai haber
> jaleo.
> >> >>
> >> >> Así que espero que alguén lle interese, para chegado o momento poder
> >> >> presentalo aos responsábeis de localización de Mozilla e que esa
> persoa
> >> >> aprenda como se fan as cousas. De min pouco pode aprender, xa que eu
> >> >> fago
> >> >> todo manualmente e unha das súas tarefas será automatizar a forma de
> >> >> traballar e que a xente poida colaborar.
> >> >>
> >> >> Saúdos.
> >> _______________________________________________
> >> Proxecto mailing list
> >> Proxecto@trasno.net
> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> >
> >
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a