2013/4/30 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>:
> Ola.
>
> Hai algún máis. De entrada ahí falta Thunderbird, Calendar e SeaMonkey, que
> ao mellor non interesan, pero que si se están traducindo agora.

Hei preguntar por acó sobre eses proxectos á tarde. Ter unha lista
completa do que nos faría falta axudaríame.


> Vexo que parte das páxinas web tamén están e semella que o máis importante.
> Non acabo de entender moi ben Mozilla, pero ahí só están as cadeas que están
> na rama Aurora. Non sei se agora permiten que un sistema envíe traducións
> directamente ao repos, antes non, por iso tiven que abandonar Narro, ademais
> aínda se tería que verificar que todo está traducido correctamente e facer o
> sing-off.

Dixéronme que cada semana se sincronizaba cos repos. Cada venres
concretamente. Creo que a sincronización require algo de intervención
humana, pero non por parte dos equipos de tradución, senón por parte
de quen xestiona o servidor. Igual pregunto algo máis sobre o tema
este.


> Eu sempre traducín en central, a rama de desenvolvemento. Así, cando o tiña
> ao día, aos días de saír a nova versión, xa tiñas traducida a versión
> Aurora. En principio unha vez traducida esta, os cambios propáganse de
> versión en versión ata chegar a release. Supoño que collen aurora, porque
> así só teñen que sincronizar cada 6 meses as cadeas que hai que traducir, e
> non día a día como che obriga a traballar o repositorio central, xa que saen
> novas cadeas case que todos os días.

Como xa dixen a sincronización é semanal.


> Non sei como funciona isto, pero seguides precisando unha persoa que
> coordine, mínimo que se encargue de probar todas as traducións e darlle o
> OK. Supoño que un responsábel. E se hai algún fallo, solucionalo. E tamén
> atender os bugs que vaian saíndo que non sexan recollidos por este proxecto.
> Pero é unha boa idea, mágoa que non estivera montado antes. Xa fai tempo que
> non sigo as listas de Mozilla, na que se falaría sobre isto, coas súas
> vantaxes e inconvenientes, sería cuestión de buscar que dixeron e como
> quedou o asunto.

Creo que sería conveniente que te enteres de se se falou diso.
Primeiro precisamos saber como están as cousas. Despois intentar
simplificar un chisco todo isto. Igual despois aparece alguén disposto
a facerse cargo.

Habería que preguntar tamén que pasou con Mozdev. Onte estiven
remexendo por aí e o sitio aínda segue activo, o proxecto segue
listado, pero non fun quen de atopar a lista de correo:
http://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

Keko, poderías enviarlles unha mensaxe?

Polo menos parece que hai arquivos:
http://www.mail-archive.com/galician@mozdev.org/info.html  e
http://www.mozdev.org/pipermail/galician/

Deica

> Saúdos.
>
>
> 2013/4/30 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>
>> 2013/4/30 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
>> > Quen é capaz de asumir este proxecto?. Échenos máis que vital.
>>
>> Só por saber, cantos proxectos hai en Mozilla? Hai algún máis dos que
>> hai en http://mozilla.locamotion.org/projects/ ?
>>
>> Pregúntoo porque ultimamente estanse migrando unha chea de idiomas
>> cara alí desde o hg, narro e incluso launchpad. Xa debemos levar como
>> unha ducia en dúas semanas, e estaba pensando que igual era boa idea
>> migrar o galego para alí tamén xa que a priori parece máis sinxelo
>> empregar o Pootle, aínda que sexa só para descargar e enviar
>> traducións.
>>
>> Deica
>>
>> > 2013/4/29 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me>
>> >>
>> >> Ola.
>> >>
>> >> Véxome superado polos acontecementos e sobre todo por unha falta de
>> >> interese en seguir traducindo software libre ao galego.
>> >
>> >
>> > Inda que agardo que a retomes :)
>> >
>> >>
>> >> Estou meditando tomar un tempo á marxe para ver que fago e se decido ou
>> >> non continuar colaborando coa comunidade.
>> >>
>> >> Como xa informei tempo atrás, non son capaz de manter os produtos de
>> >> mozilla actualizados e non fun capaz de artellar un método de traballo
>> >> no
>> >> que a xente puidera colaborar. Tentei crear un novo sitio para a
>> >> comunidade
>> >> pero tampouco o conseguín e por último, xa nin temos lista de correo en
>> >> galician.mozdev.com. Desapareceu e non sei porque. Non tiven nin tempo
>> >> nin
>> >> gañas de saber que pasou, meus coñecementos en inglés para a escritura
>> >> son
>> >> moi limitados e impiden que saque adiante determinadas cousas ao non
>> >> poder
>> >> comunicarme cos responsábeis dos proxectos.
>> >>
>> >> Agora debería saír Firefox OS, e parece que ahí tamén vai haber
>> >> traballo,
>> >> xa que non teñen pensado que saia en moitos idiomas. O galego non está
>> >> entre
>> >> eles, pero ten pinta de que outros moitos tampouco, e vai haber jaleo.
>> >>
>> >> Así que espero que alguén lle interese, para chegado o momento poder
>> >> presentalo aos responsábeis de localización de Mozilla e que esa persoa
>> >> aprenda como se fan as cousas. De min pouco pode aprender, xa que eu
>> >> fago
>> >> todo manualmente e unha das súas tarefas será automatizar a forma de
>> >> traballar e que a xente poida colaborar.
>> >>
>> >> Saúdos.
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a