2013/4/30 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> Quen é capaz de asumir este proxecto?. Échenos máis que vital.

Só por saber, cantos proxectos hai en Mozilla? Hai algún máis dos que
hai en http://mozilla.locamotion.org/projects/ ?

Pregúntoo porque ultimamente estanse migrando unha chea de idiomas
cara alí desde o hg, narro e incluso launchpad. Xa debemos levar como
unha ducia en dúas semanas, e estaba pensando que igual era boa idea
migrar o galego para alí tamén xa que a priori parece máis sinxelo
empregar o Pootle, aínda que sexa só para descargar e enviar
traducións.

Deica

> 2013/4/29 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me>
>>
>> Ola.
>>
>> Véxome superado polos acontecementos e sobre todo por unha falta de
>> interese en seguir traducindo software libre ao galego.
>
>
> Inda que agardo que a retomes :)
>
>>
>> Estou meditando tomar un tempo á marxe para ver que fago e se decido ou
>> non continuar colaborando coa comunidade.
>>
>> Como xa informei tempo atrás, non son capaz de manter os produtos de
>> mozilla actualizados e non fun capaz de artellar un método de traballo no
>> que a xente puidera colaborar. Tentei crear un novo sitio para a comunidade
>> pero tampouco o conseguín e por último, xa nin temos lista de correo en
>> galician.mozdev.com. Desapareceu e non sei porque. Non tiven nin tempo nin
>> gañas de saber que pasou, meus coñecementos en inglés para a escritura son
>> moi limitados e impiden que saque adiante determinadas cousas ao non poder
>> comunicarme cos responsábeis dos proxectos.
>>
>> Agora debería saír Firefox OS, e parece que ahí tamén vai haber traballo,
>> xa que non teñen pensado que saia en moitos idiomas. O galego non está entre
>> eles, pero ten pinta de que outros moitos tampouco, e vai haber jaleo.
>>
>> Así que espero que alguén lle interese, para chegado o momento poder
>> presentalo aos responsábeis de localización de Mozilla e que esa persoa
>> aprenda como se fan as cousas. De min pouco pode aprender, xa que eu fago
>> todo manualmente e unha das súas tarefas será automatizar a forma de
>> traballar e que a xente poida colaborar.
>>
>> Saúdos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a