>  Unha das avantaxes de "ruta" é que ten catro letras, igual que "path".
> Pensade que a palabra "path" adoita aparecer en sitios con espazo bastante
> reducido, así que que ocupe o mesmo espazo é unha grande avantaxe.

Eu o que non acabo de entender son as desvantaxes de "ruta". É correcta. Diría 
que é a máis común na fala informática, polo menos con respecto a "camiño". A 
única que escoito máis que "ruta" é "directorio", pero creo que o uso dunha ou 
doutra corresponde a situacións distintas (diría que "directorio" é a forma de 
dicir "cartafol" facendo referencia á "ruta" completa do cartafol).

Responderlle a