2010/1/6 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
>> Mirando as traducións de path sorprendeume a cantidade de veces que se
>> traduciu como "camiño" en vez de como "ruta" (ou "rota"). É ben certo
>> que nalgún contexto se usou "camiño", como se fixo no contexto das
>> imaxes vectoriais, pero por que razón usades "camiño" nos outros
>> contextos?
>
> Revisando esto, eu esto non o teño particularmente claro:
>
> * path
>  - debuxo vectorial > camiño
>  - sistema de ficheiros > ruta/rota
>      ~> it. percorso
>      ->  fr. chemin d'accès
>        *  es. ruta
>      ->  ct. camí
>      ->  pt_PT caminho (++), localização (-)
>      ->  pt_BR caminho (+++), localização ( --)
>
> co que igual nos deberíamos adaptar e empregar camiño para ambos contextos
>
> e logo temos cando se di algo como "chose the _path_ to save...", que penso
> que sería mellor, nos DE, e obviamente segundo o contexto, naturalizalo e
> dicir "escolla en que _cartafol_ quere gardar..."

Poñendo algunha acepción:

Camiño: http://digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=11890
Ruta: http://digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=56930

Despois de ler todo iso, a verdade é Miguel Bouzada atinou ao chantar
o seu debuxiño :)

Preferir prefiro "ruta", e xa de entrada descarto "rota", e "camiño"
prefiro non usalo porque:

a) estou máis afeito a "ruta"
b) non teño ganas de buscar outra tradución para "path" en debuxo
vectorial, aínda que se alguén se anima...
c) Jacobo di que ten menos letras "ruta" e estou de acordo

Despois de abraiarvos cas miñas estúpidas razóns direi ademais que
despois de consultalo co digalego, ferramenta moi útil no noso día a
día a pesar das súas carencias, entendo que ruta é un subconxunto de
camiño, algo que podo explicar mellor ca seguinte frase:

Camiños haber hai moitos, pero ao usuario só lle interesa o que leva
ao seu ficheiriño, é dicir, a ruta do ficheiriño.

Agardo que alguén escriba razóns con mellor xustificación que as
miñas, porque senón moi lonxe non imos ir.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a