Boas:

En 2010/01/07 16:42, Adrián Chaves Fernández escribiu:
  Unha das avantaxes de "ruta" é que ten catro letras, igual que "path".
Pensade que a palabra "path" adoita aparecer en sitios con espazo bastante
reducido, así que que ocupe o mesmo espazo é unha grande avantaxe.

Eu o que non acabo de entender son as desvantaxes de "ruta". É correcta. Diría
que é a máis común na fala informática, polo menos con respecto a "camiño". A
única que escoito máis que "ruta" é "directorio", pero creo que o uso dunha ou
doutra corresponde a situacións distintas (diría que "directorio" é a forma de
dicir "cartafol" facendo referencia á "ruta" completa do cartafol).


Eu non lle vexo desvantaxe ningunha a ruta igual que tampouco lla vexo a camiño. Para min o de que é mais común na fala informática non é un criterio de elección (habería que analizar o contexto). Neste caso, e seguindo o famoso algoritmo, para min está claro que hai que tender cara o emprego de camiño. Si, é mais longo que ruta, pero tampouco é tanto máis longo. Isto non parece que fora un problema en outras linguas, no galego non ten porque ser distinto.

Responderlle a