> Boas:
> 
> En 2010/01/07 16:42, Adrián Chaves Fernández escribiu:
> >>   Unha das avantaxes de "ruta" é que ten catro letras, igual que "path".
> >> Pensade que a palabra "path" adoita aparecer en sitios con espazo
> >> bastante reducido, así que que ocupe o mesmo espazo é unha grande
> >> avantaxe.
> >
> > Eu o que non acabo de entender son as desvantaxes de "ruta". É correcta.
> > Diría que é a máis común na fala informática, polo menos con respecto a
> > "camiño". A única que escoito máis que "ruta" é "directorio", pero creo
> > que o uso dunha ou doutra corresponde a situacións distintas (diría que
> > "directorio" é a forma de dicir "cartafol" facendo referencia á "ruta"
> > completa do cartafol).
> 
> Eu non lle vexo desvantaxe ningunha a ruta igual que tampouco lla vexo a
> camiño. Para min o de que é mais común na fala informática non é un
> criterio de elección (habería que analizar o contexto).
> Neste caso, e seguindo o famoso algoritmo, para min está claro que hai
> que tender cara o emprego de camiño. Si, é mais longo que ruta, pero
> tampouco é tanto máis longo. Isto non parece que fora un problema en
> outras linguas, no galego non ten porque ser distinto.

Que algoritmo de elección estamos seguindo? Que fai "camiño" unha mellor 
elección?

Responderlle a