Boas:
Estaba a pensar no do Manual de Localizar 09c
Polo que entendín é que se hai un mesmo termo en galego e coincide o significado co mesmo termo en portugués tendese a elixir ese.
Por ese motivo a escolla de xanela fronte a ventá e fiestra.
Anexo unha imaxe.

Eu non teño nada clara a distinción que facedes entre camiño e ruta.
E ainda que existise non teño claro tampouco que dita diferenciación fose criterio de elección.

Non esquezamos que partimos deste correo de Miguel:


>Revisando esto, eu esto non o teño particularmente claro:
>
> * path
>  - debuxo vectorial > camiño
>  - sistema de ficheiros > ruta/rota
>       ~> it. percorso
>       ->  fr. chemin d'accès
>         *  es. ruta
>       ->  ct. camí
>       ->  pt_PT caminho (++), localização (-)
>       ->  pt_BR caminho (+++), localização ( --)


saúdos


En 2010/01/07 17:08, Adrián Chaves Fernández escribiu:
Boas:

En 2010/01/07 16:42, Adrián Chaves Fernández escribiu:
   Unha das avantaxes de "ruta" é que ten catro letras, igual que "path".
Pensade que a palabra "path" adoita aparecer en sitios con espazo
bastante reducido, así que que ocupe o mesmo espazo é unha grande
avantaxe.

Eu o que non acabo de entender son as desvantaxes de "ruta". É correcta.
Diría que é a máis común na fala informática, polo menos con respecto a
"camiño". A única que escoito máis que "ruta" é "directorio", pero creo
que o uso dunha ou doutra corresponde a situacións distintas (diría que
"directorio" é a forma de dicir "cartafol" facendo referencia á "ruta"
completa do cartafol).

Eu non lle vexo desvantaxe ningunha a ruta igual que tampouco lla vexo a
camiño. Para min o de que é mais común na fala informática non é un
criterio de elección (habería que analizar o contexto).
Neste caso, e seguindo o famoso algoritmo, para min está claro que hai
que tender cara o emprego de camiño. Si, é mais longo que ruta, pero
tampouco é tanto máis longo. Isto non parece que fora un problema en
outras linguas, no galego non ten porque ser distinto.

Que algoritmo de elección estamos seguindo? Que fai "camiño" unha mellor
elección?


<<attachment: algoritmo.png>>

Responderlle a