[out topic] A ver a ver...

2009-11-12 Conversa Adrián Chaves Fernández
http://muycomputer.com/Actualidad/Noticias/La-UE-dice-no-a-Oracle- Sun/_wE9ERk2XxDAAIXUgHsddHEtML6r7vMrrcaiPIYNNEjc-tzBIQ0jPgfiA83Dw0RI-

Re: [terminoloxía] Build Service

2009-11-12 Conversa Adrián Chaves Fernández
Ola a todos: Build Service déixase así ou tradúcese como Servizo de compilación (construción)? Grazas. Un saúdo: Manuel A. Vázquez No contexto axeitado, eu o traduciría como suxires.

Re: [terminoloxía] Build Service

2009-11-12 Conversa Adrián Chaves Fernández
Este é o contexto: Get Software from the openSUSE Build Service Pertence á páxina para descargarse openSUSE Grazas Nese contexto eu non optaría por esa tradución. http://en.opensuse.org/Build_Service De acordo con esa wiki entendo que o obxectivo é facilitarlle a vida aos desenvolvedores

Re: [VOTACIÓN] Apoiamos ás OSL das Universidades Galegas?

2009-11-12 Conversa Adrián Chaves Fernández
Por min adiante (a todas).

Re: =?UTF-8?Q?[terminolox=c3=ada] maintainer = mantenedor ??=

2009-11-10 Conversa Adrián Chaves Fernández
De feito, se nos poñemos seriamente, estou seguro que concordariades TODOS COMIGO que o máis propio sería o noso secular tedor... :-D Seriamente, hai que o usa. De todos xeitos, eu tamén uso mantedor, e tamén me soa raro «mantenedor».

Re: [terminoloxía] Technology Preview

2009-11-09 Conversa Adrián Chaves Fernández
Avance de concepto Proba conceptual Proba de avance Avance de desenvolvemento O problema que lle vexo a proba técnica é o feito de que non se relaciona necesariamente con ser unha proba de idea en desenvolvemento Entendo que se refire a que é un pequeno adianto para termos unha idea do

Re: [terminoloxía] Technology Preview

2009-11-09 Conversa Adrián Chaves Fernández
Nun aplicativo en fase inicial (v 0.7) This is a Technology Preview release, do not expect it to be perfect. Que vos parece traducir Technology Preview como proba tecnica? Algunha outra idea? Avance de concepto Proba conceptual Problema: «concept test» Proba de avance

Re: [terminoloxía] plain text

2009-11-06 Conversa Adrián Chaves Fernández
A min o de «texto sen formato» ou «texto simple»... creo que dependerá moito da situación. Por exemplo: o texto do openoffice non é texto [non simple] sen formato? E o html texto simple con formato?

Re: [dúbida]A facer caldo

2009-11-06 Conversa Adrián Chaves Fernández
Quero recordar que o Manual é un compendio de colaboracións de Imaxín, TagenAta, as de Mancomun, Trasno, Habería que facer algo co tema da guía de estilo ou manual de localización... polo pronto podiamos ir xuntando as diferentes guías de estilo que se fixeron: Xis, Trasno,

Re: [terminoloxía] plain text

2009-11-06 Conversa Adrián Chaves Fernández
*Rich text*, also referred to as *styled text*, consists of plain text plus *additional information in binary format*, such as about fonts, language identifiers and margins. Disto falaba eu, neste contexto eu traduciría «plain text» como «texto simple», non como texto sen formato.

Re: [terminoloxía] plain text

2009-11-06 Conversa Adrián Chaves Fernández
texto simple/enriquecido (desde o p.d.v. da lexibilidade por un humano) texto plano/interpretado (desde o punto de vista da máquina) Se por punto de vista do humano te refires ao texto que leva ou non etiquetas, quizá poida valer. Pero non me convence plano/interpretado para o puro/con

Re: [terminoloxía] plain text

2009-11-06 Conversa Adrián Chaves Fernández
Se un documento html o abrimos cun editor (visor) de texto simple, as marcas/etiquetas son de texto simple, non hay marcas nin etiquetas, so texto sen formato, o que fai que o texto teña formato é cando o abrimos cun editor visor de html, no que non veremos o texto puro, senón o texto

Re: [terminoloxia] transcode

2009-11-06 Conversa Adrián Chaves Fernández
O contexto é nun programa de gravación de CDs, onde se pasan os ficheiros de son a outro formato (wav a mp3 ou o que sexa). Concretamente o que se fará será descomprimir os sons, é dicir, pasalos a son en bruto, e a continuación comprimilos cun formato distinto. O paso intermedio é o que

Re: [terminoloxía] plain text

2009-11-05 Conversa Adrián Chaves Fernández
Mira ho!, que chiripa!: resulta que estou a empregar o de texto simple (e eu sen sabelo :-) http://en.gl.open-tran.eu/suggest/%22plain%20text%22 @Marce: E iso de texto simples? Entre as tres opcións: texto simple, texto plano, texto sen formato case me decantaría pola última... Xa me

[kde] KOrganizer

2009-11-04 Conversa Adrián Chaves Fernández
@Marce: Existía unha lista de quen traduce que de KDE? NOTA: é moi probable que a suposta lista sexa froito da miña imaxinación. @[o tradutor do KOrganizer] Utilizando o aplicativo atopeime coa cadea: «Alternar as tarefas completadas» O contexto é o seguinte: Ao premer co botón dereito do

Re: [kde] KOrganizer

2009-11-04 Conversa Adrián Chaves Fernández
A tradución actual paréceme algo confusa. Ocórrenseme alternativas do tipo: «Completa/incompleta» «Marcar coma (in)completa» «Marcar coma completa/incompleta» «Alternar completa/incompleta» Pouco máis se me ocorre sen coñecer a cadea orixinal, Toggle To-do Complete Located in

Re: [kde] KOrganizer

2009-11-04 Conversa Adrián Chaves Fernández
2009/11/4 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com: @Marce: Existía unha lista de quen traduce que de KDE? Existía, pero elimineina porque estaba desactualizada, a aproximación máis fiábel que hai é a que poño de cando en cando nesta rolda. Ás moi duras, mira en Axuda-Acerca

Re: [terminoloxía] second hand

2009-11-04 Conversa Adrián Chaves Fernández
Boas. Como traducimos ese termo. En castelán empregan segundero. A min non se me ocorre nada. This example shows how to create an analog clock with an animated second Nin o VolGa nin o DRAG tragan segundero ou segundeiro. «Agulla dos segundos»?

Re: [SISTEMA] Unha visión da infraestructura (1/2)

2009-11-04 Conversa Adrián Chaves Fernández
2009/11/4 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com: 2009/11/4 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com O Lurker só é para ver os arquivos. O sistema de listas de correo é Enemies of Carlotta. Si, certo, mesturei as cousas. Con iso de que o mailman tamén permite ver os

Re: [terminoloxía] thumbnailer

2009-11-04 Conversa Adrián Chaves Fernández
Traducímolo como miniaturizador? Así de primeiras non me desgusta, pero estou aberto a outras opcións, conste.

Re: [terminoloxía] thumbnailer

2009-11-04 Conversa Adrián Chaves Fernández
2009/11/4 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com Traducímolo como miniaturizador? Sempre que vin ese termo era sinónimo de ver en miniatura/ver miniaturas e creo que o teño traducido así ou simplemente como miniaturas Eu pensei que falaba do programa que xera as miniaturas

Re: AMSN

2009-11-03 Conversa Adrián Chaves Fernández
2009/11/3 Indalecio Freiría Santos ifrei...@gmail.com: Xa quedou actualizado o aMSN, e de paso comenteille a esta xente a posibilidade de que se pasaran a Gettext. Contestáronme isto: Using gettext now would involve too much work but for not much. However, for amsn2, we plan on using

Re: [Terminoloxía] self hosted

2009-11-03 Conversa Adrián Chaves Fernández
Isto de auto aloxados aloxados en si mesmo como que non encaixa. Supporting self hosted Laconica websites. Máis que aloxados en si mesmo, aloxados por un mesmo, autoxestionados. Vamos, que digo eu que se refire a montar un servidos pola túa conta.

Re: Bouzada voltouse tolo aka DDTP

2009-11-03 Conversa Adrián Chaves Fernández
O bo é que ese traballo igual se pode reaproveitar noutras distros, ou polo menos en Debian, non? Máis nos vale, como haxa que repetir algo así en Debian...

Re: Narro

2009-11-03 Conversa Adrián Chaves Fernández
http://code.google.com/p/narro/ http://narro-project.blogspot.com/ Pinta ben, si señor

OUSLI

2009-11-02 Conversa Adrián Chaves Fernández
Algún trasnego de OUSLI?

Re: OUSLI

2009-11-02 Conversa Adrián Chaves Fernández
É que vin que OUSLI está marcada como a encargada da tradución de Piwik, que está ao 65%. Vou estar algo liado unhas semanas entre revisar kdegames e revisar/traducir outros videoxogos, pero cando teña tempo non me importaría colaborar convosco na tradución da aplicación. Instaleina no

Re: Güindous en galego

2009-11-01 Conversa Adrián Chaves Fernández
2009/11/1 Indalecio Freiría Santos ifrei...@gmail.com Xa, pero é que non quería pasar polo mal trago de meter ese virus no meu computador xD se é para probas, podes facelo cunha MV, iso no caso de que teñas o instalador de virus :) Cando dixeches iso recordei que virtualizara un

Re: Güindous en galego

2009-11-01 Conversa Adrián Chaves Fernández
Eu non o teño, pero podes descargar o paquete de localización desde aquí: http://www.imaxin.com/descargas.asp Algunha fonte externa a Microsoft para instalar o paquete de localización? O de Imaxin liga a Microsoft, e obriga a unha validación que como algún imaxinará non pasei. En todo

Re: Güindous en galego

2009-11-01 Conversa Adrián Chaves Fernández
executa ese adxunto a ver se así cho recoñece como genuino ? «Esta copia de Windows no ha superado el proceso de validación original». Síntovolo. A ver se algún dos que traballa en institutos o pode probar tras a fin de semana. Un saúdo!

Re: Güindous en galego

2009-11-01 Conversa Adrián Chaves Fernández
Eu teño un Vista galeguizado (orixinal, si) nun dos portátiles. Se me pasas o enlace ó programa ese fágoche de cobaia. Telo en https://sourceforge.net/projects/sofastatistics/files/sofastatistics/0.8.10/sofa-0.8.10_python-2.6_for_win.zip/download Agora a correr na roda! XD

Re: novo por aquí

2009-10-31 Conversa Adrián Chaves Fernández
Xa me puxen a fedellar co Lokalize; é unha marabilla. Tamén estou a intentar facer a copia inicial dos repositorios con Subversion (pero no caso do de KDE chega un intre no que se atranca...) É posible, pasoume xa algunha vez cunha descarga SVN (non sei se con KDE me pasou algunha vez). Se

Re: novo por aquí

2009-10-31 Conversa Adrián Chaves Fernández
No que eu estudo tamén. Iso si. Xamais o usei, os profesores non están preparados, so ensinan, cousas de MS e tamén falan de craquear, en fin... E se formulas a posibilidade de empregar SwL dinche, que se queres... pero que tamén tes que facelo cos produtos de MS, é dicir: Se es un pringao

Re: novo por aquí

2009-10-30 Conversa Adrián Chaves Fernández
[1] Jeje, collédelo? Merda... :S Non o pillo. Pero non mo expliquedes! Prefiro vivir dignamente na miña ignorancia! XD

Re: [dúbidas]

2009-10-30 Conversa Adrián Chaves Fernández
Imaxino que haberá algunha outra explicación da variable na que o desenvolvedor non puido facer un xogo así (ou iso espero), pero sempre che queda o que dis ti: %ti (tempo)

Re: novo por aquí

2009-10-30 Conversa Adrián Chaves Fernández
Ol: Desde o lado doce da vida (Suse)[ grazas, marce], estamos con ganas de darche toda a axuda que precises... Neste intre estamos no 66% da tradución (hai algo máis dun ano estabamos no 11%), ademais hai cousas que debemos revisar (hai ficheiros sen actualizar desde o 2002)... pero temos

Re: [terminoloxia] blockquote

2009-10-29 Conversa Adrián Chaves Fernández
Miguel Bouzada escribiu: 2009/10/28 damufo dam...@gmail.com mailto:dam...@gmail.com Boas Xosé escribiu: Hai moitos anos traducín a especificación HTML 4.01 (http://www.w3.org/MarkUp/html4-updates/translations#Galician) que, evidentemente, hoxe

Re: [Asociación] Trasno 2.0

2009-10-29 Conversa Adrián Chaves Fernández
Eu unha cousa que si que pediría sería que o seguinte wiki usase o formato que usa a Wikipedia, máis que nada porque estou moito máis familiarizado (o de trasno.net só o dou usado a copypastes)

Re: [terminoloxía] - Out of the box

2009-10-28 Conversa Adrián Chaves Fernández
2009/10/27, Antón Méixome cert...@certima.net: 2009/10/27 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com: [...] lera (como é o pretérito do subxuntivo de ler?) [...] Coido que o escribiches ben. Eu tamén opino que o dixeches ben e a gramática galega non protestou. Así que debe ser

Re: [terminoloxia] blockquote

2009-10-28 Conversa Adrián Chaves Fernández
Non teño eu claro que a diferencia entre q e blockquote sexa a * extensión* do contido, senon máis ben o *tipo* de contido que encerran. Se entendín ben, as etiquetas blockquote e /blockquote poden conter elementos de bloque e as etiquetas q e /q non, independentemente da extensión do

Re: [terminoloxia] datatime

2009-10-28 Conversa Adrián Chaves Fernández
El 28 de octubre de 2009 15:05, Indalecio Freiría Santos ifrei...@gmail.com escribió: Como traduciriades isto? is not a valid datetime. Enter a valid date/ datetime e.g. 31/3/2009 or 2:30pm 31/3/2009 Algo así como: Non é un selo temporal válido. Introduce un selo

Re: novo por aquí

2009-10-28 Conversa Adrián Chaves Fernández
Ola a todos, son Chema e gustaríame colaborar convosco nesta gran iniciativa da que xa me estou a beneficiar como usuario. Son novo no tema da tradución de software, pero na medida das miñas posibilidades (e sobre todo, do pouco tempo que lle poderei adicar...), coido poder aportar o meu

Re: [terminoloxia] blockquote

2009-10-28 Conversa Adrián Chaves Fernández
pqIsto non pinta nada ben.../q, dixo alguén unha vez, e outra persoa dixo outra vez iso de:/p En este exemplo as etiquetas q e /q están dentro das etiquetas de párrafo p e /p... blockquoteAi! Como chove! Ai! Como venta! Como se molla a tía Vicenta!/blockquote ... en cambio, este

Re: [terminoloxia] blockquote

2009-10-28 Conversa Adrián Chaves Fernández
Boas Xosé escribiu: Hai moitos anos traducín a especificación HTML 4.01 (http://www.w3.org/MarkUp/html4-updates/translations#Galician) que, evidentemente, hoxe en día está desfasada. Daquela traducira blockquote como citación longa e Q como citación curta (debera ser cita). Só

Re: After the deadline: corrector ortográfico, gramatical en liña mediante javascript

2009-10-27 Conversa Adrián Chaves Fernández
Boas, acabo de despertar (por cuarta vez ou así, vaia dia) e faltame bastante para estar ao 100%, pero: http://open.afterthedeadline.com/how-to/get-started/ parece que o servidor tamén se pode descargar... ou non? E non sei onde o lin, que xa non o atropo, pero creo recordar unha

Re: [terminoloxía] - Out of the box

2009-10-27 Conversa Adrián Chaves Fernández
Boas, Falouse algunha vez da frase out of the box, ou out-of-the-box ? Normalmente, a cousa será algo como de serie, ou, sendo máis literais, de paquete (segundo sae da caixa). A única referencia, no corpus de mancomun, traduciuse como perfectamente: + Convenience Pack 2 or

Re: [terminoloxía] - Out of the box

2009-10-27 Conversa Adrián Chaves Fernández
[...] lera (como é o pretérito do subxuntivo de ler?) [...] Coido que o escribiches ben. [...] case valería a pena, por tentar atraer a máis xente ao eido da tradución de SL e tal... pola vía de atraelos antes a seren usuarios de SL, vaia. Supoño que mentres o software traducido en si mesmo

Re: [Nomes das teclas]

2009-10-26 Conversa Adrián Chaves Fernández
A verdade é que as traducións do borrador parécenme bastante axeitadas. Se vos parece podemos basearnos nel. Está baixo algunha licenza concreta (por se hai inconveniente en subir a trasno.net unha copia en recursos)?

Re: [Nomes das teclas]

2009-10-26 Conversa Adrián Chaves Fernández
http://www.scribd.com/docinfo/2920316?access_key=key-44eeudxjbqtxw9k8j93 CC attribution Non-commercial Guía de estilo para a localización de software ao galego elaborada por Xusto A. Rodríguez Río e Xosé A. Rubal López. :| Moito apego lle ten á xente á NC...

Re: Erros no Hunspell

2009-10-26 Conversa Adrián Chaves Fernández
O corrector non está baseado máis que no que se fixo para o OpenOffice.org no seu día. Poderías indicarnos cal é esa versión de Miguel Solla?? máis que nada por comparar e ver de unificar esforzos.. A verdade é que parece axeitado xuntar esforzos sempre que sexa posíbel. Teño entendido

Re: Un Novo

2009-10-24 Conversa Adrián Chaves Fernández
2009/10/23 Anxo Outeiral Vidal bassbal...@gmail.com: Teño unha errata no meu texto, cando puxen administrador de sistemas informáticos trabuqueime, e quería poñer técnico de desenvolvemente de aplicación informáticas. Boas Leandro, pois coma aínda non estou metido no mundillo este,

Re: PhpMyAdmin

2009-10-24 Conversa Adrián Chaves Fernández
Eu obteño o ficheiro en sourceforge e envíollo ao bugtracker de phpMyAdmin. Polo que vexo, Jacobo preparou os po de debian. Non sei por que desapareceu o meu nome. Comeceino a traducir hai moitos anos: http://trasno.net/lurker/message/20010830.002238.8a6c8f4b.gl.html ... antes da

Hunspell en galego

2009-10-24 Conversa Adrián Chaves Fernández
Alguén podería indicarme de onde obter os ficheiros do hunspell en galego? Quero facer un paquete para Arch Linux

Hunspell

2009-10-24 Conversa Adrián Chaves Fernández
Bueno, pois isto non vai. Nin Kmail nin Lokalize son capaces de usar o corrector. Preguntei nos foros de Chakra (un mod de kde para arch) a ver se saben algo. Eu imaxino que o KDE dos repositorios non está configurado para usar hunspell. O Lokalize menciona na saída de consola que non atopou o

[Hunspell] SIIIIIIII

2009-10-24 Conversa Adrián Chaves Fernández
Conseguino! Nesta wiki: http://wiki.laptop.org/go/Talk:Dictionaries descubrín que enchant busca os dicionarios en /usr/share/enchant/myspell. Así que bastoume unha ligazón para solucionalo: $ sudo ln -s /usr/share/myspell /usr/share/enchant/myspell Agora a ver se contancto co que compila o

Erros no Hunspell

2009-10-24 Conversa Adrián Chaves Fernández
Existe algún mantedor oficial do paquete ao que poder enviarlle os erros do dicionario? Porque non me deixa escribir fuxe (forma correcta do imperativo).

Re: Erros no Hunspell

2009-10-24 Conversa Adrián Chaves Fernández
Obviamente é un erro, delicado pero un erro. E digo delicado porque é máis ben unha limitación, incluír fuxe como correcto levará a que quen escriba O can **fuxe como levado dos demos pasará sen dar aviso. Mándao a Mancomún, a g...@mancomun.org ou ben a manco...@mancomun.org. Estamos a

Laconica / Status.net

2009-10-23 Conversa Adrián Chaves Fernández
Oh! Xa o estades a traducir! Bueno, Fran enviou a 0.5 e mvazquez as seguintes. Pois nada, máis tempo para outras traducións :)

Re: [Nomes das teclas]

2009-10-22 Conversa Adrián Chaves Fernández
2009/10/22 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com Sobre nomes de teclas consultade tamén este traballo de Xusto http://www.scribd.com/doc/2920316/Borrador-da-Guia-de-estilo-para-a-local izacion-de-software Iso mesmo pero en pdf para descargar

Re: [Nomes das teclas]

2009-10-22 Conversa Adrián Chaves Fernández
Pois veña. A miña idea é comezar discutindo cinco teclas e logo ir aumentando a medida que cheguemos a acordos. A orde é a do PDF (cuxo autor xa foi mencionado na lista se ben non o atopei no documento). Denominación completa en inglés: alt key, alternate key Denominación completa en galego:

Neverball traducido

2009-10-21 Conversa Adrián Chaves Fernández
Acabo de rematar a tradución do Neverball, que para quen non o coñeza trátase dun metaxogo que inclúe dous xogos en tres dimensións, un xogo arcade cunha bóla e un xogo de mini golf (atopo este último bastante entretido para xogar con máis xente ;) Xa lle creei unha páxina na wiki do proxecto.

Re: Neverball traducido

2009-10-21 Conversa Adrián Chaves Fernández
Acabo de rematar a tradución do Neverball, que para quen non o coñeza trátase dun metaxogo que inclúe dous xogos en tres dimensións, un xogo arcade cunha bóla e un xogo de mini golf (atopo este último bastante entretido para xogar con máis xente ;) Xa lle creei unha páxina na wiki do

Re: NetBeans no proxecto trasno

2009-10-21 Conversa Adrián Chaves Fernández
Perdón, corrección correción?

Re: keko - Presentación ao grupo

2009-10-21 Conversa Adrián Chaves Fernández
Boas. Son Enrique Estévez, máis coñecido por Keko. Benvido! O outro proxecto interesante é centralizar o tema da tradución das Creative Commons (xa que a xente case non emprega as cc en galego e ten as ligazóns a de castelán), xa que teño contacto directo co que leva o tema en España e

Re: Molestan os correos de openoffice e Mozilla ?

2009-10-21 Conversa Adrián Chaves Fernández
Eu en certo modo agradezo ter novas ao respecto :)

Novas Mancomún

2009-10-20 Conversa Adrián Chaves Fernández
Mancomún xa se fixox eco da nova :) http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/constituese-a- asociacion-cultural-para-a-galeguizacion-de-software-libre-proxecto-trasno/

Re: [terminoloxía] Puntos cardinais

2009-10-20 Conversa Adrián Chaves Fernández
Eu creo que Nordés non é un punto cardinal, é un vento. Si, nordés e nórdico son adxectivos.

Re: [Dúbida] Refactorizar?

2009-10-20 Conversa Adrián Chaves Fernández
Se non hai problema entón usamos refactorizar directamente? Por min ben. -1 (máis certo que 1 ;)

Re: Aclaracións Ficheiro, arquivo

2009-10-19 Conversa Adrián Chaves Fernández
Un file tradúcese como arquivo cando é ou son un conxunto de ficheiros e cartafoles comprimidos. NOTA: Coido que os .tar non están comprimidos, pero son arquivo. Arquivo sería como un ficheiro que fai de cartafol, por dicilo dqalgún xeito.

Re: O espírito de Mancomún sobrevive fóra da Xunta

2009-10-19 Conversa Adrián Chaves Fernández
http://www.xornal.com/artigo/2009/10/18/sociedad/espirito-mancomun-sobreviv e- fora-da-xunta/2009101823180847953.html espero que se indixeste co café quen redactou isto O primeiro parágrafo xa doe...

Re: Dende

2009-10-19 Conversa Adrián Chaves Fernández
Na miña terra pasa co galego como co inglés: lese distinto a como se escribe. Así: - escríbese dende, pero pronúnciase desde - escríbese gato pero lese jato (non, non se le ghato. na miña terra non) - escríbese concello pero lese ayuntamiento - escríbese xanela pero lese ventana e máis

Re: Aclaracións Ficheiro, arquivo

2009-10-19 Conversa Adrián Chaves Fernández
Sigo a ser da idea de que directorio se refire á xerarquía de ficheiros e cartafol á metáfora da interface gráfica. O directorio /home/eu/Documentos é único Documentos, como cartafol, pode aparecer no escritorio, no directorio persoal, nos diálogos de selección de ficheiros,... e, no meu

Re: Déjà vu

2009-10-19 Conversa Adrián Chaves Fernández
A min si que me chegou. A min tamén me chegara. Que resposta esperabas? XD

Re: Logotipo de Trasno

2009-10-19 Conversa Adrián Chaves Fernández
O Luns 19 Outubro 2009 12:27:09 Fran Diéguez escribiu: Xa falei con Denís e comprometeuse a facer unha aportación no deseño do Logotipo da asociación. Saúdos vai anexo o svg. Dalle miles de grazas a Denís! Admito que de primeira vista só notei a diferencia nas letras do nome do

Re: Iceweasel

2009-10-19 Conversa Adrián Chaves Fernández
Boas, Alguén sabe se hai o Iceweasel en galego? Pódeselle adaptar o paquete de idioma do Firefox? Un saúdo. Resultaríame moi extraño que os propios desenvolvedores do Iceweasel non o fixesen xa eles (adaptar o paquete do Firefox). Teño entendido que Iceweasel é a Firefox coma Galinux é a

Re: [vCard]Eu

2009-10-19 Conversa Adrián Chaves Fernández
Olá, ei-la miña información de contacto. Que te refiras a Trasno como a túa profesión pode pasar. Que poñas trasno.net coma enderezo do teu sitio web persoal... XD

Re: [Dúbida] Refactorizar?

2009-10-19 Conversa Adrián Chaves Fernández
Olá, Supoño que acontecerá o mesmo que con implementar, pero, outra alternativa? [Offtopic] Que ben! Agora vexo a túa foto nos teus mensaxes. Podiades enviar unha VCard todos á rolda, reducindo os detalles o que consideredes oportuno, pero cunha foto :)

Re: cousas gardadas

2009-10-19 Conversa Adrián Chaves Fernández
Como me pediron de bulma o logo, fixen unhas transformacións a tamaños en jpg e xa de paso puxen os estatútos, as fotos etcc... en http://gruvi.galpon.org/arquivos/trasno/ Que mal renderiza konqueror os SVG...

[Nomes das teclas]

2009-10-18 Conversa Adrián Chaves Fernández
Lista de nomes de países e rexións Listaxe de nomes de cidades Listaxe de constelacións Listaxe de obxectos celestes Pero non temos os nomes das teclas. Creo qeu sería útil coller a imaxe dun teclado QWERTY.es e poñerlle os nomes ás teclas, tras discutilos, para logo cargalo en trasno.net. O

Re: [terminoloxía] - transient window

2009-10-18 Conversa Adrián Chaves Fernández
En castelán puxeron para esta cadea: ventanas transitivas Francés: transitoires ... e non miro máis, que parece que a peña non se matou moito. Nin nós: o open-tran delata que ao galego foi traducido como transitorias ou temporais. Segundo openTran: En castelán ventanas de

Re: [Nomes das teclas]

2009-10-18 Conversa Adrián Chaves Fernández
Lista de nomes de países e rexións Listaxe de nomes de cidades Listaxe de constelacións Listaxe de obxectos celestes Pero non temos os nomes das teclas. Creo qeu sería útil coller a imaxe dun teclado QWERTY.es e poñerlle os nomes ás teclas, tras discutilos, para logo cargalo en

Re: [Nomes das teclas]

2009-10-18 Conversa Adrián Chaves Fernández
Non hai que considerar só os nomes, senón tamén as abreviaturas: Supr... Compeltamente de acordo. Se mal non lembro xa se intentara discutir o nome de certos símbolos: arroba, #, ... o que estaría relacionado con todo isto. Si, estaría ben.

Re: [Nomes das teclas]

2009-10-18 Conversa Adrián Chaves Fernández
Unha imaxe de teclado e rato no meu repo http://gruvi.galpon.org/minino/tmp/teclado.svg Xenial, daquela só queda facer a «conversa» respecto dos nomes e abreviatudas das teclas. O nome dos símbolos podémolo facer de forma simultánea, pero noutro fío por iso de que serían unha lista

Re: [terminoloxía] - transient window

2009-10-18 Conversa Adrián Chaves Fernández
Hai outra forma de lelo, a caixa/xanela transient Informolle de que o ficheiro que vostede ven de descargar está aloxado no cartafol ~/Chispum co que sen pechar o transient imos a ~/Chispum e poderemos empregar ese ficheiro, e cando nos pete pechar ou non a transient Caso que eu chamaría

Re: [Nomes das teclas]

2009-10-18 Conversa Adrián Chaves Fernández
**TECLAS** Nome(en)| Abreviatura(en) | Nome(gl) | Abreviatura(gl) -- Escape | Esc | Escape

Re: [Nomes das teclas]

2009-10-18 Conversa Adrián Chaves Fernández
Compelto coas propostas/alternativas de Fran (tal e como as entendín): **TECLAS* Nome(en)| Abreviatura(en) | Nome(gl) | Abreviatura(gl)

Re: [terminoloxía] - transient window

2009-10-18 Conversa Adrián Chaves Fernández
Caralludo Berto, fin da discusión entón. Eu entendín o concepto. Pero non a tradución :S

Re: Hai copias de seguridade das roldas de correo de Trasno?

2009-10-18 Conversa Adrián Chaves Fernández
2009/10/18 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com Estou mirando o arquivo da primeira rolda. Nos comezos tamén existia Gzlinux, que polo que vin no arquivo tiña rolda propia e vos intercambiabades mensaxes dunha rolda a outra, así que preguntome se haberá a posibilidade de

Re: Entrevista Xornal.con

2009-10-18 Conversa Adrián Chaves Fernández
inclúe traducir as interfaces de programas, as axudas, os tutoriais, crear diccionarios para o galego entre outras cousas. dicionarios*, titoriais* Logo, no proxecto só temos dous principios ideolóxicos: o de fomentar e promocionar o galego e a filosofía do software libre. Non é logo a

Re: Saida dende Vigo

2009-10-17 Conversa Adrián Chaves Fernández
Eu teño previsto sair de Vigo as 12:15 no tren para chegar a Santiago as 13:40 alguén máis vai facer esa viaxe? Eu sabereino esta noite. Meu pai vai cuns compañeiros en coche a Lugo, pero aínda non sei a hora nin se poderán deixarme en Santiago polo camiño. Así e todo, a volta é case

Re: Saida dende Vigo

2009-10-17 Conversa Adrián Chaves Fernández
vellete, canoso, barriguo e con tiranres, levarei a carteira do netbook da xgn o tren sae as 12:15, o billete ida e volta son 13 € mais menos e según a que hora volvamos pode ter un plus de 2 € máis precisas mais datos? XD Non, con eses imaxino que nos apañaremos. Eu sen afeitar, melena, e

Re: Saida dende Vigo

2009-10-16 Conversa Adrián Chaves Fernández
Eu teño previsto sair de Vigo as 12:15 no tren para chegar a Santiago as 13:40 alguén máis vai facer esa viaxe? Eu sabereino esta noite. Meu pai vai cuns compañeiros en coche a Lugo, pero aínda non sei a hora nin se poderán deixarme en Santiago polo camiño. Así e todo, a volta é case

Re: Geany

2009-10-15 Conversa Adrián Chaves Fernández
Mando este correo porque me fixo certa gracia o de gallegan, jejeje... creo que aínda nunca o vira... Chámalles a atención e dilles que é galician. Eu xa conseguín que en dous proxectos o cambiaran. Gallegan? O Spanglish anda peor que o castrapo XD

[Santiago] Hora?

2009-10-14 Conversa Adrián Chaves Fernández
Sobre que hora sería de estarmos en Santiago?

Re: Esperar para a creación da asociación trasno

2009-10-14 Conversa Adrián Chaves Fernández
Lendo todo o que se está a comentar no G11n penso que poida que conveña esperar para a creación da asociación trasno. Desde o meu punto de vista a idea da asociación entre outros motivos ven motivada por ter unha entidade legal e non convencendo a algúns dos membros de trasno a

Re: [Semi-OT]Problema con java

2009-10-14 Conversa Adrián Chaves Fernández
2009/10/14 Fran Dieguez lis...@mabishu.com: Esa é a idea Leandro, ata o de agora todo é automáxico. Por certo o Hunspell non é o de Mancomún, é un moitisimo mellor baseado no de mancomún feito por Miguel Solla. Votádelle unha ollada. Polo momento topeille un grande fallo... que non

Re: @Leandro

2009-10-09 Conversa Adrián Chaves Fernández
@Leandro: Out 07 19:34:31 leandro igual no seu momento chegou a contribuír no 30% de KDE pero penso que queda moi lonxe diso na actualidade grazas ao magnífico traballo de destradución de Marce Podes explicar con máis detalle isto? XD Iso, iso. Explica!

Re: Resumo e rexistro da reunión no IRC

2009-10-08 Conversa Adrián Chaves Fernández
De feito, eu xa che teño no caderno de enderezos como /dev/sdb ;) Eu xa advertín sobre posibles letras pequenas... XD

Re: [IMPORTANTE] Asociación Trasno

2009-10-07 Conversa Adrián Chaves Fernández
Intentarei mañá (hoxe, mércores), ter aberto dende as 19:00 a canle #trasno. Os que poidades, entrade a esa hora -- cantos máis esteamos mellor. Unha preguntiña. O servidor ao que conectar pode ser calquera *.freenode.net (como jordan.freenode.net, o xeográficamente máis preto, en Francia)?

Fundación vs Asociación

2009-10-07 Conversa Adrián Chaves Fernández
Dacordo co PDF que atopei, asociación vai máis connosco. 1312200617153.pdf Description: Adobe PDF document

<    1   2   3   4   5   6   7   8   9   >