Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-08 Thread Jacobo Tarrio
Acabo de subir ao meu servidor a beta 3 da tradución ao galego de Mozilla Firefox 1.5. E, preguntarédesvos, ¿que hai de novo nesa beta 3? ¿Non abonda xa de tanta beta? ¿Por que non saca xa a definitiva? Pois porque esta é a miña primeira tradución dun producto de Mozilla que inclúe axuda. Real

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-08 Thread Leandro Regueiro
Ola, heina probar. Cando estea rematada pódese anunciar no taboleiro de novas de Trasno, máis que nada por ilo enchendo. De que glosario estás falando? Coméntovos que estou avanzando pouco a pouco na tradución do Inkscape. Creo que vai ser a tradución de mellor calidade que fixen nunca, pero tra

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-08 Thread Jacobo Tarrio
El martes, 8 de agosto de 2006 a las 10:37:45 +0200, Leandro Regueiro escribía: > De que glosario estás falando? Na axuda do Firefox vén un glosario. Non hai (ou non vin) un xeito de acceder directamente a el, pero pódese chegar buscando algo na caixa de busca da axuda (por exemplo, "tcp/ip").

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-08 Thread Leandro Regueiro
Ola, ainda non revisei a tradución da axuda, heina mirar pola tarde que pola mañá non tiven tempo. Tamén me din conta de que hei ter que mirar en sitios do Firefox que nunca vin para verificar a tradución o mellor posible, agora mesmo acabo de enviar un informe de erro do sitio web http://www.plan

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-08 Thread Jacobo Tarrio
El martes, 8 de agosto de 2006 a las 13:36:02 +0200, Leandro Regueiro escribía: > .po. Poderíasme enviar o ficheiro .po. É que hai unhas cadeas en Está en http://darcs.tarrio.org/mozilla_gl-ES/firefox-1.5_gl.po -- Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/ __

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-08 Thread Leandro Regueiro
Ola, moitas gracias polo ficheiro. Resolveume as dúbidas que tiña. Estiven verificando a tradución da axuda, e ainda non cheguei á metade, pero teño que deixalo que estou esfameado. Aquí van os erros que atopei ou crin atopar. O comentario vai despois do signo =. O que vai antes é o xeito de atop

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-08 Thread Jacobo Tarrio
El martes, 8 de agosto de 2006 a las 14:55:40 +0200, Leandro Regueiro escribía: > Referencia dos menús -> Ferramentas -> Consola de JavaScript = en > "formularios dinamicamente" fáltalle o til a "dinamicamente" Leva en castelán, pero en galego non (considérase que a sílaba tónica é "men", polo

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-08 Thread Leandro Regueiro
Ola de novo, vexo tantas veces o de "prema Opcións" en vez de "prema en Opcións" e cousas semellantes, que non sei se serei eu o que vaia ó revés. Confirmádeme se as dúas son correctas ou se unha o é a outra non. Seríame de moita axuda porque estou revisando a tradución da axuda e tres de cada cat

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-08 Thread Jacobo Tarrio
El martes, 8 de agosto de 2006 a las 19:13:35 +0200, Leandro Regueiro escribía: > vexo tantas veces o de "prema Opcións" en vez de "prema en Opcións" e Estouno cambiando para que sexa este o sistema: * "prema algo" -> un obxecto físico: unha tecla, un botón do rato, ... * "prema en algo" ->

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-08 Thread Leandro Regueiro
Ola, menudo lio. Para min non hai diferencia. Se o vas poñer así, creo que a parte dos premer vaiche tocar revisala a ti ;-) Outra cousa, vaste poñer a traducir a versión 2 de Firefox en canto saia? Nos xa estamos en proceso de conseguir a aprobación dos de Mozilla, e vendo as trabas que poñen no

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-09 Thread Jacobo Tarrio
El martes, 8 de agosto de 2006 a las 20:25:17 +0200, Leandro Regueiro escribía: > menudo lio. Para min non hai diferencia. Se o vas poñer así, creo que > a parte dos premer vaiche tocar revisala a ti ;-) Non te preocupes :) > Outra cousa, vaste poñer a traducir a versión 2 de Firefox en canto

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-09 Thread Leandro Regueiro
Ola de novo, aquí tes algúns posibles erros máis. Ten en conta que me podo equivocar; é máis, como podo facelo, fágoo a miúdo. Seguen o mesmo esquema de antes. Creo que esta vez non se me colou ningunha de premer: Axuda para usuario de IE -> Características de Firefox -> Navegación por lingüetas

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-09 Thread Jacobo Tarrio
El martes, 8 de agosto de 2006 a las 23:56:49 +0200, Leandro Regueiro escribía: > Referencia dos menús -> Axuda -> Notas da versión = "Dá información" > ese da non debería estar sen til? Xa sei que teño que aprender a Non, é til diacrítico, para distinguilo da contracción "da" (de+a). > Benvid

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-09 Thread Leandro Regueiro
On 8/9/06, Jacobo Tarrio wrote: El martes, 8 de agosto de 2006 a las 23:56:49 +0200, Leandro Regueiro escribía: > Referencia dos menús -> Axuda -> Notas da versión = "Dá información" > ese da non debería estar sen til? Xa sei que teño que aprender a Non, é til diacrítico, para distinguilo da

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-09 Thread Daniel Muñiz Fontoira
Pois xa está instalada!! Grazas Jacobo!! Jacobo Tarrio escribió: Acabo de subir ao meu servidor a beta 3 da tradución ao galego de Mozilla Firefox 1.5. E, preguntarédesvos, ¿que hai de novo nesa beta 3? ¿Non abonda xa de tanta beta? ¿Por que non saca xa a definitiva? Pois porque esta é a

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-09 Thread Leandro Regueiro
Ola de novo, xa rematei de revisar a tradución da axuda. É curioso a fame que da isto de revisar. Aquí tes o último que atopei: Control das fiestras emerxentes = na dereita pon "Opcións do bloqueo de fiestras emerxentes" e tamén o pon na páxina da esquerda, pero na páxina da esquerda no cadro "N

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-09 Thread Jacobo Tarrio
El miércoles, 9 de agosto de 2006 a las 09:44:09 +0200, Leandro Regueiro escribía: > ligazóns = "ligazóns da we (ou preme ControlCmd mentres preme" en vez ¿Aparece "ControlCmd" no canto de "Control" no Mac? > Opcións -> Avanzado -> Actualizar -> Amosar o historial de > actualizacións = "Brand

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-09 Thread mvillarino
O Mércores, 9 de Agosto de 2006 10:51, Jacobo Tarrio escribiu: > El miércoles, 9 de agosto de 2006 a las 09:44:09 +0200, Leandro Regueiro escribía: > > ligazóns = "ligazóns da we (ou preme ControlCmd mentres preme" en vez > > ¿Aparece "ControlCmd" no canto de "Control" no Mac? No teclado Mac ap

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-09 Thread Leandro Regueiro
On 8/9/06, mvillarino wrote: O Mércores, 9 de Agosto de 2006 10:51, Jacobo Tarrio escribiu: > El miércoles, 9 de agosto de 2006 a las 09:44:09 +0200, Leandro Regueiro escribía: > > ligazóns = "ligazóns da we (ou preme ControlCmd mentres preme" en vez > > ¿Aparece "ControlCmd" no canto de "Cont

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-09 Thread mvillarino
O Mércores, 9 de Agosto de 2006 13:23, Leandro Regueiro escribiu: > Ola, > non ese é un problema do Copy&Paste. Igual se repite algunha outra > vez, por exemplo vin "OpciónsPreferencias de tal" nalgún sitio ó > copiar "Opcións de tal". mm, podes facer un corta-apega da cadea orixinal? Talvez

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-09 Thread Jacobo Tarrio
El miércoles, 9 de agosto de 2006 a las 13:23:09 +0200, Leandro Regueiro escribía: > non ese é un problema do Copy&Paste. Igual se repite algunha outra > vez, por exemplo vin "OpciónsPreferencias de tal" nalgún sitio ó > copiar "Opcións de tal". Ah, é que a axuda emprega un truco para amosar a

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-09 Thread Luisiño
Opcións -> Xeral -> Configuración da conexión = Usas "proxies" cando normalmente usamos "proxys" E se empregamos "servidor mandatario" no canto de "proxy"? Saúdos, Luis ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-09 Thread Leandro Regueiro
On 8/9/06, Luisiño wrote: > Opcións -> Xeral -> Configuración da conexión = Usas "proxies" cando > normalmente usamos "proxys" > E se empregamos "servidor mandatario" no canto de "proxy"? Creo que está bastante máis asentado "proxy". Saúdos, Luis

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-10 Thread Daniel Muñiz Fontoira
Leandro Regueiro escribió: On 8/9/06, Luisiño wrote: > Opcións -> Xeral -> Configuración da conexión = Usas "proxies" cando > normalmente usamos "proxys" > E se empregamos "servidor mandatario" no canto de "proxy"? Creo que está bastante máis asentado "proxy". ¿cal é o motivo? Saúdos,

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-10 Thread Leandro Regueiro
> Opcións -> Xeral -> Configuración da conexión = Usas "proxies" cando > normalmente usamos "proxys" > E se empregamos "servidor mandatario" no canto de "proxy"? Creo que está bastante máis asentado "proxy". ¿cal é o motivo? O motivo de que? Non entendo que queres dicir.

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-11 Thread Daniel Muñiz Fontoira
Refirome a que ¿cal é o motivo de que sexa mais axeitado "proxy" (a min non me dí nada) que "servidor mandatario"? Saudos dmunhiz Leandro Regueiro escribió: > Opcións -> Xeral -> Configuración da conexión = Usas "proxies" cando > normalmente usamos "proxys" > E se empregamos "servidor manda

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-11 Thread Leandro Regueiro
On 8/10/06, Daniel Muñiz Fontoira wrote: Refirome a que ¿cal é o motivo de que sexa mais axeitado "proxy" (a min non me dí nada) que "servidor mandatario"? Saudos dmunhiz E por que non? Todo o mundo usa a palabra proxy (ainda que non lle diga nada) e supoño que case ninguén servidor mandat

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-11 Thread Daniel Muñiz Fontoira
A resposta váleme aínda que non a comparto, xa que os que non saben de informatica leran proxy e non se enterarán de nada cousa que se lesen servidor mandatario diríalle mais. De todos modos o dito, "acepto polbo como animal de compaña". Saudos dmunhiz Leandro Regueiro escribió: On 8/10/06,

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-11 Thread Miguel
A diferencia e que unha persoa que sepa algo se ve proxy sabe de que lle están a falar, mentras que se ve "servidor mandatario" posiblemente non se entere. Para unha persoa que non sepa posiblemente lle sexa indiferente un termo que o outro. Eu prefiro "proxy". Miguel. On 8/10/06, Daniel Muñiz F

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-12 Thread Daniel Muñiz Fontoira
Grazas pola aclaración. Miguel escribió: A diferencia e que unha persoa que sepa algo se ve proxy sabe de que lle están a falar, mentras que se ve "servidor mandatario" posiblemente non se entere. Para unha persoa que non sepa posiblemente lle sexa indiferente un termo que o outro. E

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-12 Thread Iván Seoane
poderíanse pó-los dous, un entre parénteses, sempre que haxa espazo. Aínda que a min valme proxy perfectamente Saúdos ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-17 Thread Luisiño
Estiven de vacacións durante a ponte por iso tardei tanto en contestar: Noutros programas (ex. WinXP en galego) toman como tradución de proxy a de servidor mandatario (coma no francés, serveur mandataire) no canto de proxy, que é a que se emprega no castelán e no inglés. E por que non? Todo o m

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-17 Thread Jacobo Tarrio
El miércoles, 16 de agosto de 2006 a las 23:14:54 +0200, Luisiño escribía: > Noutros programas (ex. WinXP en galego) toman como tradución de proxy > a de servidor mandatario (coma no francés, serveur mandataire) no > canto de proxy, que é a que se emprega no castelán e no inglés. Non lle fagades

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-17 Thread Víctor Andrade
> El miércoles, 16 de agosto de 2006 a las 23:14:54 +0200, Luisiño escribía: > >> Noutros programas (ex. WinXP en galego) toman como tradución de proxy >> a de servidor mandatario (coma no francés, serveur mandataire) no >> canto de proxy, que é a que se emprega no castelán e no inglés. > > Non ll

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-17 Thread Jacobo Tarrio
El jueves, 17 de agosto de 2006 a las 07:16:33 +0200, Víctor Andrade escribía: > Mandatário s. m. (1) Aquele que recebe mandado ou procuraçom de outro para > fazer certa cousa. (2) Delegado, representante [lat. mandatariu]. Ben, tiña eu razón a medias: mandatario -a s. 1. Der. Persoa que, media

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-17 Thread Víctor Andrade
> El jueves, 17 de agosto de 2006 a las 07:16:33 +0200, Víctor Andrade > escribía: > >> Mandatário s. m. (1) Aquele que recebe mandado ou procuraçom de outro >> para >> fazer certa cousa. (2) Delegado, representante [lat. mandatariu]. > > Ben, tiña eu razón a medias: > > mandatario -a s. 1. Der. P

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-17 Thread Daniel Muñiz Fontoira
Ola! Eu penso que para as traducións é bo nutrirse de outras linguas: portugues, español, catalá... (a proximidade tamén importa, polo que para min ten mais relevancia saber como se traduce en portugues que en español) E como xa dixen, se hai palabra en galego é mellor usar esa e non a inglesa

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-17 Thread Leandro Regueiro
Ola, para algunhas cousas si que se poden usar as palabras en galego, pero para outros termos que están en inglés e están moi asentados, igual deberiamos ser un pouco máis flexibles. Iso non quita que cando se poida usar a palabra en galego, se use, ainda que hai casos, coma proxy, nos que ainda

Re: Beta 3 da tradución de Firefox 1.5 (ao galego)

2006-08-17 Thread Daniel Muñiz Fontoira
Penso que deberían se casos moi puntuais. de todos modos penso que hai que ter coidado con estas cousas non vaia a ser que ao final esteamos a falar un englitrapo (mixtura de ingles e galego). Saudos Leandro Regueiro escribió: Ola, para algunhas cousas si que se poden usar as palabras en g